Conversa usuario:HombreDHojalata/Arquivo 9
|
Por favor, non edites esta páxina. Para reavivar calquera destas conversas comeza un novo tema na Conversa usuario:HombreDHojalata.
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Grazas polas achegas! Así está ben abondo, aparecen emparentados os persoeiros con artigo. Vou deixar na conversa da árbore un aviso conforme faltan eses datos. Un saúdo, e benvido de novo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de maio de 2013 ás 09:20 (UTC)[responder]
Moitas Grazas, vou facendo o que podo como me vai saindo. O que non me quedou aínda claro e como se poñen os recadros cas característican dun artigo que sempre se soe atopar a a dereita no princio do artigo. --Th3B1NaR1C0dE (conversa) 24 de maio de 2013 ás 18:16 (UTC)[responder]
Podes ver esta petición? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 26 de maio de 2013 ás 18:37 (UTC)[responder]
hi, you're first admin that i see in log page, can copy
{{#babel:it|en-2|{{CONTENTLANGUAGE}}-0}} {{Softredirect|:it:wikt:user talk:Wim b}} '''You can contact me also''' <sup>''(my page on [[m:User:Wim b|Meta]])''</sup>: * [irc://irc.freenode.net/wiktionary-it '''#wiktionary-it'''] * [irc://irc.freenode.net/wikipedia-it '''#wikipedia-it'''] * [irc://irc.freenode.net/wikbooks-it '''#wikibooks-it'''] * [irc://irc.freenode.net/wikivoyage-it '''#wikivoyage-it'''] * [irc://irc.freenode.net/wikimedia-admin '''#wikimedia-admin''']
here? Antispam filter block my edit.--Wim b (conversa) 28 de maio de 2013 ás 05:10 (UTC)[responder]
- thanks--Wim b (conversa) 29 de maio de 2013 ás 00:28 (UTC)[responder]
Entón qué pasa, non contestas nada ao mail que che enviei coa información das fotos?--Filomein (conversa) 29 de maio de 2013 ás 23:22 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata, podes cambiar co bot todas as páxinas que ligan con [Ámsterdam - Amsterdam] para que o fagan con Ámsterdan - Amsterdam e mover o artigo? A razón tela na páxina de conversa do artigo. Saúdos. --JaviP96 30 de maio de 2013 ás 14:43 (UTC)[responder]
- Bot traballando no espazo de nomes principal, o resto fágoo a man. --. HombreDHojalata.conversa 30 de maio de 2013 ás 15:19 (UTC)[responder]
Non che digo que mañá mesmo, que ando liado, pero podes contar seguro cun par de fotos das dúas parroquias.
Do edificio dos xulgados de Vilagarcía, ainda que é espantoso, conta tamén cun par delas.
Saúdos, Furado (conversa) 30 de maio de 2013 ás 22:45 (UTC)[responder]
- Os xulgados os teño moi preto, así que xa están: [1] [2] Furado (conversa) 31 de maio de 2013 ás 07:57 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata!! Como este mes se representa no Festival Mozart La fanciulla del West, penso que estaría ben destacala no portal. Aínda sigo a traer contidos doutras wikis, pero xa ten as seccións máis importantes e espero rematalo hoxe. Paréceche ben destacalo ou poremos outro? Unha aperta!!! Piquito (conversa) 31 de maio de 2013 ás 08:38 (UTC)[responder]
- Boas!! Mira unha cousiña, a ti te aparece actualizado o Portal:Ópera? Doutra vez eu non o vía actualizado pero si o estaba. Apertas!! Piquito (conversa) 1 de xuño de 2013 ás 13:43 (UTC)[responder]
- Moitas grazas!!! Piquito (conversa) 1 de xuño de 2013 ás 17:53 (UTC)[responder]
Podes eliminar todas estas redireccións rotas Especial:Redireccións_rotas? Están rotas debido a que eliminaches a páxina á que redirixen. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 31 de maio de 2013 ás 09:16 (UTC)[responder]
Tes moita razón. Quiais por levar un tempo xa afastado da creación de novos artigos esquecíon a norma de mencionar a orixe. Pedirei desculpas a topdos os galipedistas e usuarios na páxinma de conversa. --XoioÉche o que hai 1 de xuño de 2013 ás 14:49 (UTC)[responder]
Podes trasladar Cidade de Bruxelas a Bruxelas? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 3 de xuño de 2013 ás 09:50 (UTC)[responder]
- Discordo co teu traslado. Vivaelcelta o propuxo na Taberna e se expuxeron os argumentos para deixar o artigo como Cidade de Bruxelas, no canto de rebatir eses argumentos pediuche que o trasladaras. Penso que non miraches a argumentación, de telo feito penso que o tema se debería ter tratado na taberna en lugar de trasladar o artigo. Saúdos!! Piquito (conversa) 3 de xuño de 2013 ás 22:36 (UTC)[responder]
Onde está é na Taberna, Vivaelcelta o propuxo alí e é alí onde está todo argumentado, ao que me refiro é que debería terte comentado que pasaba eso, se cadra tiña que ter falado con el e non contigo, porque ao fin e ao cabo ti non tes por qué saber que esa proposta da taberna existe, comentareino con el. Piquito (conversa) 3 de xuño de 2013 ás 22:52 (UTC)[responder]
Ola, Hombredehojalata. Quería darche as grazas polas correccións. Aínda estaba traballando no artigo, pero... fixeches ben. Despois de pasares ti o resultado é moito mellor. Moitas grazas. --Xabier Cid Talk 2 me, please 3 de xuño de 2013 ás 22:11 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata! Teño que pedirche un favor gordo; como sabes, estase a levar a cabo o proceso de fusión dos concellos de [Oza dos Ríos] e [Cesuras]; podes encargarte de xestionar a actualización dos artigos correspondentes dos lugares e parroquias dos mesmos, así como dos seus modelos? Non digo que os modifiques ti todos, pero se te encargas de ir revisando que se van poñendo ben os datos, sería fantástico. A ver se entre todos aquelamos o asunto.
Xa me contarás! Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de xuño de 2013 ás 13:01 (UTC)[responder]
- Ola, compañeiro! Grazas pola axuda co Bot na actualización de datos e títulos dos lugares e parroquias de Oza-Cesuras. Quería saber se estás a revisar o proceso, porque por exemplo ao mudar as ligazóns cara aos modelos de lugares (exemplo, Modelo:Lp Paderne, Cesuras), no artigo de Lugares de Oza-Cesuras queda a ligazón rota.
Paradanta, Toliño e mais eu falamos aquí sobre a pertinencia de deixar ou non os títulos vellos como redireccións. Mirei que moviches un bo número de títulos sen borrar o título vello; que opinas ao respecto?
Outro problema que me atopo ao revisar as mudanzas do bot é nos artigos de topónimos homónimos, onde están ordenados por orde alfabética segundo o concello, e os lugares que pertencían a Cesuras e agora a Oza-Cesuras, seguen ordenados na letra C; isto estaba a revisalo manualmente ao ir lugar a lugar.
Se se che ocorre calquera outro problema que poida dar o proceso de traslado e actualización, avisa, porfi. Aínda que de vagar, penso que se vai arranxando o asunto, non?
Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xuño de 2013 ás 14:15 (UTC)[responder]
- Ouch, vexo que xa te me adiantaches no dos modelos. Fabuloso!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xuño de 2013 ás 14:21 (UTC)[responder]
Liber Sancti Jacobi
[editar a fonte]Ola, HombreDHojalata, quería saber por que desfixeches a miña achega ó Liber Sancti Jacobi --Anox 8 de xuño de 2013 ás 10:48 (UTC)
Ola HombreDHojalata, porqué desfixeches a miña edición nos modelos principais na que engadín o modelo {{au-referencias}}? Saúdos. --JaviP96 8 de xuño de 2013 ás 11:44 (UTC)[responder]
- Desculpa, non me dera conta dese erro, certo que non tiña lóxica, pero agora xa puxen o correcto. Un saúdo! --JaviP96 8 de xuño de 2013 ás 11:54 (UTC)[responder]
Liber Sancti Jacobi, again
[editar a fonte]Ola, hombreDHojalata, quero contestar as túas explicacións, porque non me parecen convincentes:
"Non engadiches referencias." -Non, é verdade, e fíxeno porque non había ningunha referencia bibliográfica nesta páxina. A información tireina da voz "Liber Sancti Iacobi" feita por M. C. Díaz y Díaz, publicada no Diccionário da literatura medieval galega e portuguesa, coordinada por G. Tavani e G. Lanciani, Lisboa, 1993
"A información é redundante e xa está reflectida en Liber Sancti Iacobi ou en Códice Calixtino." -A información non é redundante: nesta páxina fálase dos manuscritos e dos datos que permiten a datación do texto, pero non dúas cousas importantes: que o Liber é tamén coñecido como Codex Calixtinus (tal e como está, non queda claro que é así), e outra, as partes en que está separado.
"É confusa, leva a confundir ou igualar Liber Sancti Iacobi e Códice Calixtino, que son conceptos que se poden tratar por separado e cada un ten artigo de seu." O Liber Sancti Iacobi e o Códice Calistino son dous nomes da mesma cousa: consulta, se queres, a voz citada do DLMGP, feita por un dos maiores coñecedores do texto, o finado profesor Díaz y Díaz, onde o deixa ben claro. Unha cousa en que che dou a razón é que non sei por que hai dúas entradas distinta para a mesma cousa: a entrada Liber... debía remitir ó Códice..., e non haber dúas entradas distintas. Decateime cando o tiña feito, e pensei que habería algunha razón para as dúas entradas. Recoméndoche, se ti estás actuando como moderador (ou como queira que se chame o que fas), que actúes nese sentido.
"Tiña faltas de ortografía." -Dubídoo. Agora que reviso o texto que eliminaches, vexo que había varias erratas. En todo caso, iso non é razón para eliminar un texto. Creo que calquera que advirta erros dese tipo de corrixilos (e así o autor tamén aprenderá), pero non eliminar o texto sen máis.
En fin, agradezo que contestes, pero non estou de acordo coas razóns que achegas. Non teño gran actividade na Galipedia, practicamente só entro cando vexo que hai información erróneas, pero non me parece moi alentador para o proxecto que se eliminen sen máis as achegas dos demais. Espero que con estas contribucións de todos se acabe mellorando esta voz.
Grazas polas túas correccións. Efectivamente, o correcto é subdución. Aproveito a ocasión para que lle botes unha ollada á páxina de conversa do artigo Zona de subdución. Á parte de corsiderar que son artigos case idénticos, e feitos a partir da mesma fonte, penso que o máis importante, xeoloxica e gramaticalmente, é o concepto de subdución, e que a zona de subdución non deixa de ser a “zona da codia terrestre onde ocorre o fenómeno da subdución”, polo que, de aceptarse a fusión que propuxen, cumpriría deixar unha ligazón Zona de subdución cara a Subdución. --XoioÉche o que hai 9 de xuño de 2013 ás 17:36 (UTC)[responder]
- DD, como soubeches cal era a fonte? :D
Ó comezo pensei que sería boa idea para ter unha referencia e tamén para facer as cousas cun pouco de orde, pero cando non daba chegado ó final da primeira letra abandonei porque xa non estaba moi seguro de que o traballiño que daba pagara a pena. A orixe da idea está nos modelos da wiki-es de Progreso Encarta e Progreso1911, pero sin bot de estatísticas claro :)
¿Cres que será interesante seguir coa lista? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 08:19 (UTC)[responder]
- Ah, claro, xa vin os cambios, que tamén tiña eu algúns apuntados para facer nese artigo :) Boeno, pois se outro día se me da por aí pode que siga, polo menos para rematar a lista da letra A... :D Saúdos, --Elisardojm (conversa) 13 de xuño de 2013 ás 09:04 (UTC)[responder]
Bótalle un ollo a este usuario, está a facer guerra de edicións. --Norrin_strange (Fala-me) 13 de xuño de 2013 ás 08:24 (UTC)[responder]
Que conste que no son historiador e, moito menos, onomástico. Pero son un rato de boblioteca (incluíndo agora tamén as da rede) para buscar datos que me interesan. É correcto o nome que puxen eu para Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca, III conde de Monterrei (como primeiro editor da páxina); a Grande Enciclopedia Galega equivócase neste asunto. Hay que ter en conta dúas cousas:
1. Estamos a finais do século XV. Este personaxe era fillo da II condesa de Monterrei, da prestixiosa e influínte familia dos Zúñiga, e de Diego de Acevedo e Fonseca, un bastardo, fillo natural de Alonso de Acevedo e Fonseca, arcebispo de Santiago de Compostela.
2. En España, no século XV xa empezan a estar máis ou menos consolidados os apelidos herditarios (non necesariamente do pai). Isto refórzase grazas, en parte, á obrigatoriedade, establecida por Francisco Jiménez de Cisneros, o famoso Cardeal Cisneros, de facer constar nos libros parroquiais os nacementos e as defuncións. De todos os xeitos, e sobre todo nas zonas rurais, a norma actual do apelido paterno hereditario non se fixa definitivamente até ben entrado o século XIX.
Sobre apellidos. Formación, clasificación, historia. en Heraldaria.com (en castelán)
A burocracia do estado liberal español comeza a facer obrigatorias as leis onomásticas, e para iso xorde en data tan tardía como 1870 o Rexistro Civil, que é onde se regulamenta o uso e carácter hereditario do apelido paterno e onde queda fixada a grafía do apelido (recórdense, por exemplo, as variantes Bamonde / Baamonde / Bahamonde / Vamonde / Vaamonde / Vahamonde), salvo os erros dos funcionarios.
Na actualidade, a lexislación española limita a dous o número de nomes simples no rexistro (nas parroquias pódense seguir usando máis de dous),Por exemplo, quen isto asina, na partida de bautismo leva os nomes Luís María Santiago, mentres que no rexistro civil figuran só Luis María. E ao actual rei de España bautizárono cos nomes de Juan Carlos Alfonso Víctor María. e o inscrito debe ter como primeiro e segundo os que teñan como primeiros os seus respectivos proxenitores na orde en que decidan os pais,Se non hai acorco, o funcionario anota os apelidos por orde alfabética, o que ocasionou que haxa moitas porotestas porque, segundo os protestantes, o número de apelidos en España se empobrecerá, xa que os García, Fernández, Gómez e González acabarán dominando, pois irán antes que os Lourenzo, Osorio, Páez, Rosende, Senín, Tomé, Vasco, Vidal ou Xácome, por exemplo). Esta posibilidade de elixir a orde dos apelidos ao inscribir ao primeiro fillo dunha parella foi lexislada o 5 de novembro de 1999, condicionando ao resto de inscricións (de as houber) ao resto de fillos dos mesmos pais. Tras a maioría de idade, o propio interesado pode solicitar o cambio da orde. Porén, o máis habitual é que se opte polo primeiro apelido do pai e despois o da nai, segundo a viña sendo a norma desde había máis de un século en España (agás no caso de Francisco Franco Martínez Bordiú, porque, sendo o primeiro neto varón do xeneral Franco, o ditador mandou invertir a orde dos seus apelidos para perpetuar a estirpe dos Franco.La saga Franco despega de nuevo (véxase apartado de Francisco Franco Martínez-Bordiú) (en castelán).
Finalmente, a partir da lei 13/2005 de 30 de xuño, sobre o matrimonio de parellas de persoas do mesmo sexo, aquelas que decidan adoptaren fillos, deben elixir a orde dos apelidos do primeiro que adoptrn, orde que se manterá nos sucesivos. --XoioÉche o que hai 13 de xuño de 2013 ás 20:31 (UTC)[responder]
Ola, Hombredhojalata. Pídoche desculpas porque me confundín co primeiro desbloqueo. Síntoo. Ora ben, agora examinado todo de novo, decidín mudar o primeiro bloqueo dun mes a só quince días, e polo tanto desbloquealo. É a IP que teñen todos os centros de ensino de Galicia. É un 'pain in the ass', e cabréanos, pero non podemos tomar decisións moi contundentes cando hai tantos usuarios inocentes afectados. Ademais, xa vin que a anterior decisión de Xas fora contestada por outros administradores... creo que temos que ser unha miga máis comprensivos. Saúdos. --Xabier Cid Talk 2 me, please 14 de xuño de 2013 ás 10:52 (UTC)[responder]
Vale, sigo eu coa B, a ver se podo probar hoxe o teu sistema e podo sacar os datos un pouco máis rápido porque agora o sistema que estou a usar é capturar as pantallas e sacarlles os datos cun OCR e tal e tal, un traballiño vamos. O que non sabía era que había máis artigos de biografías que non aparecían aí, pensaba que os que ti metías polo medio eran artigos que me comera. Boeno, pola noitiña a ver se podo probar o teu sistema e xa che conto como me vai. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 09:09 (UTC)[responder]
- Unha cousiña, e todos eses Airas que apareceron na letra A, ¿non deberían estar nas letras do seu apelido? Porque, Airas é nome, ¿non é? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 10:03 (UTC)[responder]
- ¿E Aimery Picaud?, non debería estar no P? Eu agora non teño a GEG para comprobar se hai algún problema, revisareino á noitiña, pero semella que hai algún problema co listado que sae. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 10:06 (UTC)[responder]
- Pois con este sistema ía coma unha chispa non creas, escanear e pasar polo OCR non leva nada. Boeno, este sistema useino nas dúas últimas achegas, antes ía copiando os títulos e pegando nun documento de openoffice para facer o traslado automático de maiúsculas a minúsculas (menos a primeira letra de cada palabra) e os outros arranxiños. Iso si que era lentísimo. Xa vin a túa marca de revisión dos artigos, eu tamén irei revisando os que meta na B.
- Outra cousa, eu case prefería que a lista estivera ordenada por orde alfabética, independentemente da orde que teñan na GEG, porque así non me ten moito xeito. Podemos poñer na nota do comezo que na GEG hai pequenas diferenzas na orde e así queda a cousa aclarada. Ti que dis? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 10:49 (UTC)[responder]
- Vale, pois entón quedan así, se nalgún momento no futuro queren ordenarse non sería gran traballo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de xuño de 2013 ás 11:56 (UTC)[responder]
- Por min perfecto, dime despois onde a metes para seguir metendo cousas. Por certo, xa mirei a conversa en Commons da AELG, a miña proposta é cambiar a bandeira por unha imaxe do edificio, aínda non a teño pero para a semana podo pasala sen problema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 09:46 (UTC)[responder]
- Home non te entendera ben a outra vez, non pensaba que ías movelo ó espazo principal-principal, pensaba que o meterías nalgún lado do espazo Wikipedia... Home, a min non me importa que esté aí, pero non estou moi seguro de que esa lista teña categoría de artigo, para min máis ben é unha ferramenta interna da Galipedia... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 12:11 (UTC)[responder]
- Oki. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 12:54 (UTC)[responder]
Vaia, non me dera conta. Grazas polo aviso e un saúdo. --Chairego_apc (si) 19 de xuño de 2013 ás 19:14 (UTC)[responder]
Ola! Grazas coma sempre polos teus comentarios. O artigo baséase en verdade na páxina que comentas. Con todo coido que é un bo artigo, completo e con toda a parte botánica adaptada e ligada a outros artigos, polo que penso que sería unha mágoa que se perdese. Podo intentar volver redactar o artigo con máis e diversas fontes, ou non sei se poderías botarme unha man para intentar pedir licencias, que dubido que as consigamos...agradecería que me botaras unha man nisto. Grazas.Nachonion (conversa) 20 de xuño de 2013 ás 06:50 (UTC)[responder]
Podes borralo. Non era consciente da violación dos dereitos de autor.--XoioÉche o que hai 21 de xuño de 2013 ás 14:05 (UTC)[responder]
Bo día! Acabo de mirar a mensaxe que deixaras en Conversa:Pranto matricial; procedín a modificar a redacción do marcador que puxera, pois expresárame mal. Agardo que agora se entenda mellor o que quixen dicir, pois penso que o artigo está orfo e que é necesario incluír certa información respecto ao aspecto literario do libro. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 22 de xuño de 2013 ás 09:16 (UTC)[responder]
Boas. Perdoa pola tardanza en contestar, que xa levaba varios días sen entrar na Galipedia. Pois a verdade é que o teño difícil para achegarme a Guitiriz polo menos até o mes de agosto ou así... Agora estou en Pontevedra e non me queda moi a man. Síntoo meu. --Chairego_apcsi? 26 de xuño de 2013 ás 11:26 (UTC)[responder]
Graciñas polo aviso. Un saúdo. --Wallflower (conversa) 29 de xuño de 2013 ás 10:19 (UTC)[responder]
De acordo. Un saúdo. --Wallflower (conversa) 29 de xuño de 2013 ás 10:35 (UTC)[responder]
Ola! Deixei unha mensaxe en Conversa modelo:Rueiro de Vigo; e gustaríame saber a túa opinión. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 29 de xuño de 2013 ás 12:41 (UTC)[responder]
Ola!
Teño dúas peticións respecto a Álvarez Blázquez: a primeira seguramente é faciliña, pero non dou amañado: na árbore xenealóxica, 27-28-29-30 son fillos de 23, non de 22. A outra petición é dunha foto: seica preto do camping Nigrán, preto de praia América, hai unhas ruínas dunha industria, cunha cheminea. Foi unha fábrica de ladrillos e tellas dos irmáns Álvarez Blázquez. Se che cadra de pasar por alí, poderías tirarlle unha foto?
Mil grazas! Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 30 de xuño de 2013 ás 18:08 (UTC)[responder]
- Un millón! Engadinlles a categoría:Imaxes sobre a industria en Galicia; quedaría pendente concretar a parroquia en que está; sabes se é Panxón ou Nigrán?
Saúdos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17 de xullo de 2013 ás 08:22 (UTC)[responder]
Ola, coma sempre grazas. Resulta que o artigo sobre o lirio de monte carecía de imaxe. Púxenme en contacto coa Organización Monte Pindo, e me deron permiso para que traballemos na Galipedia coa súa información:
Boas Nacho, moitísimas grazas pola túa mensaxe e pola vosa iniciativa indispensábel. Pola presente, no meu nome e como secretario da Asociación Monte Pindo Parque Natural outórgovos consentimento expreso por tempo indefinido para usardes calquera contido da nosa web http://www.montepindo.org para a calquera uso relacionado coa construción da Galipedia, exceptuando os materiais de autoría allea que poidamos empregar. Como teredes ocasión de comprobar nós tamén tiramos habitual e prioritariamente da Galipedia, citando esa fonte para ampliar información sobre especies de flora e fauna, lugares, e un longo etc. Por certo, sería fenómeno obter o apoio do equipo que conforma a Galipedia á declaración do Monte Pindo coma Parque Natural! Non sei se será posíbel. Sen outro particular, recibe o noso agarimoso saúdo de toda a familia que conforma a Asociación Monte Pindo Parque Natural e todo o noso apoio para que prosiga a andaina exitosa e necesaria da Galipedia.
Mario Maceiras Dosil Secretario
Intentarei ler o que me enviaches para pólo todo correcto, por certo, pódese facer algo coa petición que demandan? Graciñas.Nachonion (conversa) 1 de xullo de 2013 ás 15:27 (UTC)[responder]
Gostaría de que deses algunha espricación de por que quitas as fotografías dos gaiteiros que engadín aos seus artigos, Xosé e Manuel Oliveira Blanco. Se non o pós, ao menos no recuadro "resumo", fica coma arbitrario. Grazas. "213.60.168.176 1 de xullo de 2013 ás 19:57 (UTC)"--213.60.168.176 1 de xullo de 2013 ás 19:57 (UTC)[responder]
--Policisne (conversa) 1 de xullo de 2013 ás 20:11 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata!! Poderías poñer ao teu bot a mudar todos os Gioacchino Rossini por Gioachino Rossini? Xa de paso infórmote de que podes propoñer e/ou votar para os artigos, fotos e audios destacados do Portal:Ópera nas páxinas de destacados, imaxes e audios, onde xa hai seccións de propostas; sobra dicir que calquer proposta estética para o portal ou calquer páxina relacionada será benvida. Tamén te animo a crear e ou ampliar artigos sobre a ópera para darlle máis profundidade ao tema e ter máis posibilidades para destacar no portal, propoñer para a portada da Galipedia ou mesmo para artigos de calidade. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 08:57 (UTC)[responder]
Sen problemas, igual tardo uns días que me queda un pouco a desmán o sitio, pero conta con elas. Saúdos!--Adorian (conversa) 2 de xullo de 2013 ás 09:59 (UTC)[responder]
Moi boas HombreDHojalata!! Xa vin que incluíches parte do cartel do LXI Festival de Ópera da Coruña. O ano pasado pensara en ampliar algún dos artigos sobre as dúas óperas que se interpretaron para que saíran destacados na portada, finalmente non puido ser, unha mágoa... Pensei en que este ano se vai estrear Tristan und Isolde en Galiza (en versión de concerto, pero bueno), e tendo en conta que é unha das óperas máis destacadas da historia da música pensei en que podiamos tentar amplialo entre este mes e o que vén para propoñelo para que en setembro sexa de calidade, sei que é moito traballo, eu teño algunhas fontes das que podo tirar información e podo traer tamén contidos das wikis en inglés, catalán, castelán, portugués e con limitacións da wiki en francés (en alemán os meus coñecementos son moi limitados, así que habería que buscar a outra persoa se ti tampouco podes). Penso que se nos organizamos ben podemos facer un moi bo traballo, e se alguén máis se animase o traballo podería ser brutal (non sei qué usuarios poden estar interesados, podemos preguntar). O que si teremos que facer é organizarnos ben, eu non vou ter moito tempo, polo que se marcamos ben as tarefas poderei o pouco tempo que teña adicarllo (deixarei as frontes abertas que teño ata que estea ben). Anímaste? Non elixín Lucia di Lammermoor porque aínda que vai ser representada, non ten tanta importancia (o que non quita que haxa que ampliar o artigo, que agora é un bosquexo). Espero a túa resposta, e se non podes e sabes de alguén que lle interese agradeceríache que mo comunicaras o antes posible, o malo destas cousas é que non dan moito tempo ao anunciar o cartel tan preto da data. Unha aperta!!! Piquito (conversa) 3 de xullo de 2013 ás 10:15 (UTC)[responder]
- Por certo, xa creei o artigo do LXI Festival de Ópera da Coruña, haberá que esperar aos títulos das conferencias e a ver qué proxeccións se poñen, mais polo momento ten información abondo. Pasa algo extraño coas imaxes que engadín, que en Explorer tiran do texto para abaixo, sabes que pode ser? Por suposto calquera cousa que se che ocorra para ampliar ou mellorar o artigo será ben recibida e trastea ne canto queras. Agora queda por crear algunha páxina (creo que a de Eliahu Inbal deberíase facer) para que quede máis decente, co tempo, que para ata setembro hai tempo de traducilo. Apertas!!! Piquito (conversa) 3 de xullo de 2013 ás 15:54 (UTC)[responder]
E agora que vou fotografar eu? ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 21:28 (UTC)[responder]
- Boeno, pois a ver se cando vaia eu me podo achegar ata alí. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 21:49 (UTC)[responder]
Grazas pola mensaxe. Non puxen nada porque o autor na Wikipedia en Español tamén son eu ;). Saudos --Leoplus (conversa) 4 de xullo de 2013 ás 23:08 (UTC)[responder]
Ola. Gustaríame, se podes, que lle botases una ollada á páxina de conversa do artigo Pato. --XoioÉche o que hai 6 de xullo de 2013 ás 11:53 (UTC)[responder]
Desculpa, non me fixei en que tiña interwikis. Saúdos! --JaviP96 7 de xullo de 2013 ás 10:11 (UTC)[responder]
Boas, hai un pequeno problema co título Metamorfoses, moveches O asno de ouro a Metamorfoses, cando o título da tradución galega desa obra (ben é que parcial) é O asno de ouro e consonte as normas da Galipedia o título do artigo ha coincidir co da versión galega, polo que non é correcta. O que habería que mover é As metamorfoses que é unha obra de Ovidio a Metamorfoses por ser así como se titula a tradución galega desta obra de Ovidio.--Sernostri (conversa) 7 de xullo de 2013 ás 13:53 (UTC)[responder]
Non hai na Galipedia actualmente ningún artigo sobre a secuenciación do ADN. Habería que facer un par de artigos sobre iso, un sobre a "secuencia do ADN" ou de ácidos nucleicos en xeral na que se fale da súa importancia biolóxica e se dea unha visión xeral (ese sería o máis apropiado para ligar con vaca); outro sobre a "secuenciación do ADN" no que se fale de todas as técnicas utilizadas para a secuenciación, e que sería unha páxina máis técnica que a anterior. Ademais, a páxina xenoma debería conter unha sección sobre a secuenciación do xenoma e a súa importancia en filoxenia, etc., pero, aínda que esa páxina está feita hai bastante tempo, é moi escueta, só ten dous ou tres parágrafos e ten moi pouca información, e iso sen dicir que xa na primeira frase de definición é incorrecta, porque di que o xenoma é o "material" contido nos cromosomas (en todo caso, iso sería o ADN e as proteínas histonas!!), cando en realidade o xenoma é o conxunto de xenes dun organismo nos que está codificada a súa información xenética. Esa páxina nalgún momento haberá que corrixila e ampliala case como se se empezase de cero. En fin, non hai nada feito, pero xa me poñerei eu a facer a de secuencia do ADN, e co tempo as outras, cando poida. Non pode ser inmediatamente porque agora estou facendo páxinas sobre o metabolismo do ferro e, seguindo o proxecto de ampliar páxinas dos 1000 artigos imprescindibles dunha enciclopedia, estou a ampliar a páxina da SIDA, que non a dou acabado. Pero en canto as acabe xa me poño con iso. Este mes estará rematada. Nesa páxina da vaca hai tamén outras ligazóns de bioloxía molecular que haberá que facer, como a do encima lactase e algunha outra. Por tanto, paciencia, que xa me poño con iso.--Miguelferig (conversa) 8 de xullo de 2013 ás 10:41 (UTC)[responder]
Pois a verdade é que ata o de agora non hai moitos galegos por alí polo que as túas achegas na tradución virán moi ben desde logo. Non me importaría facer o artigo pero non sei se se pode facer un artigo dun proxecto no que se colabora, por aquilo da neutralidade, ti que pensas, entra dentro do aceptable?--Sernostri (conversa) 9 de xullo de 2013 ás 21:07 (UTC)[responder]
Boas tardes compañeiro. Vin que fixeches este troco no artigo División de Honra de Rugby 1953-1954, argumentando que "Non procede asociar bandeiras institucionais con clubs privados deportivos (si coas seleccións nacionais)". Cando fixen o artigo non pretendín facer ningunha asociación, senón indicar de onde son eses equipos, xa que o lector do artigo vive na actualidade e así comprende que este ou aquel equipo é de aló ou de acolá. De tódolos xeitos, se o criterio é ese, hai que desfacer moitas cousas en moitísimos artigos, xa que nos artigos referidos a competicións deportivas a práctica cotiá en tódalas wikipedias (incluida esta) é antepoñer ó nome do club o seu lugar de orixe cunha bandeira, para que o lector comprenda dun xeito doado e inmediato de onde é cada club. JonnyJonny (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 15:09 (UTC)[responder]
- Polo que me comentas é unha cuestión persoal túa a de rexeitar as bandeiras, non unha cuestión de normas. Certo é que a información puidera engadirse en forma de bandeiras ou en forma de palabras, pero no canto de cambiar o formato dese dato, ti borráchelo e listo. Non houbo unha consulta previa nin un consello para chegar a un criterio consensuado, senón unha imposición da túa opinión. JonnyJonny (conversa) 12 de xullo de 2013 ás 16:40 (UTC)[responder]
Ola, non concordo co movemento da páxina leite desnatado a leite delgado por unha simple información periodística baseada nun vídeo ou no que diga unha asociación, é posible que sexa certo pero para iso a referencia/s debería ser doutro tipo e máis académica.--Sernostri (conversa) 13 de xullo de 2013 ás 12:47 (UTC)[responder]
Ola. Quedou ben así?--XoioÉche o que hai 14 de xullo de 2013 ás 17:22 (UTC)[responder]
- Fixen outra revisión de lingua, e aínda atopei algún erro, que corrixín. Xa está ben así? --XoioÉche o que hai 15 de xullo de 2013 ás 14:43 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Por que reabriches a votación da Lista das óperas máis importantes? Dita votación iniciouse incumplindo unha norma nas políticas de votacións, polo que a votación ten que ser pechada e anulada. Se queres que se leve a cabo a votación abre unha nova, mais a que eu abrín non ten validez nin crédito algún, polo que che pido por favor que deixes todo como o deixei eu. Un saúdo!! Piquito (conversa) 17 de xullo de 2013 ás 12:17 (UTC)[responder]
- Creo que tal debate non ten sentido ningún se a votación non se vai realizar, así que se non che importa vou pechar a votación (espero que desta vez o faga ben). Piquito (conversa) 17 de xullo de 2013 ás 12:28 (UTC)[responder]
- Pecharía a proposta de calquera dos xeitos, se alguén quere votala que abra unha nova. Piquito (conversa) 17 de xullo de 2013 ás 12:31 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Sigo coa teima de ampliar o artigo de Tristan und Isolde de cara a facelo o máis completo posible cara ao mes de setembro (aínda que a miña idea era propoñelo para calidade para que se alguén entraba para informarse nos días previos a que se interprete na Coruña vira a estreliña ao lado de galego, deixei a idea vendo o ocorrido coa votación da Lista das óperas máis importantes que levou á retirada da proposta). Poderías nalgún momento revisar posibles erros de lingua? Agora estou a traballar na sección de "Características", se eso xa te aviso cando a remate. Moitas grazas de antemán e unha aperta. Piquito (conversa) 18 de xullo de 2013 ás 10:50 (UTC)[responder]
- Perdoa por ser tan pesado. Pediríache se non é moita molestia que opinaras sobre esto. Un saúdo! Piquito (conversa) 19 de xullo de 2013 ás 09:24 (UTC)[responder]
Bótolle agora un ollo. Permítome a licenza de editar a túa páxina se atopo algo que arranxar. Xa che conto! --Toliño Fala aquí comigo 21 de xullo de 2013 ás 13:24 (UTC)[responder]
- Comparando a páxina coa catalá, vexo que era todo correcto. Fixen tres cambios que afectan en pouca cousa: engadín un código para non romper nunha nova liña o conxunto "Ano de publicación", traducín unha palabra que quedara en catalán e engadín o interwiki á versión catalá. Se funcionaba a orixinal, esta tradución debera funcionar correctamente tamén. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 21 de xullo de 2013 ás 13:37 (UTC)[responder]
Graciñas! Tomo nota do asunto. --Estevo(aei)pa o que queiras... 21 de xullo de 2013 ás 19:38 (UTC)[responder]
Boas Home, vin a túa edición no proxecto do Día das Letras Galegas sobre Roberto Vidal Bolaño e non atopo a relación del con facsímile. É unha obra del?, é que non vexo como casa o asunto... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xullo de 2013 ás 10:30 (UTC)[responder]
- Boeno, xa atopei a relación :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de xullo de 2013 ás 10:59 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata!! Creei o Wikipedia:Wikiproxecto Música escénica, por se te queres unir ou tes calquera idea que aportar ao proxecto independentemente de que participes ou non. Un saúdo!! Piquito (conversa) 23 de xullo de 2013 ás 22:30 (UTC)[responder]
Ola, ata onde eu sei o sistema actualízase só. Non o sei. Mirarei que non me pase de novo. :) --Xabier Cid Talk 2 me, please 24 de xullo de 2013 ás 20:31 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Poderías mudar a Categoría:Bailaríns de balé por Categoría:Bailaríns de ballet? Así concorda co título do artigo. Un saúdo!! Piquito (conversa) 27 de xullo de 2013 ás 08:20 (UTC). Feito!--. HombreDHojalata.conversa 27 de xullo de 2013 ás 08:25 (UTC)[responder]
Ola! Quería pedirche un favor co bot: Poderías mudar "Edinburgo" por "Edimburgo" e "Grenlandia" por "Groenlandia", por favor? Estou a revisar as ligazóns cara ao artigo e hai un mundo delas, á parte dos erros que haxa noutros artigos.
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de xullo de 2013 ás 10:17 (UTC)[responder]
Tes que modificar alí a correspondente mensaxe (s:MediaWiki:Wikimedia-copyright), seguindo o formato axeitado (coas etiquetas <a ...> ... </a>
) para crear as ligazóns. --Toliño Fala aquí comigo 28 de xullo de 2013 ás 11:29 (UTC)[responder]
linguas do mundo
[editar a fonte]Boas tardes,
Estou traballando como voluntaria nun proxecto de tradución da web www.jw.org, que xa está traducida por equipos de tradutores voluntarios de moitos países a máis dun cento de idiomas (entre eles catalán, valenciano e vasco).
Unha das tarefas a afrontar a fin de que os galegofalantes poidan visitar a páxina na súa lingua materna é a tradución desde o inglés do nome de 1.825 linguas diferentes. A categoría "Linguas do mundo" desta galipedia é unha ferramenta moi útil, pero non se nos permite utilizar wikipedia debido ao seu carácter anónimo. Aínda así, quen fixo este traballo parece ser algún tipo de filólogo ou experto na materia. Sabse se é posible contactar con algunha das persoas que contribuiu a esta páxina para saber que criterios de tradución se aplicaron do nome do idioma orixinal ao galego? Ou polo menos saber se existe algún recurso bibliográfico dalgunha editorial sobre este tema?
Moitas grazas polo voso bo traballo. Saúdos
Beatriz Rivas (bea_rivaspazos@yahoo.es)
Escudaría de F1
[editar a fonte]Por favor alguén podería cambiar en "Modelo:Escudería de F1" na liña Posición aparece "Posición: Posición dá escudería no Campionato Mundial de Construtores do ano actual", aparentemente está ben, pero realmente sempre aparece como 'Clasificación en 2009'.
Grazas
Sobre o tema da información das imaxes que stou usando para Mosteiros e conventos de Galicia, nunca me acabo de aclarar coa información que hai que poñer nas imaxes. Podías dicirme máis polo miúdo o que me falta?. Gracias. --Angeldomcer (conversa) 13 de agosto de 2013 ás 06:18 (UTC)[responder]
Ola, Hombredé. Deixeiche resposta en Conversa:Hórreo dos Ancares. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13 de agosto de 2013 ás 11:02 (UTC)[responder]
Ola!! Como vai?
Escríboche porque acabo de dar coa Categoría:Vilasobroso, Mondariz, e non estou seguro da súa pertinencia. Penso que non ten artigos abondo como para ser categoría de seu, e na Galipedia non hai tradición de dar categoría propia ás parroquias; quizais se podería facer a excepción coas entidades menores, pero Vilasobroso é a única, e creo que a categoría debería ser borrada. Como o ves?
Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de agosto de 2013 ás 21:46 (UTC)[responder]
Moitas Grazas, HombreDHojalata. Saúdos. Cvbr, conversa, 17 de agosto de 2013 ás 09:38 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Xa case está rematado o artigo de Tristan und Isolde, quedan uns pequenos retoques e traer algo de en.wiki e seguramente algunha revisión ortográfica e uniformizar o texto (como o fun facendo en días distintos e con pausas de varios días pode que haxa cousas que vaian en cursiva unhas veces si e outras non, mais eso é un detalle menor na miña opinión), mais cres que podería ser proposto para calidade? A finais do mes que vén se vai interpretar na Coruña e estaría ben que algún despistado que mirara na wiki en castelán vira a estreliña ao lado do galego. De propoñelo habería que facelo nestes días para que a semana que se fai na Coruña xa se teña pechado a votación, eu se o propós tentarei ir todo o rápido que poda cos contidos referenciados que haxa na wiki en inglés (básicamente da sección "Reactions to Tristan und Isolde", e pinceladas de "Significance in the development of romantic music", xa que a nosa sección de "Características" está bastantes completa) e que non teñamos na nosa. Teño moita información sobre a Obertura, cres que deberiamos facer un artigo de seu, metela no artigo a modo de exemplo, ou deixalo correr? Xa me contarás. Unha aperta!! Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 09:42 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Ti que andas posto en licenzas, cres que podemos esta imaxe podería subirse á Galipedia? Grazas e unha aperta! Piquito (conversa) 20 de agosto de 2013 ás 23:53 (UTC)[responder]
Efectivamente, é unha adaptación da fonte que ti dis, e mais da outra que figura nas ligazóns externas. Non sei se, tal como quedou agora, é correcta. Se non, claro, pódese borrar. Un saúdo. --XoioÉche o que hai 21 de agosto de 2013 ás 13:42 (UTC)[responder]
Moitas grazas polos consellos e axuda. Saudos.--Desancristovo (conversa) 22 de agosto de 2013 ás 18:51 (UTC)[responder]
Síntoo, volvéuseme pasar, espero que non volva suceder. Un saúdo! --JaviP96 23 de agosto de 2013 ás 09:37 (UTC)[responder]
- Supoño que acabará habendo algún, pero mentres terei que telo presente. --JaviP96 23 de agosto de 2013 ás 10:08 (UTC)[responder]
Feito. Velaquí tes o resultado: Invasor. É o que puiden facer coa información que atopei, que non é moita. Un saúdo, e para o que queiras. --Breogan2008 (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 11:39 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Quería pedirche que retiraras a proposta para artigo de calidade de Tristan und Isolde, dado que hai usuarios que a consideran unha autoproposta miña, e que a túa descrición dos "méritos" do artigo incita a pensar eso (algo que non é certo) e, na miña opinión, condiciona o voto dos usuarios (todos os que se opoñen a que un usuario propoña un artigo propio non verán con bos ollos o "a suxestión de Piquito"). O único que te pido (a parte de que retires a proposta) é que se te fago outra petición polo estilo non a propoñas porque si, e se non te interesa ou non tes tempo de ler o artigo mo digas, son consciente de que os artigos sobre a ópera, o ballet ou a música clásica en xeral non son do interese da maioría dos usuarios da Galipedia, polo que non me vai molestar que me digas que non o queres ou podes ler. Un saúdo, Piquito (conversa) 26 de agosto de 2013 ás 15:11 (UTC)[responder]
Fotos da Rúa Poeta Díaz Castro de Lugo
[editar a fonte]Ola! Un pouco tarde pero xa teño as fotos que me pediras das rúa Poeta Díaz Castro e das placas. Subinas á Galipedia porque aínda non me manexo ben con Commons, pero por suposto podes pasalas se así o prefieres. Saúdos.
P.D.: Desculpas pola calidade, pero tiven que facelas cun móbil. ---Adorian.
HombreDHojalata, por que pechaches a votación de Siniestro Total? Non podes pechar votación porque si, a votación remata o día 8 de setembro. Non hai ningún motivo para pechala, polo tanto desfixen a túa edición. Ademais non argumentaches absolutamente nada para pechala. Piquito (conversa) 28 de agosto de 2013 ás 15:24 (UTC)[responder]
Pois non, non vou a editar nada. Pois deixaremos o marcador {{en uso}}. Saúdos --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 28 de agosto de 2013 ás 18:40 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Xoio xa engadiu a información das fontes do artigo historia da ciencia na páxina de conversa, podes pechar a votación? Moitas grazas!! Piquito (conversa) 30 de agosto de 2013 ás 21:18 (UTC)[responder]
Ola. Grazas pola túa, coma sempre, atinada observación, neste caso sobre as licenzas de uso. Acabo se emendar o erro. E ademais, aproveitei para corrixir outros non menos importantes, dos que me decatei ao ver teu comentario:
- Cambio de título, por outra advertencia que recibín do seu erro gramatical que, paradoxalmente, non cometera no texto.
- Proposta de eliminación total do artigo porque, como se me dixo noutra comunicación, levaba moito máis do tempo regulamentariamente establecido co modelo «en uso».
Deste xeito, ademais, dado o "tamaño" do artigo, dame máis tempo para rematalo. Un saúdo.--XoioÉche o que hai 1 de setembro de 2013 ás 10:33 (UTC)[responder]
— Xa fixen o cambio solicitado. Tardei algún tempo de máis, porque alguén non respectou o
modelo "en uso".--XoioÉche o que hai 1 de setembro de 2013 ás 19:24 (UTC)[responder]
- — Cando hoxe retomei o artigo, puxen ese marcador. Por outra parte, mira o que acabo de poñer na páxina de conversa. --XoioÉche o que hai 1 de setembro de 2013 ás 19:50 (UTC)[responder]
- — Se ti dis que ninguén quitou o marcador en uso, será verdade, e polo tanto eu vin visións.
- — Xa sei que o nome o artigo na Wikipedia en portugués é irrelevante, pero é un dato que, penso eu, hai que ter en conta. Canto aos outros artigos da Galipedia, ben sei que esta enciclopedia non é unha fonte primaria; o que quería sinalar é que, en ningún deles, se cuestionara o cualificativo da Nova España (ou do Río da Prata). De momento non encontrei más que esta fonte: Coro da Universidade de Santiago de Compostela, en Lugo Cultural, que non sei se será o suficientemente acreditada, pero é unha páxina froito dun convenio entre a Deputación de Lugo, o Concello de Lugo, a Universidade de Santiago de Compostela e a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.
A construción de catedrais en América -establecidas segundo os modelos peninsulares cos seus correspondentes cargos musicais- creou un novo mundo de posibilidades para os músicos españois, incitando a non poucos deles a embarcarse cara esas terras. Dentro do vicerreinado de Nova España fundáronse, entre outras, as catedrais de México (1534) e Puebla (1525) cuxo rápido desenvolvemento levou a que xa a finais do século XVI contasen con capelas musicais de verdadeira importancia e equiparables, en certos aspectos, ás máis importantes catedrais españolas. A catedral de Puebla pagaba aos seus mestres de capela soldos similares aos dos das de Sevilla ou Santiago de Compostela e, na cidade de México -aínda que algo menores- os ingresos dos músicos non eran nada desprezables. A estes atractivos hai que unir a facilidade para obter outros estipendios e tamén o recoñecemento que, polo feito de ser peninsulares, obtiñan no territorio americano. Isto explica que tantos músicos sen traballo como aqueles que contaban con bos postos no vello mundo decidisen cruzar o océano.
- — Por se acaso, sigo buscando.--XoioÉche o que hai 1 de setembro de 2013 ás 22:36 (UTC)[responder]
Boas, que opinas destas imaxes: Ficheiro:Regulamento Comité Agrario 2, A Ponte, San Xoán de Lóuzara, Samos, Galiza.jpg, Ficheiro:Regulamento Comité Agrario 1, A Ponte, San Xoán de Lóuzara, Samos, Galiza.jpg, Ficheiro:Comité Agrario Radical de Lóuzara, Requeixo, San Xoán de Lóuzara, Samos, Galiza.jpg? Pode considerarse que están no dominio público por ser documentos "oficiais"?, pola data non porque son de 1931 e 1936... O que está claro é que o autor e a orixe son incorrectos :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 08:58 (UTC)[responder]
- Vale, moitas grazas pola información. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 19:15 (UTC)[responder]
Boas, revisando os artigos de concellos atopei que o Ficheiro:Situacion Mondariz-Balneario.PNG está cambiado por ti. Resulta que todos os artigos de concellos de Coruña e de Pontevedra ata As Neves que teño revisado teñen o mesmo formato de mapa nos artigos, ¿non será boa cousa que este teña tamén o mesmo mapa? Xa sei que é un concello pequeno, pero así tamén os lectores que comparen ese artigo cos dos outros concellos terán unha referencia correcta do seu tamaño ó ver o mapa, e penso que a uniformidade dos artigos é importante... Non sei se este caso se dará noutros artigos de concellos pero penso que se aparecen deberían ter todos o mesmo tipo de mapa. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 2 de setembro de 2013 ás 11:25 (UTC)[responder]
- Boeno, como isto é un wiki se noutro momento acordamos outra cousa sempre se poderá recuperar. Grazas e un saúdo, --Elisardojm (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 19:15 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Retirei o marcador de ligazón morta que había no artigo de Tristan und Isolde xa que acabo de entrar na web arquivada que meteu JaviP96 e a páxina existe, así que considerei que o marcador xa non procedía. O resto de referencias da rede están ben. Esta noite meterei catro pinceladas menores e darei por finalizado o artigo, de feito xa puxen máis do que se estuda desa ópera en historia da música, e tampouco creo que a Galipedia sexa o lugar para despedazar analíticamente a obra, para eso xa hai tratados. Xa de paso pedirche disculpas se che molestou algún comentario feito por min a raiz da votación, non me sentou ben como plantexaches a proposta e dixen cousas que creo non debía ter dito (como a votación da taberna). Dito esto, se tes algunha proposta de mellora do artigo, será ben recibida para tentar sumar un artigo máis á lista de calidade (tamén te invito a participar en dúas propostas que fixen na taberna para ver se conseguimos entre todos darlle máis visibilidade ao proxecto e que participen máis mulleres nel). Un saúdo!! Piquito (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 16:40 (UTC)[responder]
- Ah, non sabía que se puña aínda que a páxina estivera arquivada, pensei que indicaba que non había nada na rede. Vale, erro meu. Piquito (conversa) 3 de setembro de 2013 ás 16:59 (UTC)[responder]
Vexo que andas a revisar o artigo... non pases o traballo agora, esta noite ía mirar se podía meter algo máis doutro libro que atopei por casa, se eso te aviso cando o dea por rematado para que o revises de vez e non marearte pasando dun lado para outro. De todos xeitos tampouco creo que poda engadir moito máis, o máis importante xa está e as fontes que me quedan non semella que podan aportar moito máis. Un saúdo!! Piquito (conversa) 4 de setembro de 2013 ás 20:58 (UTC)[responder]
- Dou por finalizado o artigo, xa non encontro máis que poda incluír, só disertacións filosóficas sobre a sexualidade e Wagner pero que en calquer caso creo que van mellor no artigo do compositor. Calquer cousa mellorable que atopes podes contarma se queres. Vou facer o artigo de "Liebestod" e acabar a tradución do acorde de Tristán, e xa non sei qué máis podo facer nel. Unha aperta! Piquito (conversa) 4 de setembro de 2013 ás 23:14 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata/Arquivo 9. Grazas por contribuír a mellorar a Galipedia cargando imaxes.
O nome desta imaxe está mal escrito ou é incompleto, erróneo, críptico, ou non conforme ás convencións de nomeamento.
Para arranxalo:
- Os administradores poden mover imaxes a un novo nome, solicítao no taboleiro dos administradores
- fíxate se a imaxe que ten o nome incorrecto está sendo usada noutros artivos e substitúe en ditos artivos o nome da imaxe vella polo da imaxe nova. Para isto, localiza a imaxe e, visualizando a imaxe, fai clic na ligazón "Páxinas que ligan con esta" no lateral esquerdo da pantalla.
- edita a imaxe e elimina o marcador {{NomeIncorrecto|...}}.
Grazas por colaborares. Non dubides en contactar comigo se tes algunha dificultade (Como contactar con outros usuarios?). Un cordial saúdo. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 6 de setembro de 2013 ás 00:27 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata. Son a mesma persoa, solo pode e unha conta global Usuario:Brathxa, a de Usuario:Casasnovas non e global porque existe rexistros da na Wiki en español e na Wiki en francés. si non te importa peso solo usar a Usuario:Brathxa, un saúdo. --Brathxa (conversa) 7 de setembro de 2013 ás 18:51 (UTC)[responder]
Boas, propuxen na taberna facer unha xuntanza de galipedistas, se che interesa o tema comenta por alí o que che parece e o lugar e datas que estarías libre. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 10 de setembro de 2013 ás 08:49 (UTC)[responder]
Ola HombreDHojalata, jei moitas grazas a vos por os mensaxes de aviso das axudas ortográficas en galego e por falarme das acotaciones das traducións doutra Wikipedia en outra lingua. Un cordial saúdo para vos e grazas de novo polas correccións, a seguir!.----X4v13r3 (fálame) 14 de setembro de 2013 ás 04:33 (UTC)[responder]
Ola, HombreDHojalata. Tes toda a razón do que dis na páxina de conversa sobre o estilo do texto, non apropiado para unha enciclopedia. A redacción quedou moito mellor tal como a deixaches, incluída a supresíón da futuroloxía (xa que o tema centrábase nos dicionarios dos anos 90). Grazas. Só dúas pequenas puntualizacións:
- Isaac Alonso Estraviz asina o seu dicionário como Estravís e, no texto, non emprega os dígrafos lh e nh, senón ll e a letra ñ. Penso que, ao reproducir unha cita dun escrito, hai que respectar a escrita orixinal.
- Parecéndome ben que se suprima o respectuoso don a don Eladio, non me parece ben deixalo nun pouco repectuoso Eladio (xa sei que, sobre todo en conversas, adoita mencionarse o seu dicionrio como o Eladio); cando un se refire a un autor citado, o usual é empregar o apelido, e aínda que Rodríguez sexa moi habitual, no texto non dá lugar a dúbidas.
Un saúdo, Luís Daviña. --XoioÉche o que hai 14 de setembro de 2013 ás 13:54 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Agora estou tentando retirar marcadores de artigos que tiña dende hai moito en tradución ou en uso, cando non teña ganas de traballar neses artigos traballarei no de Laura Alonso. O máis seguro é que comece pronto e o faga aos poucos, tirarei sobre todo da web da soprano e o que poda tirar da wiki en inglés (sei moi pouco alemán) e a ver se se pode facer un artigo ben completo para destacar no portal ou mesmo na portada. Pídoche paciencia porque non dispoño de moito tempo. Unha aperta!! Piquito (conversa) 15 de setembro de 2013 ás 16:08 (UTC)[responder]
- Feito! Agora teño que ir ampliándoo, pero está creado e ten xa o esqueleto. Un saúdo!! Piquito (conversa) 15 de setembro de 2013 ás 18:43 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Podes mirar que pasa coas táboas de repertorio nas seccións de opereta e zarzuela de Laura Alonso Padín? Estaría ben que quedara todo o texto na mesma liña. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 16 de setembro de 2013 ás 08:18 (UTC)[responder]
- Moitas grazas!! Agora moito mellor! Piquito (conversa) 16 de setembro de 2013 ás 17:06 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Creo que o artigo como está agora está ben, é certo que as wikis en inglés e en alemán teñen máis texto, mais penso que o que fixeron básicamente na wiki en inglés foi "fusilar" a biografía da web, mais non creo oportuno poñer toda a biografía da web, xa que non menciona moitas datas e non creo que interese que cantou tal papel en Tel Aviv (só puxen os que considerei máis importantes), coa ligazón á páxina web creo que se soluciona. Se consideras que falte algo dimo ou mira se hai algo na web e inclúeo ti mesmo se queres (a biografía está en castelán), tentei buscar máis información na rede pero tampouco é moi doado. A verdade é que non a coñecía, escoitei videos dela e a verdade é que ten boa voz, tardamos en adicarlle un artigo :O. Unha aperta!! Piquito (conversa) 17 de setembro de 2013 ás 19:10 (UTC)[responder]
A solución máis práctica, coa que concordo, é a proposta por Toliño, así que xa o fixen.--XoioÉche o que hai 16 de setembro de 2013 ás 16:01 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata, sinto ser tan pesado. Recurro a ti porque sempre te vexo implicado nas votacións para artigo de calidade e o certo é que este é un tema que me preocupa, non sei qué podemos facer para atraer a máis xente ás votacións, mañán pecharase a votación de Tristan und Isolde sen chegar ao mínimo de votos, anteriormente outras propostas fracasaron como Leonardo da Vinci, na que non votou ninguén (certo é que era en agosto), ou vaca ou RMS Titanic, todas elas pasaron sen pena nin gloria. Non sei se se pode avisar aos usuarios para que participen nas votacións se estas están a piques de rematar, xa non tanto para que saian elixidos os artigos (se sería desexable se cumpren cos requisitos), senón para que canto menos expresen o que consideran mellorable e podan ser escollidos no futuro... se cadra no futuro se podería tentar poñer un carteliño coma os dos anuncios de "Wiki Loves Monuments" no que se indiquen as votacións para calidade que van finalizar no prazo dunha semana, pero penso que algo se debe facer. Entendo que á maior parte dos usuarios non lles importe a ópera (por exemplo), mais o problema é que somos unha wiki moi pequena e eso fai que teñamos que interesarnos por temas que nun principio non nos interesarían demasiado, creo que ese é o xeito de medrar. Cando se debateu o cambio nas políticas para a escolla de artigos de calidade propúxose aumentar o número de votos a 8... visto o visto creo que eso será un suicidio (se xa é complicado sacar propostas con 5 votos, con 8 será imposible, xa que moitas votacións non xuntan ese número nin sumando positivos, negativos e neutros) Este é o meu punto de vista, non sei cómo o ves ti, mais no que creo que concordaremos os dous (e moitos outros) é en que deberiamos pensar algo ou tentar motivar á comunidade. Unha aperta!! Piquito (conversa) 18 de setembro de 2013 ás 11:01 (UTC)[responder]
Boas! Mira se vale así. Ficheiro:Vihreän liiton logo.svg.png. Apertas!! Piquito (conversa) 24 de setembro de 2013 ás 17:10 (UTC)[responder]
Ola. Non acabo de entender o que se me pide, por iso vou dar datos e que alguén se encargue de arreglalo: Trátase da fotografía dunha imaxe de San Bertomeu que está na igrexa de Eiras (San Amaro). A escultura é de fácil acceso ó público, situada nun lugar de culto, polo que supoño que non terá ningún problema de dereitos. A fotografía foi feita por min en 1995, en negativo e revelada en papel. En datas que non recordo, aló polo 2001 ou 2002, esa fotografía foi escaneada, tamén por min, para obter unha copia dixital, que é a que subín á Wikipedia. Naturalmente, como autor, non desexo manter ningún dereito sobre a imaxe. Moitas grazas.--Lanobriga (conversa) 24 de setembro de 2013 ás 18:45 (UTC)[responder]
A primeira tomeina do libro citado na nota 1 do artigo Urbino (p. 27). As outras da páxina da asociación Ca Romanino (algo debe de ter cambiado a páxina dende aquela, polo que vexo). Son escaneados de orixinais con dereitos de autor xa vencidos. Non sei moi ben como expresalo na descrición do ficheiro. Vou solicitar o cambio de nome dalgunhas delas. Saúdos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 24 de setembro de 2013 ás 22:05 (UTC)[responder]
Boas. Xa tiña pensado botarlle o dente. Mais penso que sería máis axeitado chamarlle Salgadura (miniserie), porque segundo teño entendido é unha produción de cine en dúas partes. Breogan2008(conversa) 25 de setembro de 2013 ás 11:03 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Cres que esta imaxe se pode considerar "formas simples"? Piquito (conversa) 26 de setembro de 2013 ás 13:00 (UTC)[responder]
Si, xa tiña pensado votar. A ver se esta tarde teño un momento para facelo. --Toliño Fala aquí comigo 30 de setembro de 2013 ás 12:56 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Pechei unha parte (a das "Traducións") de Wikipedia:Votacións/Cambios nas políticas sobre artigos de calidade porque é un tema xa sometido a votación e aprobado, pódese facer? Piquito (conversa) 2 de outubro de 2013 ás 14:28 (UTC)[responder]
Ola e grazas! Xa o fixen, pero a verdade, non sei a que te estabas a referir co de 'o que esto facendo'. É dicir, polo momento non sei/vexo as ventaxas do trebello. Supoño que pouco a pouco.--Agremon(contacto) 7 de outubro de 2013 ás 05:37 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata. Podes borrar País Vasco, para restaurar unha versión anterior ó 2007 e fusionar con Comunidade Autónoma Vasca. Xa que creo que trasladaron o contido manualmente de País Vasco a Comunidade Autónoma Vasca e despois acabaron borrando País Vasco. Despois o artigo debe quedar en País Vasco como referenciei no propio artigo, xa que é a forma que indica o DRAG. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 7 de outubro de 2013 ás 14:29 (UTC)[responder]
- Podes contestarme? --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 12 de outubro de 2013 ás 23:15 (UTC)[responder]
- Desculpa que che metera présa. Algunha vez xa utilicei o WP:TAB, pero non me solíades contestar. Así que busco un administrador nos cambios recentes que creo que é máis rápido. Saúdos e grazas. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 19 de outubro de 2013 ás 19:13 (UTC)[responder]
Boas HombreDHojalata! Ti que controlas do tema das licencias das imaxes seguro que me podes orientar. Resulta que miña muller coñece a un familiar de Xan Viaño (sobriña, se non me engaño), e ao enterarse de que eu creara o artigo na Galipedia gustoulle e autorizoume a subir fotos do compositor, as preguntas son:
- Que licencia debo empregar ao subir fotos dunha persoa que non son miñas pero que a súa familia (a persoa morreu hai 22 anos) me autorizou?
- Cando se trata da imaxe dunha persoa falecida, os dereitos da imaxe son do autor da fotografía ou da familia da persoa? Quero dicir, se atopo unha foto calquera en internet de Xan Viaño a podo subir ou únicamente se son fotos da familia?
Un día destes tentarei o mesmo con Rogelio Groba Groba, así que irei aprendendo do tema :)
Moitas grazas! Unha aperta!! Piquito (conversa) 10 de outubro de 2013 ás 22:16 (UTC)[responder]
E xa se me permites unha petición máis... mudei un pouco a apariencia do Portal:Ópera, como non teño moita idea hai cousas que non sei cómo se fan:
- Poderías mirar o xeito de que o inicio das dúas columnas quede igualado? Esto é que os cadros do artigo destacado e a imaxe destacada comecen no mesmo punto.
- Poderías mirar se é posible que entre o cabezado de cada cadro e o texto haxa un pequeno espacio? Do mesmo xeito que no Portal:Ballet (non é que saiba moito para ter feito o portal, só o copiei e peguei do da Portal:Segunda Guerra Mundial), para que a imaxe non quede pegada á banda do título e ese espazo sexa da cor do cadro do texto, non como ocorre nos cadros de "Actualidade", "Sabías que...", "Artigos de calidade" e o propio cadro da introdución.
- Por último, se puideras facer que todos os cadros da mesma columna estiveran á mesma distancia (máis pequena da que hai agora) os uns dos outros xa sería a repanocha, e se xa se puideran achegar os dous cadros dos extremos superior e inferior aos das columnas quedaría perfecto.
Cambiei a árbore de categorías para a esquerda para equilibrar un pouco, xa que espero que pouco a pouco vaiamos tendo máis artigos de calidade do tema e ese cadro medre. Perdoa por darte tanto choio, eu non controlo nada de técnica, só de copiar e pegar, tamén se ves algo que creas que queda mellor (por exemplo coas cores) cámbiao. Tamén agradecerche as achegas que fas á sección de actualidade do portal, eu non teño moito tempo e descoido un pouco a sección. Moitas grazas e unha aperta!! Piquito (conversa) 10 de outubro de 2013 ás 23:33 (UTC)[responder]
- Grazas HombreDHojalata! Mais quixera saber, se me pasa fotos cómo as teño que subir, como obra propia cunha aclaración? É dicir, poño na autoría que é "Obra propia", e na información da imaxe poñer que foi cedida pola familia? Na licencia non sei cal debera poñer. Sobre o portal falarei con JaviP96. Moitas grazas!! Piquito (conversa) 12 de outubro de 2013 ás 21:26 (UTC)[responder]
- Creo que algunha destas fotos se podería subir a Commons, son moi vellas, engánome? Piquito (conversa) 14 de outubro de 2013 ás 14:21 (UTC)[responder]
Boas, mandeiche un correíño, cando teñas un momento a ver se lle podes botar un ollo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 19 de outubro de 2013 ás 22:25 (UTC)[responder]
HombreDHojalata cando borres categorías, por favor revisa que estean creadas as novas. Como che pasou con Categoría:Políticos de Gana e Categoría:Personalidades de Gana. --Vivaelcelta {conversa · contribucións} 22 de outubro de 2013 ás 22:51 (UTC)[responder]
Esta imaxe, Ficheiro:CD Lugo (equipacións 1).JPG, non é correcta, non? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de outubro de 2013 ás 13:12 (UTC)[responder]