Salgadura (miniserie)
| Salgadura | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
|
Título
| |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Xénero
| |||||||||||
|
Lingua orixinal
| |||||||||||
| Autoría | |||||||||||
|
Director/a
| |||||||||||
|
Guionista
| |||||||||||
|
Actores
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata | |||||||||||
Salgadura (en catalán: Salaó) é unha miniserie histórica galega-catalá dirixida por Jesús Font e producida por Continental Producciones e Dream Team Concept que foi estreada no 2013 a través da TVG en dous episodios. Conta a historia da familia Roig, inspirada na familia Massó, que a finais do século XVIII e comezos do XIX fixo unha sorte de imperio da industria da salgadura galega. Está protagonizada por Luís Iglesia, María Castro, Luis Zahera e Belén Constenla. Foi rodada no Grove.
Sinopse
[editar | editar a fonte]Un mozo catalán é enviado dende Blanes a Galicia para xestionar unha pequena nave de salgadura, seguindo os pasos doutros cataláns que foron ás Rías Baixas na busca da sardiña que escaseaba no Mediterráneo. Joan Roig chega a Galicia enviado por Gallup, un rico catalán que ten unha filla da que Roig está namorado. Roig é un liberal perseguido polo exército que non ten cartos. Gallup dálle un ano para facer que a súa salgadura galega dea beneficios e só despois poderá pedirlle a man da filla.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Joan Carrera como Joan Roig
- Luis Zahera
- Luís Iglesia
- Ricardo de Barreiro
- María Castro
- Belén Constenla
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]| Ano | Categoría | Receptor | Resultado |
|---|---|---|---|
| 2013 | Mellor guión | Miguel Anxo Murado e Carmen Abarca | Nomeados |
| Mellor dirección de produción | Carlos Amoedo | Nomeado | |
| Mellor dirección artística | Marta Villar | Gañadora | |
| Mellor música orixinal | Xavier Font | Nomeado | |
| Mellor son | David Machado, Dani Zacarías e Enric Triviño | Gañadores | |
| Mellor fotografía | Marta Villar | Nomeada | |
| Mellor deseño de vestiario | María Gil e Sonia Segura | Gañadores | |
| Mellor filme de televisión | Continental Producciones, Dream Team Concept, TVG e TV3 | Nomeados |
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Mar libre, miniserie de 2010