Conversa usuario:Th3B1NaR1C0dE

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido á Galipedia, Th3B1NaR1C0dE!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda

Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.

Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:18, 30 de abril de 2012 (UTC)

traducións[editar a fonte]

Ola!

Por favor, ao crear un artigo, non abonda con traducilo literalmente doutra wiki, senón que é necesario adaptalo ao formato pertinente. Así, para que aparezan as imaxes debes por "Ficheiro" en vez de "Arquivo", e debes adaptar os Modelos aos existentes na Galipedia. Amais, debes ter conta das categorías, que son diferentes.

Outra cousa: para comunicarte con alguén, escribe as mensaxes na páxina de conversa doutra persoa, non da túa propia, porque senón, non nos decataremos das túas dúbidas.

Non teñas medo a preguntar, que calquera administrador ou usuari@ che ha botar unha man.

Saúdos. --Estevo(aei)pa o que queiras... 00:18, 30 de abril de 2012 (UTC)

Ortografía[editar a fonte]

Ola.

Por favor, axúdate do revisor ortográfico, activándoo en: As miñas preferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico..

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 23:02, 5 de maio de 2012 (UTC)

Xa está amañado o modelo Sistema operativo e aparece correctamente no artigo, agora o que hai que facer é mellorar a ortografía e as ligazóns internas, dalle duro! :). Saúdos, --Elisardojm (conversa) 14:49, 9 de maio de 2012 (UTC)

Ola! Fixen algúns arranxos no artigo Arduino, pero non ten pés nin cabeza: Ao ser unha tradución automática conta con numerosos erros, non se pode coller o texto noutra lingua, pasalo polo tradutor e incluílo sen máis. Ademais, cada wiki ten o seu propio formato (referencias, ligazóns externas, categorizacións...) é necesario adaptar paso a paso o artigo.

Na wiki en galego, as imaxes levan o nome de 'Ficheiro' ('File' en inglés, 'Arquivo' en castelán).

En vez de comezar con artigos tan ambiciosos, recoméndoche familiarizarte coa wiki pouco a pouco, con achegas menores, para ir coñecendo o formato.

Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18:33, 9 de xullo de 2012 (UTC)

Ise artigo mete medo. Haberá que facer algo con el. A iniciativa é boa. --Nemigo 19:16, 9 de xullo de 2012 (UTC)

Traducións[editar a fonte]

Boas Th3B1NaR1C0dE, vin agora os teus artigos Microsoft SQL Server e acrónimo recursivo e como son traducións da wiki en castelán tes que poñer na conversa o modelo Traducido de, tes un exemplo de uso na páxina Conversa:Criminal Minds. Se tes calquera dúbida podes consultarma na miña páxina de conversa.

Por outra banda deberías repasar esas traducións porque están incompletas e anímote a que sigas traballando nese tipo de artigos xa que na Galipedia estamos escasos de contidos desta temática. Saúdos, Elisardojm (conversa) 2 de maio de 2013 ás 08:31 (UTC)[responder]

Ortografía[editar a fonte]

Axudándote do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.

Poderías revisar os artigos que tes comezado ata agora? Graciñas. . HombreDHojalata.conversa 7 de maio de 2013 ás 07:38 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Th3B1NaR1C0dE.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!. HombreDHojalata.conversa 24 de maio de 2013 ás 17:43 (UTC)[responder]

O que precisabas era o Modelo:Infobox SO (ven sendo o equivalente á es:Plantilla:Ficha de sistema operativo).

Nótese que cada Wikipedia, en cada lingua, ten as súas "caixas". Na Wikipedia en galego chamámoslle modelos, na Wikipedia en castelán chámanlle plantillas, na Wikipedia en inglés templates... Un lío.

Tes unha lista das que hai na Wikipedia en galego en: Wikipedia:Lista de moldes. --. HombreDHojalata.conversa 24 de maio de 2013 ás 18:58 (UTC)[responder]

modelo:teléfono móvil[editar a fonte]

Boas. Acabo de ver que estás a facer un modelo sobre os teléfonos móbiles. Pois iso, lembra que móbil leva b. Un saúdo. --Servando2 (Dime) 30 de agosto de 2013 ás 21:05 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Th3B1NaR1C0dE. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--. HombreDHojalata.conversa 30 de agosto de 2013 ás 22:23 (UTC)[responder]

O modelo non ten uso (1), e tal como está nunca o terá. Non contén código ningún, só conten unha tradución defectuosa e incompleta das instrucións de uso, que, en todo caso, non deberían estar aí senón en Modelo:Licenza de software/uso.

Precisamente non o borrei directamente á espera de que se poida amañar.

Ademais, como xa falamos, cando copies debes indicar de onde e, por favor, asina nas páxinas de conversa.

Graciñas, un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 5 de xaneiro de 2014 ás 18:57 (UTC)[responder]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Th3B1NaR1C0dE.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento.

Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--AMPERIO (conversa) 31 de marzo de 2014 ás 15:49 (UTC)[responder]

Digo isto polo artigo Cifrado César que creaches. Ademais de que non estaba traducido completamente tendo aínda contidos en castelán.--AMPERIO (conversa) 31 de marzo de 2014 ás 15:49 (UTC)[responder]
Ola Th3B1NaR1C0dE.
Permíteme insistir neste tema. A violación sistemática da licenza pode provocar o bloqueo da conta de usuario. Este é o terceiro aviso.
Un saúdo. --. HombreDHojalata.conversa 13 de agosto de 2014 ás 07:59 (UTC)[responder]

Axudas ortográficas[editar a fonte]

Ola Th3B1NaR1C0dE. Asemella que tes algunha dificultade coa ortografía.

Se queres, podes botar man das seguintes ferramentas:

Tes máis axuda en: como mellorar a ortografía.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir!--AMPERIO (conversa) 31 de marzo de 2014 ás 15:49 (UTC)[responder]

Notas ao pé[editar a fonte]

Ola compañeiro.

Na tradución de Arrow borraches a maioría das referencias.

Poderías tentar recuperalas?

Moitas grazas, un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 15 de marzo de 2015 ás 20:11 (UTC)[responder]

recoñecemento[editar a fonte]

Recoñecemento cando se traduce doutra Wikipedia[editar a fonte]

Ola Th3B1NaR1C0dE.

Por favor, ten en conta que os textos da Wikipedia, en tódalas linguas, publícanse baixo CC-BY-SA, e entre os requirimentos desta licenza está o recoñecemento. Isto quere dicir que cando se traen, traducíndoos, contidos doutras wikipedias, cómpre recoñecer a súa orixe/autoría.

Na Wikipedia en galego adoitamos facelo dunha das seguintes dúas maneiras:

  • A maneira máis doada, e empregada, é deixar constancia no cadro Resumo. Exemplos:
Exemplo de recoñecemento.
→ Esta achega é unha tradución do artigo da Wikipedia en castelán: [[:es:Cristóbal Colón]]
→ Este artigo contén material procedente dos artigos das Wikipedias en inglés e portugués: [[:en:Europa]] e [[:pt:Europa]]
→ A primeira edición deste artigo procede da tradución e adaptación do artigo homónimo da Wikipedia en lingua_que_sexa
→ Tradución da versión http://pt.wikipedia.org/w/index.php?title=Albert_Einstein&oldid=11330571 do artigo da Wikipedia en portugués
  • Alternativamente, tamén se pode facer constar na páxina de conversa do artigo, por exemplo empregando o modelo {{Traducido de}}.

Moitas grazas, un saúdo e a seguir! --Estevo(aei)pa o que queiras... 18 de febreiro de 2016 ás 07:38 (UTC)[responder]