Conversa:Oza-Cesuras

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Tarefas pendentes[editar a fonte]

Iniciei este artigo incluíndo a información contida nos dous concellos fusionados, Oza dos Ríos e Cesuras; cómpre unificar contidos e darlle formato. --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de xuño de 2013 ás 23:36 (UTC)[responder]

Redireccións títulos dos artigos[editar a fonte]

O Usuario:Paradanta suxeriume que quedasen activas durante un tempo as redireccións antigas dos artigos de lugares e parroquias do concello. Eu non son partidario, pero que opina a comunidade? Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 8 de xuño de 2013 ás 13:30 (UTC)[responder]

O meu primeiro impulso é dicir: "deixemos as redireccións (mesmo permanentemente)". Ao cavilar un chisco a cabeza di: "quizais non sexa tan boa idea; ademais, non é o noso proceder habitual, eliminando as redireccións desde formas incorrectas". Supoño que o sentido común me indica que a segunda opción é a máis acertada e consecuente co que vimos facendo normalmente. --Toliño Fala aquí comigo 13 de xuño de 2013 ás 19:08 (UTC)[responder]

Poboación[editar a fonte]

Que alguén me explique como é posible que teñamos datos de poboación de 2012 e 2004! E que mesmo acheguemos o IGE como fonte! Cómpre redactar mellor a introdución para deixar claro como son as cousas. Eu quitaría directamente o dato de 2004, que está completamente fóra de tempo (nove anos antes da fusión!) e deixaría explicado que os últimos datos de poboación para os dous antigos concellos son de 2012, polo que o concello, aínda non creado en 2012, tería unha poboación da suma de ambos os dous antigos concellos. --Toliño Fala aquí comigo 13 de xuño de 2013 ás 19:14 (UTC)[responder]

Finalmente, fixen algún cambio na introdución para aclarar o dato de poboación e retirei o de 2004. Saúdos! --Toliño Fala aquí comigo 19 de xuño de 2013 ás 14:01 (UTC)[responder]

O novo concello xa ten icona[editar a fonte]

O novo concello ven de presentar a súa nova imaxe -> http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2013/12/14/oza-cesuras-logotipo/0003_201312H14C14994.htm Saúdos Nemigo 15 de decembro de 2013 ás 16:54 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Oza-Cesuras. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 11:33 (UTC)[responder]