Conversa usuario:Furado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Boa estadía e bo traballo. Lansbricae (Ti dirás) 09:54, 13 xullo 2007 (UTC)

Índice

Outro saúdo de benvida[editar a fonte]

Benvido/a á Galipedia Furado. Grazas por unirte a este proxecto e por colaborar connosco na mellora do wiki. Se tes algunha suxerencia sobre o wiki, as páxinas de axuda ou todo aquilo que penses que pode mellorar a Galipedia para nós sería de moita axuda coñecela. Este proxecto ademais da Galipedia inclúe Wikisource para textos orixinais, o Galizionario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a publicación de libros. Tamén hai unha extensión da comunidade galega en Commons —un repositorio de imaxes común a todos wikis—. Podes establecer contacto cos outros usuarios nas diversas seccións da Taberna ou nas súas páxinas de discusión. Tes información sobre o funcionamento da wikipedia en galego en Wikipedia:Axuda, Wikipedia:Política e normas e no Portal da comunidade. Para calquera cousa que nos necesites aí nós tes. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:40, 13 xullo 2007 (UTC)

Ola Furado. Cando un usuario crea unha páxina de usuario como a túa soe ser un bo sinal porque significa que ten intención de quedar e axudar a acrecentar e mellorar este wiki. Polo que se ve a túa contribución ha ser moi valiosa para conseguir ese obxectivo. Grazas unha vez máis por unirte a nós. Un cordial saúdo. --Prevertgl 11:38, 15 xullo 2007 (UTC)
  • Benvido, Furado. Que o pases ben na Galipedia. --Xoán Carlos Fraga 17:01, 20 xullo 2007 (UTC)
  • Home!!!!, andabas por ahí con tema das armas (a metralladora, segundo creo); espero que non has pegues a tiros conmigo pola modificación de cor de dúas imaxes de Vilagarcia (a da praia e a do solpor (na que case nin sequera se via a fonte) e co teu permiso e a outro momento quizáis che modifice en contrastes algunha outra máis. Saúdos. --Xelo2004 (Se non estás dacordo, dimo) 13:57, 3 agosto 2007 (UTC)ç
  • Ola Furado, únome ó saúdo de benvida (un pouco tardiamente). Vin a túa pequena lea na wiki española. Agardo que iso aquí non suceda e sigas a colaborar, xa que aportacións como a túa son dun grandísimo valor. Sen máis recibe un cordial saúdo. AlberteSi, digame? 20:38, 11 agosto 2007 (UTC)

De nada, ho[editar a fonte]

Para mover artigos hai unha pestana que di 'mover'. Como 'mover' un artigo é algo un pouco traumático para o sistema, só o fago cando estou totalmente seguro ou cando hai xente que concorda nunha proposta (e ninguén desacorda, como foi o caso). Saúdos. --Xabier Cid 08:47, 14 agosto 2007 (UTC)

Dicionarios[editar a fonte]

Pero non hai de que enfadarse, que esas cousas son supernormais. Ademais, tampouco é necesario ser superbrillante en cousas como a ortografía, que diso xa hai xente que entende e que está á última ou á penúltima. Non lle deas demasiada importancia, ho. Ese dicionario que sinalas, efectivamente, non está á última. De feito, teño as miñas dúbidas respecto de que estea á penúltima. Eu para eses casos de dúbida consulto o VOLG, que está en liña, e que é unicamente unha lista de palabras. É dicir, non vas atopar significados, e por iso mesmo é un pouco limitado. Pero permite sacar de dúbidas en casos coma este: VOLG. E insisto, non te preocupes, e inda menos te enfades... ;) --Xabier Cid 22:10, 2 setembro 2007 (UTC)

Ámsterdam[editar a fonte]

O que debemos utilizar é Ámsterdam posto que é a forma que recolle Galego en liña que é o documento que na Galipedia se escolleu como referencia toponímica. Pregúntasme ademais a miña opinión: un completo disparate, pero... :) Debes usar Ámsterdam. E se me preguntas entre Novo Ámsterdam e Nova Ámsterdam, paso palabra. A min gústame máis Novo Ámsterdam, e en xeral as palabras que rematan en -m son masculinas en galego, co cal podemos pensar que Ámsterdam tamén sería hipoteticamente masculino. Pero sobre iso tampouco hai nada escrito. --Xabier Cid 20:07, 3 setembro 2007 (UTC)

  • Ola Furado. Non sabes ben o fondamente admirado e agradecido que estou polo teu inconmensurable traballo que fas na Galipedia. Realmente es impresionante. Un agradecido saúdo. AlberteSi, digame? 00:00, 5 setembro 2007 (UTC)

Parabéns pola medalla[editar a fonte]

Parabéns pola medalla. Haber se co tempo tamén se fai algo polo estilo, pero somos moitos menos polo que o que aportemos cada un e fundamental. Bo traballo e saúdos. Lansbricae (Ti dirás) 09:14, 24 setembro 2007 (UTC).

  • Concordo co que dis, e candoxa se coopera con alguén para mellorar un artigo a sensación xa é a repera. Eu creo que a colaboración e a cooperación son os puntos máis fortes destes proxectos. Claro, nunha wiki pequena como esta a colaboración e moito máis necesaria, e implicarse en temas da propia administración do conxunto e nas decisións a tomar... Unha preproposta de User:Maañón vai por esa vía a de creación de medallas ou galardóns, como se lle queira chamar, pero iso conleva moito traballo, como o tema dos portais temáticos que tamén hai algún prototipo funcionando. Creo que a idea é como ti decías o recoñecemento ao traballo feito é o saber que hai xente lendo o que fas. Espero seguir a verte a miudo por aquí. Un saúdo. Lansbricae (Ti dirás) 10:22, 24 setembro 2007 (UTC)

Presionar/premer[editar a fonte]

Ola Furado. Parabéns pola medalla! Vin que trocaches "premer" por "presionar" no artigo Constitución dos Estados Unidos de América, e quería dicirche que a RAG considera incorrecta esa forma, e recomenda o uso da forma premer (http://www.realacademiagalega.org/galicianvocabulary/FindByWord.do?word=presionar). Un saúdo. --Daniarmo 12:12, 9 outubro 2007 (UTC)

  • Ola de novo! Non tes que te desculpar, por suposto non dubidaba da túa boa intención, as túas contribucións son moi de louvar. Non penses que eu sei moito máis galego ca ti. De feito, por circunstancias do ensino que tiven (diferentes normativas: oficial e de mínimos), non teño moi claros moitos detalles, e consulto o dicionario de máis, todo sexa por seguir aprendendo. Por certo, eu sonche tamén de ciencias, e non estou moi posto en historia dos Estados Unidos, así que déixoche por suposto a ti que escribas a frase do xeito que consideres que exprese mellor o sentido. O de "facer presión" creo que é totalmente correcto, de tódolos xeitos. Un saúdo. --Daniarmo 16:23, 9 outubro 2007 (UTC)

O Canadá[editar a fonte]

Pois non hai ningunha fonte fiable sobre esa cuestión, así que actúa como crea. En realidade o problema é máis grande do que parece: se recoñecemos que é O Canadá, tería que ser O Canadá como A Coruña, e iso obrigaríanos a incluír o artigo no nome propio. Eu creo que esa é unha das razóns polas que non se ten adoptado ningún criterio serio sobre iso... Síntoo. --Xabier Cid 22:53, 25 outubro 2007 (UTC)

  • Unha posible fonte que existe e entendo que é fiabel é [1], que o indica no anexo III unha relación de toponimos estranxeiros. Moi poucos os inclúen con artigo: O Xapón, A China, A India, .. pero "Canadá" sen artigo. Saúdos.---- Maañónoo (o que ho?) 21:15, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Ola, sinto entrar neste debate privado, pero hai dúas cousas que merecen a pena sinalar: a primeira é que a fonte que a Galipedia utiliza como referencia prós exotopónimos é a da Universidade de Vigo e non a da Coruña. Esa é unha decisión anterior a que eu tomase contacto coa Galipedia, e coa que estou fondamente en desacordo, pero non creo que sexa axeitado tomar outra fonte como referencia. E segundo lugar, este catálogo de topónimos da UDC é un rustrido de varios catálogos anteriores, que recolle as incoherencias de cada un deles e as multiplica agrupándoas. Aquí, entre nós, e tan ou máis disparate có da univesidade de Vigo. Pero o que é máis importante, tampouco ten un criterio de autoridade ou de rigor normativo que o respalde. Así pois, Furado, non é que eu che recomende o da Uni viguesa, é que é o que se debe seguir... a pesar de que eu non llo recomendaría nin ao meu peor inimigo, ;) O que fixeches usando indirectamente o DRAG é estupendo: non sempre funcionará, pero cando menos pode funcionar como fonte primaria de rigor. Un saudazo. --Xabier Cid 00:38, 30 outubro 2007 (UTC)
Non entendo: antes de que se citase o da Univ. da Coruña dicias que "Pois non hai ningunha fonte fiable sobre esa cuestión, así que actúa como crea", mentres que agora xa non é "actúa como crea" senon que dis "a fonte que a Galipedia utiliza como referencia prós exotopónimos é a da Universidade de Vigo e non a da Coruña" ... curioso ... eu vendo a "Wikipedia:Política e normas:Toponimia non atopo tal mencion á Univ de Vigo para exotopónimos. Por outra banda, descalificar como "rustrido" sin argumentalo paréceme un pouco prepotente. Se queres continuar a discusion, coido que é mellor que me respostes na miña paxina pero xa che avanzo que non vou entrar en moita polemica, non quero ser utilizado nunha campaña política, mellor continúa co Talk:A-76 que aí teñen mais paciencia.---- Maañónoo (o que ho?) 09:09, 30 outubro 2007 (UTC)
  • Furado: perdoa que metese a cuña anterior, pero coido que era aí onde aplicaba. En canto ao que me dicias na miña paxina de discusion: moi boa idea o de percurar no dicionario!, polo demais tes xa tanta info como teño eu así que pouco mais che podo dicir. Como reflexion: eu que ti poria o que crese convinte: nun futuro un bot podería cambiar "de/en Canadá" por "do/no Canadá" (ou ao contrario), así que fai como ti vexas. Por certo: parabéns pola medalla!. Para o que necesites aí nos tes. Saúdos.---- Maañónoo (o que ho?) 09:09, 30 outubro 2007 (UTC)

On the Road[editar a fonte]

boa noite!!
podes botarlle un ollo ó artigo On the Road e mirar se están ben os enclaves xeográficos mencionados??
un millón!
Saúde, e pola sombra!! --Foucault pendulum animated.gifEstevoaeiPa o que queiras... 23:09, 11 novembro 2007 (UTC)

proposta[editar a fonte]

bo día!!
creo que sería interesante traducir o artigo O Pentágono, que che parece?? bótaslle ti a man??
se non che vai ben avisa, e a ver se me poño eu.
Vémonos

Saúde, e pola sombra!! --Foucault pendulum animated.gifEstevoaei pa o que queiras...  09:21, 14 novembro 2007 (UTC)

Xurxo/Xorxe[editar a fonte]

Oi, Furado. Somente movimentei a páxina por causa dos redirects e dos afluentes, pois fixo outros Xurxos, reis do Reino Unido. Somente iso. Grázas e boas contribucións. Desculpas por nón avisarlle antes. Alex Pereira¡digame! 20:10, 28 novembro 2007 (UTC)

Grázas. Toda axuda é pouca para min, nón falo galego fluente, como pode verse na miña páxina de conversa... Un saúdo. Alex Pereira¡digame! 20:35, 28 novembro 2007 (UTC)

Grazas[editar a fonte]

Gustáronme as túas palabras... Saudiños --Xabier Cid 14:55, 29 novembro 2007 (UTC)

Xurxos[editar a fonte]

Ola, Furado. Non hai regra sobre iso, pero as túas escollas son dende logo correctas. Xurxo é moito máis estándar ca Xorxe, Xacobe é a forma correcta sobre Xacobo, e Sabela... ben, as dúas valen, aínda que a máis estándar podería parecer Isabel. Teño visto xente que argumenta que Sabela é a Isabel como Pepe a Xosé, pero non teño fontes serias que acrediten tal cousa... Saudiños. --Xabier Cid 21:22, 16 xaneiro 2008 (UTC)

Non. :) En absoluto. Estou de acordo que collas Isabel, pero non en base a ese criterio. :) Aí estás mesturando dous niveis de lingua completamente distintos: é xacobeo, pero non por iso o nome deixa de ser Iago; é xosefino, pero o nome non é Xosef; ou é beneditino, pero é Bieito. Polo tanto, o nome é isabelino, pero o nome pode ser perfectamente Sabela. Creo que, a falta dun ditame de maior altura, creo que o mellor é que tomes a túa propia decisión cara ao futuro, e que manteñas as eleccións que se produciron antes con respecto a esa cuestión: é dicir, que as que están non se muden, e que as que fagas novas as poñas como queiras, coa súa redirección correspondente. Saudiños. --Xabier Cid 14:45, 17 xaneiro 2008 (UTC)

A cuestión é que non hai unha fonte de maior altura, e o VOLG non trae definición. O Dicionario dos nomes, que é algo vetusto e sen espírito normativo recolle as dúas. Ou sexa, non saberemos por cal optar a partir de agora, pero o que parece evidente é que, ata que alguén diga o contrario, as dúas formas son igualmente válidas. Póñoche o caso de Bieito XVI. Ninguén dixo nunca que debese ser Bieito e non Benedito. As dúas formas son correctas. Pero os medios de comunicación decantáronse por Bieito. Se alguén escribise Benedito XVI sería incorrecto? Pois témome que non. É difícil tomar solucións binarias, ;), en cuestións de lingua: con estar seguros de que imos meter a pata e estar dispostos a mudar as nosas escollas en calquera momento, está feito. ;) --Xabier Cid 18:48, 17 xaneiro 2008 (UTC)

xuntanza-ceanza[editar a fonte]

hai uns días propuxen unha xuntanza-ceanza a celebrar en Pontevedra o 8 de febreiro, co gallo do enterro do Loro Ravachol. Sei que non tod@s estaredes preto nesa data, pero gustaríame animarvos @s que poidades a acercarvos, pasalo ben e coñecérmonos. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 01:18, 30 xaneiro 2008 (UTC)

cita a cegas[editar a fonte]

chegado este momento, está ben propor un lugar e hora para a cita. A miña proposta é ás 8 do serán na caseta de información turística que hai xunto a Peregrina. --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 18:11, 6 febreiro 2008 (UTC)

Xuntanza-Ceanza[editar a fonte]

  • Encantoume a crónica oficial, levo un bo rato rindo. Arranxarei a imaxe que mellor estea (esquecín poñer o flash, así que precisan tratamento) e a subirei, as outras en canto as arranxe mándochas por correo. En canto a foto da nosa Loba, mañá sen falta lévoa a Bonaval e fágolle unha na que saia favorecida e amaño o noso "asunto pendente". A raína era es:Isabel de Francia, duquesa de Orleans, pero xa ves o artigo da es, fáltalle de todo, a ver que podes facer. Por certo, foi un pracer coñecerte, espero que transmitiras a mensaxe a ese galipedista que tes na casa. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:16, 9 febreiro 2008 (UTC)
Cumprín co trato acordado: Imaxe para ilustrar a crónica, non quedou moi alá polo que xa che comentara, pero ten de bo que reflexa o ben que o pasamos. Estiven a piques de subir a do papagaio :), pero un trato é un trato. Agora só fai falla pórse a facer o artigo sobre o entroido pontevedrés (con tempo).

PD. Xa amañei o "asunto" que tiñamos, ;), agardo que me digas se che gusta ou non? Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:04, 10 febreiro 2008 (UTC)

Oe, non me decatara da primeira parte da túa mensaxe ata que vin o "asunto" toda tola movendo o rabo e dixen que lle pasará??, logo revisei a mensaxe e o comprendín, así que Grazas de parte das dúas. :) Por certo tes razón co pe da foto, pero como comigo a cousa era evidente, pensei que se queríades dicir quen era cada un o faríades vos, así que ponlle o pe ou póñollo eu se prefires. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 21:54, 10 febreiro 2008 (UTC)

Non hai de que[editar a fonte]

Para iso estamos. Por certo, grazas polo voto favorábel a The Legend of Zelda: A Link to the Past :). Saúdos e a seguir co bo traballo. --Manudosde 21:29, 17 febreiro 2008 (UTC)

Resultado votación fusión Galicia-Galiza[editar a fonte]

Hola

Rematou unha votación oficial na que participaches, Wikipedia:Votacións/Fusión dos artigos Galiza e Galicia nun único titulado Galicia, sendo éste o resultado: 13 votos a favor, 0 neutros, 0 en contra.

Saudos Miguel.lima 12:08, 19 marzo 2008 (UTC)

Baía[editar a fonte]

Vaia! Nunca está de máis aprender algo novo... Grazas pola aclaración, xa non volverei cometer ese erro (aínda que si cometerei outros). Mándoche tamén un saúdo e a seguir traballando!! --Toliño Fala aquí comigo 15:26, 1 abril 2008 (UTC)

USA[editar a fonte]

ola Felipe!

unha mágoa que marches, hom. Aínda quedan artigos interesantes por crear (O Pentágono, aumentar Alabama, os Cherokee...)

xa sei que dúas wikipedias é bastante, pero para liarche máis as cousas, bótalle un ollo a isto: pt:Wikipedia:Projetos/Galizaplus; alí andan Alma, Lansbricae, Maañón e Xosé a publicitar Galiza.

Un saúdo, e a ver se agora no verán o teu fillo se anima a darlle caña ós artigos de anime (pero tamén descansade e disfrutade das vacacións, claro!!) --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 11:29, 30 xuño 2008 (UTC)

    • Únome a Estevo, é unha mágoa que marches despois de contribuíres con artigos tan bos, aínda así o entendo. Espero que pases unha boas vacacións--Hugo22 12:22, 30 xuño 2008 (UTC).

Galipedia[editar a fonte]

Ola Furado. Desde a benvida non volvín falar contigo, esta mensaxe está motivada polo teu aviso de hoxe na túa páxina de usuario. Cando un usuario do teu nivel se vai é que non fomos quen de ter tino de ti para que te sentiras a gusto no wiki (refírome con ese fomos aos máis vellos do lugar). Por desgraza a Wikipedia, ás veces, parécese máis a unha rede social que a unha enciclopedia (no sentido que pode ser Orkut e semellantes). Como non achegas moitos datos farei algunhas suposicións, neste caso gustaríame trabucarme. Supoño que dalgún xeito tivo que influír o conflito dos meses pasados do que resultou difícil manterse á marxe, tamén supoño que a túa reflexión tivo que chegar a unha conclusión moi negativa sobre Galipedia nun momento no que os problemas de es.wp son tan graves que fronte a eles o que pasou aquí semella unha minucia. Teño comprobado nas últimas semanas nos wikis, non me refiro á Galipedia en concreto, que as palabras e as mensaxes a miúdo son como fórmulas e están baleiras de significado, non quixera que esta mensaxe estivera nesa categoría. Realmente me parece unha perda que escollas es.wp no canto da Galipedia. Se consideras que che debemos algunha explicación (refírome como antes a aqueles que estamos de vello aquí) e se cres que eu dalgún xeito podo axudar a aclarar calquera cuestión que queiras (no wiki ou polo correo, aínda que lle collín certa "tirria" ao uso correo nos wikis polo uso manipulador que se fai en ocasións del) por favor faimo saber. Como na vida todo é obxecto de reconsiderasión espero que algún día volvas preferir a Galipedia como wiki principal. Mentres tanto vaia o meu respecto e consideración polo traballo que tes feito neste proxecto. Un cordial saúdo. --Prevertgl 12:48, 30 xuño 2008 (UTC)

Moitas grazas pola explicación polo miúdo. Moitos de nós coincidimos e apreciamos o teu xeito de enfocar os artigos. En canto á mensaxe de benvida que comentas penso que é importante que sempre que se poida sexan personalizadas e evitar usar fórmulas (hai ocasións en que é practicamente imposible escribir unha mensaxe personalizada por diversas circunstancias que non vou analizar agora). No caso dos modelos moitos usuarios ignoran o alí escrito, ben porque non queren ler ou lles dá igual o escrito ben porque lle dan o mesmo valor que ao spam, quizais porque unha mensaxe que só consista en incluír un marcador non precisa de esforzo ningún. Comprendo perfectamente a túa explicación, o malo para nós é que nesta traiña que é a Galipedia sempre andamos escasos de remadores. Teño que engadir que na túa mensaxe aprecei certo ton crepuscular e apenoume. Nunca o dixen, aproveito para dicilo agora: moitas grazas polas achegas de Kekoroto, espero que algún día sexa dos que substitúan na primeira liña aos que estamos aquí de vello. Un cordial saúdo. --Prevertgl 17:24, 2 xullo 2008 (UTC)

Alédome de que volvas traballar connosco ;)--Hugo22 23:14, 11 setembro 2008 (UTC).

Mascatos[editar a fonte]

Por min encantado e sen problema ningún. Pero o caso é que non sei como se suben as imaxes a Commons, cómo hai que poñe-la descrición e os permisos nin se teño que subilas desde o ordenador ou pode facerse desde o archivo da Galipedia. Vou ver se aprendo e xa o fago. Pedro --Lameiro (conversa) 14:21, 14 setembro 2008 (UTC)

  • Non hai nada que agradecer, Furado, pero en todo caso habería que agradecerllo a Elvire que foi a quen se tomou a molestia de subi-las imaxes a Commons. Un saúdo e ata outra. Pedro --Lameiro (conversa) 20:10, 17 setembro 2008 (UTC)

río Yukón[editar a fonte]

ola, Furado!

deixei unha mensaxe na páxina de conversa do artigo río Yukón, para ver se existen referencias sobre o nome en galego.

Dado que creaches o artigo, quizais sabes algo do tema.

Todo ben? Anímote a pasarte de vez en cando pola gali para colaborar.

un saúdo. --Saúde, e pola sombra!! Estevo(aei)pa o que queiras... 03:21, 13 xaneiro 2009 (UTC)

Pódese ler este usuario retirouse da Wikipedia en galego; Esta ligazón corresponde á páxina de un usuario que deixou a Wikipedia en galego por razóns persoais. Eu engadiría moitos dos usuarios botan en falta as súas achegas.
Unha aperta forte, e sabes que as túas colaboracións son benvidas. --Estevo(aei)pa o que queiras... 23:54, 28 de maio de 2010 (UTC)

Qué ledicia![editar a fonte]

Lerte por aqui de novo, moitas grazas pola mensaxe e tamén Boas Festas tamén para ti. Precisamente estes días estiven pensando que tiña que mandarche un correo e mira ti...:). Así que xa o sabes, non te desconetes moito que che mandarei un recado :). Saúdos e non te atragantes cos polvoróns ;), --Elisardojm (conversa) 00:09, 24 de decembro de 2010 (UTC)

Moitas gracias. Pásao ben. Un saúdo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 00:11, 24 de decembro de 2010 (UTC)

Catedral de SdC[editar a fonte]

Paréceme ben, sí :) Puxen o cómpre referencia porque hai un par de anos, nunha enciclopedia sobre a Historia de Galicia lera sobre a "invetio" do sepulcro, e creo lembrar que non hai ningunha fonte historiográfica (e a Biblia tampouco di nada) sobre o apóstolo Xacobe na Península. Tamén dicía, se non me trabuco, que as únicas fontes historiográficas parecían indicar que Xacobe fora levado a algún lugar do norte de África. Está ben poñer a lenda no artigo, porque é o que mantén a peregrinación, pero habería que engadir tamén o que as fontes historiográficas din que puido pasar. Por desgraza non teño o tomo da enciclopedia aquí... se ninguén se anima a facelo intentareino facer en verán. Saúdos, e gran traballo no artigo, vai para destacado. --Alberte Si, dígame? 15:24, 18 de abril de 2011 (UTC)

Modelo incorrecto engadido á imaxe de Pereiro[editar a fonte]

Furado, penso que te trabucaches ó poñer o modelo {NowCommons} á imaxe. Ese modelo quer dicir que a imaxe baixouse de Wikimedia Commons cara á Galipedia e realmente é ó revés. Mudei o marcador polo de {SubidaACommons}

O que pasa é que amais deixácheslle un aviso erróneo ó usuario primeiro que a subiu á Galipedia, que é novel, e creacheslle confusión. Penso que deverías volver a súa páxina de conversa, riscar o que lle puxeches e tentar explicarlle en temos que el poda entender o que pasou.

Unha aperta--. HombreDHojalata.conversa 20:41, 28 de abril de 2011 (UTC)

Encarguiño[editar a fonte]

Ola, meu! Téñoche un pequeno encargo; Fun buscar info sobre un museo sobre o ferrocarril que seica hai en Vilagarcía de Arousa, e decateime de que o artigo do concello é ben pequeniño. Anímaste a melloralo?
Falamos, meu! Saúde! --Estevo(aei)pa o que queiras... 17:07, 29 de abril de 2011 (UTC)

Nota na Catedral de Compostela[editar a fonte]

Moi boas, Furado. Supoño que hai varias fórmulas para o das notas, e unha bastante simple e válida sería esta. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 10:30, 4 de xuño de 2011 (UTC)

Eu non che son moi aleuto para isto, pero se cadra Toliño si. Coméntallo; malo será que non discorra algunha mellor solución ca a que eu dei. Un saúdo. --Atobar (conversa comigo) 22:16, 4 de xuño de 2011 (UTC)

Tódolos ficheiros a Wikimedia Commons[editar a fonte]

Ola, como andamos?

Hai aberta unha discusión, e unha consulta á comunidade derivada da anterior, relativa ó sistema de carga de ficheiros. De se aprobar suporía un importante cambio na Galipedia. É por iso que sería desexable a participación do maior número de usuarios posibles, tanto no debate coma na votación.

Contamos contigo.

Unha aperta. --. HombreDHojalata.conversa 10:28, 20 de setembro de 2011 (UTC)

Indianapolis / Indianápolis[editar a fonte]

Ola, meu! A ver se podes botar unha man; sabes se hai referencias para o nome en galego da cidade de Indianapolis? Isto é, debe ser sen til (Indianapolis, como en inglés) ou con til?
Graciñas! --Estevo(aei)pa o que queiras... 11:17, 30 de outubro de 2011 (UTC)

Nova Hampshire - New Hampshire[editar a fonte]

Ola, meu! Como vai ese 2012?

Acabo de dar con este artigo, e teño bastante claro que está a agardar por ti; como o ves?

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:04, 4 de xaneiro de 2012 (UTC)

dúas peticións[editar a fonte]

Ola, Furado! Mirando as efemérides de hoxe, vin que o artigo sobre o Accidente de Three Mile Island aínda non ten tradución, e pensei que igual che apetecía traducilo da versión en inglés. Amais, o outro día tamén me acordei de ti porque vin que o artigo Oregón - Oregon podía ser completadiño. Anímaste?

Un saúdo! Vémonos! --Estevo(aei)pa o que queiras... 28 de marzo de 2013 ás 14:14 (UTC)

Wikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquias#Comarca do Salnés:[editar a fonte]

Ola Felipe.

Ti non poderías achegar un par de fotos das parroquias de Sobrán (San Martiño de Fóra) e Solobeira (San Fins)?

E así completamos toda a Comarca do Salnés.

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 28 de maio de 2013 ás 07:36 (UTC)

E xa postos, viríanos ben unha fotiño dos xulgados de Vilagarcía ;-) --. HombreDHojalata.conversa 28 de maio de 2013 ás 15:22 (UTC)

Aviso de wikimaratón en Vigo[editar a fonte]

Boas, puxen unha nota na taberna e coméntocho por se che interesa. Tamén pedín un permiso urxente para cambiar o aviso da cabeceira dos artigos, se ves algún problema coméntao alí. Saúdos, Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 10:13 (UTC)

Boeno, pois queda para outra entón. Pero lémbroche que tes pendente unha foto, apura antes de que vaia outro! ;) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 23 de febreiro de 2015 ás 14:16 (UTC)

Doce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Na taberna hai unha nova proposta que pode ser do teu interese.

Esta mensaxe foi enviada coa ferramenta de Mensaxes masivas da Galipedia, se non queres recibir máis mensaxes deste xeito podes borrarte da lista de subscritores aquí. Saúdos.

Adaptación do formato dos números no sistema wiki[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta que debe ser votada pola comunidade para saber se é aceptada ou non. Se tes un momento libre precisamos a túa opinión para decidir entre todos a mellor opción. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 16 de marzo de 2015 ás 08:58 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Primeiras xornadas "Coñece a Galipedia na UDC" e galencontro na Coruña[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha actividade da Galipedia na Coruña. Tamén se precisa a túa colaboración para decidir se poñer ou non un aviso sobre a mesma. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 25 de marzo de 2015 ás 12:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de Mensaxes masivas de MediaWiki, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para reorganizar a páxina de artigos de calidade. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de abril de 2015 ás 22:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para cambiar o logo para o Día das Letras[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para cambiar o logo da wikipedia polo Día das Letras. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 13 de maio de 2015 ás 13:48 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Non deixes que a UE nos roube a Liberdade de Panorama[editar a fonte]

Boas, na taberna hai un aviso sobre un posible cambio na lexislación europea para cambiar a Liberdade de Panorama que faría que unha gran cantidade das imaxes da Wikipedia tiveran que ser borradas. É importante que coñezas este problema e que actúes dentro do que poidas. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 22 de xuño de 2015 ás 10:17 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta de cambio do logotipo para o Día de Galicia[editar a fonte]

Na taberna hai unha proposta para cambiar o logotipo da Galipedia no Día de Galicia. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 20 de xullo de 2015 ás 11:05 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proposta para o 2017[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para desenvolver un grupo de artigos relevantes e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 17 de setembro de 2015 ás 17:16 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Invitación á entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova sobre unha invitación para asistir á cerimonia da entrega do Premio Princesa de Asturias de Cooperación Internacional concedido á Wikipedia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 30 de setembro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Calendario de votacións de propostas de políticas e normas para outubro, novembro e decembro[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova conversa sobre unha serie de novas propostas de políticas que se van a votar próximamente. Anímase a tódolos usuarios e editores da Galipedia a revisar a mensaxe e as próximas propostas e participar nas conversas correspondentes para acadar o maior consenso posible. Saúdos! MediaWiki message delivery (conversa) 2 de outubro de 2015 ás 10:41 (UTC)

Anuncio da segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha nova proposta para organizar a Segunda malla de artigos da Galipecia, e que podería ser do teu interese. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 3 de outubro de 2015 ás 04:09 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Wikipedia:Títulos dos artigos sobre organizacións[editar a fonte]

Boas! Estou a traballar nunha proposta de política para os títulos dos artigos sobre organizacións (nomeadamente partidos políticos e sindicatos, organizacións internacionais, centros educativos e equipos deportivos). Agradeceríache que lle botaras unha ollada e que fixeras os comentarios e achegas que consideraras na conversa. Se adoitas traballar en artigos sobre equipos deportivos a túa axuda sería de especial interese, pois está moi verde o tema. Tamén convén un pulo especial á proposta de partidos. Grazas! --Norrin (Fálame) 16 de outubro de 2015 ás 20:16

Segunda malla de artigos da Galipedia[editar a fonte]

Esta semana, do 19 ó 25 de outubro, ambos inclusive, organízase a Segunda malla de artigos da Galipedia. A idea é que durante esta semana todos traballemos nos artigos con problemas que están na categoría Atención, para amañalos e que non enchan a Galipedia. Nesa categoría hai agora 355 artigos, se cada usuario activo amaña catro artigos remataremos o choio antes de rematar a semana! Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 19 de outubro de 2015 ás 00:31 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego[editar a fonte]

Na taberna hai unha información sobre o Segundo wikimaratón do Día da Ciencia en Galego que pode ser do seu interese. Tamén hai unha votación para engadir un aviso na cabeceira dos artigos sobre este evento e para a que se solicita a participación da comunidade. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 27 de outubro de 2015 ás 09:54 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Proceso de escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comezar a revisar o proceso de selección de artigos bos na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Nesta fase debateranse os detalles necesarios para permitir a escolla deste tipo de artigos que mellorarán a calidade e visibilidade do proxecto. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 29 de outubro de 2015 ás 11:24 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para organizar a páxina dos artigos de calidade na Galipedia, e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 11 de novembro de 2015 ás 10:38 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Votacións de propostas de políticas - Actualización a decembro de 2015[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as votacións de políticas en curso e as próximas votacións programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me1 de decembro de 2015 ás 09:14 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - xaneiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 11 de xaneiro de 2016 ás 08:01 (UTC)

Votacións de propostas de políticas - febreiro 2016[editar a fonte]

Ola! Na taberna hai unha nova mensaxe de actualización sobre as próximas votacións de políticas programadas. O calendario completo pódese consultar aquí, e podes unirte á lista de mensaxes Usuario:MediaWiki message delivery/Propostas de Políticas para recibir unha mensaxe na túa páxina de conversa cada vez que comece unha nova votación.

A intención desta mensaxe e das consecuentes por medio desa lista é que a maior cantidade de editores posibles estean ao tanto do plan, e poidan colaborar na redacción final con correccións de erros ortográficos, mellora de redaccións ou no caso de non estar de acordo con algo debatilo antes e tentar acadar un consenso previo antes das propias votacións.

Saúdos! Banjo tell me 1 de febreiro de 2016 ás 08:34 (UTC)

Pseudónimos[editar a fonte]

Chamo ao debate sobre un tema de pseudónimos que me gustaría que me axudásedes. Gustaríame que me axudase a recadar a maior base posible para o debate. Moitas grazas! --Xabier Cid Talk 2 me, please 2 de marzo de 2016 ás 08:32 (UTC)

Nova escolla de artigos bos[editar a fonte]

Boas, xa se aprobou o proceso de escolla de artigos bos polo que xa se pode comezar a propor e votar esta nova categoría. Anímate a propor artigos, e revisa e vota as novas propostas! Saúdos,--MediaWiki message delivery (conversa) 7 de abril de 2016 ás 02:38 (UTC)

Sen votacións para artigos destacados na portada para 2018[editar a fonte]

Boas, hai unha proposta na taberna para eliminar no futuro a escolla de artigos destacados para a portada e substituílos polos artigos de calidade e os bos que vaian sendo escollidos, podes consultala aquí. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 9 de abril de 2016 ás 17:19 (UTC)

Wikipedia:Votacións/Redeseño da Portada[editar a fonte]

Ola! Xa comezou a votación para decidir se cambiamos o deseño da portada da Galipedia, en base a este debate previo. A votación rematará o 15 de maio de 2016. Hai varias propostas e varios apartados nos que votar, as instrucións para a votación atópanse ó comezo da propia proposta. Se cumpres os requisitos para votar podes seguir as instrucións alí indicadas para emitir o teu voto, e se non os cumpres tamén estás invitado a pasarte pola votación e deixar a túa opinión nos comentarios. Saúdos! Banjo tell me 15 de abril de 2016 ás 07:14 (UTC)

Aviso votación para administrador[editar a fonte]

Hai unha aberta unha votación para decidir se outorgalle a Chairego apc as funcións de administrador.--MediaWiki message delivery (conversa) 5 de maio de 2016 ás 15:40 (UTC)

Proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para limitar o tempo dos dereitos de administración. Se tes un momento libre agradeceríamos a túa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 25 de maio de 2016 ás 23:07 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non queres seguir recibindo estas mensaxes podes quitar o teu usuario desta lista.

Reflexións sobre os artigos de calidade[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para comentar varios aspectos sobre a escolla dos artigos de calidade e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 31 de agosto de 2016 ás 00:29 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikirreto[editar a fonte]

Feliz aninovo! Hoxe dá comezo a nova edición do Wikirreto 2017. Anímate a participar!

Linguaxe non sexista nos modelos e categorías[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para intentar facer que a Galipedia use unha linguaxe non sexista nos modelos e nas categorías. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de febreiro de 2017 ás 00:36 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Catorce aniversario da Galipedia[editar a fonte]

Boas, na taberna hai unha proposta para buscar un logotipo para celebrar o catorce aniversario da Galipedia, será o vindeiro día 8 de marzo, e decidir se facer algunha actividade especial ese día. Se ten un momento libre agradeceríamos a súa participación na conversa. Saúdos, MediaWiki message delivery (conversa) 5 de marzo de 2017 ás 02:37 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Proposta para a organización da terceira malla da Galipedia[editar a fonte]

Boas tardes, na taberna hai unha proposta para organizar a terceira malla de artigos da Galipedia e que pode ser do seu interese. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 14 de xuño de 2017 ás 16:06 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo[editar a fonte]

Saúdos. Acaba de comezar unha votación sobre a proposta Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Podes ver e participar na seguinte ligazón: Wikipedia:Votacións/Cambio de nome de categorías de personalidades e creación de categorías por sexo. Saúdos, --MediaWiki message delivery (conversa) 16 de xuño de 2017 ás 22:13 (UTC)

Nota: Esta é unha mensaxe enviada coa utilidade de mensaxes en masa da Galipedia, se non quere seguir recibindo estas mensaxes pode quitar o seu usuario desta lista.

Boas Furado, respondín na votación ó teu comentario para achegar máis información, ó mellor é do teu interese. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de xuño de 2017 ás 12:00 (UTC)