LXI Festival de Ópera da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
O director israelí Eliahu Inbal dirixirá a estrea en Galiza de Tristan und Isolde.

O LXI Festival de Ópera da Coruña tivo lugar entre os días 5 e 28 de setembro de 2013. Nesta edición do festival, amais dos concertos e representacións habituais celebráronse conferencias e proxeccións en distintos puntos da cidade.

Óperas[editar | editar a fonte]

O tenor Celso Albelo repetirá a súa presenza no escenario coruñés na representación de Lucia di Lammermoor.

Nesta edición do Festival interpretaranse dúas óperas: Lucia di Lammermoor de Donizetti, e Tristan und Isolde de Wagner.

Gala lírica[editar | editar a fonte]

O 21 de setembro tivo lugar unha gala lírica adicada ao compositor italiano Giuseppe Verdi con motivo do 200 aniversario do seu nacemento. No concerto, celebrado no Palacio da Ópera coruñés, o tenor Gregory Kunde e o barítono Juan Jesús Rodríguez, acompañados pola Orquestra e Coro Gaos baixo a dirección de Ramón Tébar, interpretaron arias, dúos e coros das óperas La traviata, Rigoletto, Il trovatore, Don Carlos, Otello, Macbeth e Les vêpres siciliennes.

Novas voces galegas[editar | editar a fonte]

O 20 de setembro tivo lugar a VII edición do ciclo Novas Voces Galegas cun concerto do barítono Pedro Martínez Tapia no auditorio do Conservatorio Profesional de Música da Coruña.

Conferencias e proxeccións[editar | editar a fonte]

Nesta edición do festival realizáronse varias conferencias no Museo de Belas Artes da Coruña os días 6 e 27 de setembro, así como varias proxeccións na Biblioteca da Deputación da Coruña os días 5, 12, 19 e 26 de setembro.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
LX Festival de Ópera da Coruña
LXI Festival de Ópera da Coruña
2013
Sucesor:
LXII Festival de Ópera da Coruña