Conversa usuario:Desancristovo

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Benvido(a) á Galipedia, Desancristovo!

Esta é a túa páxina de conversa, que che servirá para recibires mensaxes doutros colaboradores. Ademais, tes a túa páxina de usuario, onde podes poñer os teus datos, intereses etc.

Primeiros pasos

Os alicerces da Wikipedia son estes Cinco piares, polo que é importante que lle botes unha ollada. Na guía de edición e nas preguntas frecuentes podes atopar moita información de axuda. Explícase como editar unha páxina, como configurar a interface (por exemplo, elixir a lingua), como cargar ficheiros e os puntos básicos das políticas e normas da Wikipedia. Non precisas de coñecementos técnicos para contribuír aquí. Anímate a contribuír e presupón boa fe con respecto ás intencións dos outros colaboradores. Isto é un wiki, polo que é realmente doado contribuír. Se o desexas podes crear un artigo, paso a paso, coa axuda do noso asistente.

Onde atopar axuda
Hai máis información dispoñible na páxina de axuda e no Portal da comunidade. Pódeste pór en contacto co resto dos usuarios na Taberna da Galipedia. Tamén podes contactar cos administradores na súa páxina de conversa ou no Taboleiro dos administradores.
Recomendacións
  • Na túa páxina de usuario podes pór caixas informativas coas linguas que coñeces, segundo se explica na páxina Babel, para que outros saiban en que linguas se poden comunicar contigo ou coas que podes axudar.
  • Para responder a unha mensaxe dun usuario tes que facelo na súa páxina de conversa, senón, non lle sairá o aviso de que ten mensaxes novas e é moi posíbel que non se decate da túa resposta.
  • Por favor, engade sempre a túa sinatura nas páxinas de conversa escribindo ~~~~.  
  • Se o desexas, podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: PreferenciasTrebellosNavegación Ortografía: Activar o revisor ortográfico.
Cometiches un erro?
  • Queres avisar dun erro que cometiches e que non sabes como solucionar? Deixa unha mensaxe na páxina de conversa dese artigo, comunícao na Taberna ou coméntallo a outro usuario. Todos cometemos erros, é normal, e sempre estamos dispostos a axudar a quen comeza.

Boa estadía e bo traballo. --Xas (conversa) 5 de agosto de 2013 ás 22:44 (UTC)[responder]

Ola!

Fixen unhas edición na imaxe que subiches do castelo do Carbedo. Deille categorías (imaxes da parroquia de Esperante, e imaxes de castelos da provincia de Lugo), e deille formato ao resumo do contido. Amais incluín as coordenadas do lugar. Podes arranxar as outras imaxes que subiches, dándolles categoría e formato?

Boteille tamén un ollo ao propio artigo do castelo do Carbedo, pero púxenlle o marcador de 'arquitectura en progreso', pois o contido é ben escaso. Poderías pór máis datos? Incluín información nos artigos do lugar (O Carbedo, Esperante, Folgoso do Courel), a parroquia e o concello, así como na Lista de monumentos da provincia de Lugo.

Ánimo co choio, que vas aprendendo moi ben o formato usado na Galipedia. Se tes calquera dúbida, non teñas medo a preguntar.

Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de agosto de 2013 ás 16:00 (UTC)[responder]

Ola! No artigo de Ferramulín faltaba o ".jpg" logo do nome da imaxe; xa está engadido. Lembra que non é o mesmo pór .jpg en minúsculas ca .JPG como puxeches na imaxe do castelo. Tanto ten, pero fíxate para cando inclúas as imaxes en artigos.
Moi boas fotos, por certo; mágoa de tendido eléctrico na do castelo.
Ah! Se che apetece, amais de pór as coordenadas nas fotos, podes incluílas nos artigos de lugares, para poder localizalos no mapa; o modelo usado para os artigos é o mesmo que incluíches no artigo do castelo, pero o das imaxes é diferente (podes copialo na propia foto do castelo)! Un saúdo. --15 de agosto de 2013 ás 19:44 (UTC)
Ola! As imaxes, en principio, adoitan ir categorizadas segundo dous criterios: a parroquia en que foron tomadas, e o que aparece na imaxe; así, categoricei a imaxe do muíño en Categoría:Imaxes de Hórreos, Folgoso do Courel, e Categoría:Imaxes de muíños da provincia de Lugo. Retirei a Categoría:Imaxes do Courel porque creo que se sobreentende que todas as imaxes incluídas en subcategorías de concellos pertencentes ao Courel, son imaxes desa área xeográfica. Saúdos!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 15 de agosto de 2013 ás 22:02 (UTC)[responder]

Datos de poboación de Galicia[editar a fonte]

Ola Desancristovo.

Podes consultar os datos de poboación de concellos, parroquias e lugares de Galicia na páxina do Instituto Galego de Estatística: [1]

Un saúdo e a seguir. --. HombreDHojalata.conversa 22 de agosto de 2013 ás 10:31 (UTC)[responder]

Ola! Non te preocupes, non quedou duplicada; simplemente mandaches unha nova versión da imaxe, pero como é a mesma que a primeira que subiras, quedou igual. Un saúdo! --Estevo(aei)pa o que queiras... 6 de setembro de 2013 ás 17:55 (UTC)[responder]

Ola de novo! Non pasa nada por poñer as dúbidas nas conversas dos artigos se están relacionadas cos contidos dos mesmos, de feito así poden responderche outros usuarios e acceder á conversa as persoas que van mirar o propio artigo. Para saber cales son os criterios á hora de incluír as ligazóns externas, podes botar un ollo a Wikipedia:Ligazóns externas; a que incluíches no artigo do castro de Formigueiros é ben interesante; o único 'pero', é que había que darlle formato á ligazón; axeiteina un pouco. Un saúdo!! --Estevo(aei)pa o que queiras... 7 de setembro de 2013 ás 00:05 (UTC)[responder]