La fanciulla del West
La fanciulla del West A moza do Oeste | |
---|---|
Enrico Caruso caricatura dos ensaios para a primeira representación de La fanciulla del West (arquivo da Metropolitan Opera). | |
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Guelfo Civinini e Carlo Zangarini |
Fontes literarias | The Girl of the Golden West, de David Belasco |
Estrea | 10 de decembro de 1910 |
Teatro da estrea | Metropolitan Opera |
Lugar da estrea | Nova York |
Duración | 2 horas |
Música | |
Compositor | Giacomo Puccinicompletada por Franco Alfano |
Localización da partitura | Archivio di Casa Ricordi, Milán |
Personaxes | |
Véxase Personaxes |
La fanciulla del West (en galego A moza do Oeste) é unha ópera en tres actos con música de Giacomo Puccini e libreto en italiano de Guelfo Civinini e Carlo Zangarini sobre a obra do dramaturgo estadounidense David Belasco The Girl of the Golden West. A súa estrea tivo lugar o 10 de decembro de 1910 na Metropolitan Opera de Nova York. Mentres que Puccini a considerou unha das súas grandes obras, La fanciulla del West converteuse nunha das óperas menos populares no repertorio do compositor, obtendo unha recepción mixta no público en xeral.[1][2]
A pesar de que a trama foi fonte de moitas críticas, a meirande parte dos académicos e músicos concordan en denominala un magnum opus, particularmente eloxiando a súa artesanía.[1] O director Arturo Toscanini referiuse á opera como un "gran poema sinfónico".[1]
Historia
[editar | editar a fonte]La fanciulla del West foi a seguinte ópera que compuxo Puccini tras Madama Butterfly (1904), que tamén estaba baseada nunha obra de Belasco. Puccini quería crear óperas que fosen próximas á historia recente ou actual. Mentres que Madama Butterfly narra a historia dunha gueixa e un oficial americano no Xapón de inicios do século XX, La fanciulla del West achega unha páxina da historia americana que algúns espectadores viviran ou da que tiñan novas por parte de familiares próximos e o tema e o escenario estaban presentes na súa memoria. Esta ópera foi un encargo da Metropolitan Opera de Nova York, onde foi estreada o 10 de decembro de 1910 coas estrelas do "Met" Emmy Destinn (no papel de Minnie) e Enrico Caruso (como Dick Johnson), para os que Puccini escribira os papeis principais de Dick Johnson e Minnie. Non obstante, logo de que o compositor vira a Gilda dalla Rizza encarnar a Minnie na Ópera de Montecarlo en 1921 comentou: "Por fin vin a miña verdadeira Fanciulla". Tamén se encontraba entre o elenco encarnando a Jack Rance Pasquale Amato. O director musical do "Met", Arturo Toscanini foi o encargado de dirixir a orquestra.[3] Era a primeira estrea mundial dunha ópera no Met,[4] e inicialmente foi recibido nos Estados Unidos. A ópera tivo éxito logo dunha estrea moi publicitada en 1910.[5] Non obstante, nunca foi tan popular en Europa, agás quizais en Alemaña. Alí gozou dunha estrea triunfal na Deutsche Opernhaus de Berlín en marzo de 1913, baixo a dirección de Ignatz Waghalter.
O 29 de maio de 1911 estreouse na Royal Opera House de Londres, en Melbourne o 11 de xuño no Her Majesty's Theatre; en Roma o 12 de xuño no Teatro Costanzi; e no Teatro Colón de Bos Aires o 25 de xullo.
La fanciulla del West aínda se representa con frecuencia, mais nunca tanto como outras obras do compositor. Esta ópera continúa no repertorio, aínda que non está entre as máis representadas, figurando nas estatísticas de Operabase no posto número 100 das óperas máis representadas no período 2005-2010, sendo a 37ª en Italia e a novena de Puccini con 35 representacións.[6] O "Met" presentou a obra na súa tempada 2010-11 para conmemorar o centenario do aniversario da estrea da obra.[7]
Personaxes
[editar | editar a fonte]Personaxe | Tesitura | Elenco na estrea, 10 de decembro de 1910 Director: Arturo Toscanini |
---|---|---|
Minnie, xove propietaria do bar "The Polka" | soprano | Emmy Destinn |
Jack Rance, Sheriff | barítono | Pasquale Amato |
Dick Johnson, bandido, pseudónimo Ramerrez | tenor | Enrico Caruso |
Nick, empregado de "The Polka" | tenor | Albert Reiss |
Ashby, axente da Wells Fargo | baixo[8] | Adamo Didur |
Sonora, mineiro | barítono | Dinh Gilly |
Trin, mineiro | tenor | Angelo Badà |
Sid, mineiro | barítono | Giulio Rossi |
Handsome, mineiro | barítono | Vincenzo Reschiglian |
Harry, mineiro | tenor | Pietro Audisio |
Joe, mineiro | tenor | Glenn Hall |
Happy, mineiro | barítono | Antonio Pini-Corsi |
Jim Larkens, mineiro | baixo | Bernard Bégué |
Billy Jackrabbit, indio pel vermella | baixo | Georges Bourgeois |
Wowkle, india pel vermella | mezzosoprano | Marie Mattfeld |
Jack Wallace, cantor ambulante | barítono | Andrés de Segurola |
José Castro, bandido | baixo | Edoardo Missiano |
Un xinete do Pony Express | tenor | Lamberto Belleri |
Mineiros e integrantes do campamento mineiro. |
Características
[editar | editar a fonte]La fanciulla del West ten poucos dos aspectos destacados que son característicos das obras de Puccini, mais é admirada pola súa impresionante orquestración e por unha partitura que está melodicamente máis integrada que a súa obra anterior (Madama Butterfly). A ópera denota a influencia de Debussy e do Strauss de Salomé sen chegar a imitalos.[1] Tamén se poden atopar similitudes entre o libreto e a obra de Richard Wagner,[1][9] aínda que algúns o atribúen máis á trama orixinal da obra,[9] e teñen afirmado que a ópera segue a ser esencialmente italiana.[1] Puccini tamén se asegurou a cor local, empregando temas xenuínos do Far-West (a súa ópera é considerada o primeiro Spaghetti Western,[10]) ou, máis xeralmente, as súas imitacións, e facendo un grande uso da escala de tons, para crear atmosferas particulares.
Argumento
[editar | editar a fonte]- Data: 1849 a 1850.
- Lugar: Un campamento mineiro ao pé das Cloudy Mountains en California.[11]
Acto 1
[editar | editar a fonte]No interior do Polka Saloon
Un grupo de mineiros da Febre do Ouro entra no "Polka Saloon" tras un día de traballo na mina ("Hello! Hello! Alla 'Polka'"). Logo dunha canción do trobador ambulante Jake Wallace ("Che faranno i vecchi miei"), un dos mineiros, Jim Larkens, sente nostalxia e os mineiros recollen cartos suficientes para a súa pasaxe de volta ("Jim, perchè piangi?").
Un grupo de mineiros xogando ás cartas descobren que Sid fai trampas e queren atacalo. O sheriff Jack Rance tranquiliza os mineiros e coloca dúas cartas na chaqueta de Sid como sinal de tramposo.
Un axente da Wells Fargo, Ashby, entra e anuncia que está a perseguir o bandido Ramerrez e a súa banda de mexicanos. Rance brinda por Minnie, a moza propietaria do saloon, como a súa futura dona, o que pon celoso a Sonora. Os dous homes comezan a pelexar. Rance saca o seu revólver mais nese intre, soa un disparo e Minnie encóntrase ao lado da barra cun rifle nas súas mans ("Hello, Minnie!"). Ela dá aos mineiros unha lección da Biblia ("Dove eravamo?").
Chega o xinete de Pony Express ("La posta!") e entrega un telegrama para Nina Micheltorena, ofrecendo revelar o acocho de Ramerrez. O sheriff dille a Minnie que a ama, mais ela rexéitao porque está esperando o home axeitado ("Ti voglio bene, Minnie").
Un estraño entra no saloon e pide un whisky con auga. Preséntase como Dick Johnson, de Sacramento, a quen Minnie coñecera anteriormente. Johnson invita a Minnie a bailar con el e ela acepta. Rance míraos enfadado.
Ashby regresa cun membro da banda de Ramerrez (Castro), capturado. Ao ver o seu líder, Johnson, no saloon, Castro acepta guiar a Rance, Ashby e os mineiros na busca de Ramerrez, e o grupo ségueo por un camiño falso no que resulta ser unha busca inútil. Mais antes de que Castro marche, murmúralle ao oído a Johnseon que alguén asubiará e Johnson deberá responder para confirmar que o lugar está limpo. Escóitase un asubío, mais Johnson non responde.
Minnie amósalle a Johnson o barril de ouro que ela e os mineiros se turnan para vixiar pola noite e Johnson asegúralle que o ouro estará a salvo alí. Antes de que marche do saloon, el promete visitala no seu cuarto. Eles confésanse o seu amor. Minnie comeza a chorar, e Johnson consólaa antes de marchar.
Act 2
[editar | editar a fonte]A casa de Minnie, máis tarde ese día
Wowkle, unha serventa nativa americana de Minnie, o seu amante Billy Jackrabbit e o seu bebé están presentes cando entra Minnie, esperando estar listos para a visita de Johnson. Johnson entra na habitación de Minnie e ela cóntalle todo sobre a súa vida. Comeza a nevar. Eles bícanse e Minnie pídelle que se quede con ela ata a mañá seguinte. Nega coñecer a Nina Micheltorena. Johnson agóchase, entra un pelotón buscando a Ramerrez que lle revela a Minnie que Johnson é o propio bandido Ramerrez. Enfadada, ela ordena a Johnson que marche. Trala marcha do bandido, Minnie escoita un disparo e sabe que dispararon a Johnson. Johnson entra ferido e tambaleándose e Minnie axúdao a agocharse no faiado. Rance entra no cuarto de Minnie buscando o bandido e cando está a piques de abandonar a busca de Johnson, cáelle sangue na man. Rance obriga a Johnson a baixar. Minnie faille unha oferta desesperada: se ela lle gaña ao póker, el deberá deixar libre a Johnson; se Rance gaña, ela deberá casar con el. Tras agochar algunhas cartas nas súas medias, Minnie fai trampas e gaña. Rance cumpre o acordo e Minnie lánzase cara a Johnson, que está inconsciente no chan.
Act 3
[editar | editar a fonte]No Gran Bosque de California ao mencer, un tempo despois
Johnson é de novo perseguido por Ashby e os mineiros. Nick e Rance están discutindo e pregúntanse que ve Minnie en Johnson, cando entra Ashby triunfal: Johnson foi capturado. Rance e todos os mineiros queren colgar a Johnson. Johnson acepta a sentenza e só pide aos mineiros que non lle falen a Minnie da súa captura e o seu destino ("Ch'ella mi creda"). Minnie chega, armada cunha pistola, xusto antes da execución e lánzase diante de Johnson para protexelo. Cando Rance tenta continuar, ela convence os mineiros de que lle deben demasiado como para matar o home que ama, e pídelles que o perdoen ("Ah! Ah! E Minnie!"). Un por un, os mineiros vanse rendindo á súa súplica ("E anche tu lo vorrai, Joe"). Rance non está satisfeito, mais finalmente cede. Sonora desata a Johnson e libérao. Os mineiros despídense de Minnie ("Le tue parole sono di Dio"). Minnie e Johnson marchan de California para comezar unha nova vida xuntos.
Orquestración
[editar | editar a fonte]A partitura de Puccini require o uso de:
- Piccolo, 3 frautas, 3 óboes, corno inglés, 3 clarinetes, clarinete baixo, 3 fagots, controfagot
- 4 trompas, 3 trompetas, 3 trombóns, trombón baixo
- Timbais, bombo e pratos, tambor, ferriños, tam tam,
- 2 arpas, celesta, glockenspiel
- Archi
Para tocar na representación:
- Campás tubulares, eolifono, arpa, fonica.
No primeiro acto, a canción do trobador do campo Wallace está acompañada por dúas arpas, unha na orquestra e a outra en escena que debe ter "papel intercalado con secuencias que imitan o banjo".
Ao final do primeiro acto requírese a intervención dunha fonica, instrumento creado polo milanés Romeo Orsi cunha serie de láminas metálicas vibrantes colocadas nunha caixa harmónica que emanan un vibrato especial.
No segundo acto unha treboada de neve é acompañada polo asubío penetrante da máquina de vento (eliofono).
A orquestración desta ópera é particularmente exitosa, e moitos compositores (como Maurice Ravel) empregárona como modelo de estudo para os seus propios alumnos.
Árias célebres
[editar | editar a fonte]- Che faranno i vecchi miei, canción de Jake Wallace (primeiro acto)
- Laggiù nel Soledad, de Minnie (primeiro acto)
- Minnie, dalla mia casa son partito, romanza de Rance (primeiro acto)
- Laggiù nel Soledad, romanza de Minnie (primeiro acto)
- Oh, se sapeste, de Minnie (segundo acto)
- Una parola sola... Or son sei mesi, racconto de Johnson (segundo acto)
- Ch'ella mi creda libero e lontano, romanza de Johnson (terceiro acto)
Gravacións
[editar | editar a fonte]Outras influencias
[editar | editar a fonte]A melodía da canción de Jake Wallace cerca do comezo do primeiro acto deriva de dúas cancións dunha colección de melodías Zuni "gravadas e harmonizadas" polo etnomusicólogo Carlos Troyer, publicada en 1909. Puccini obtivo esta publicación nun esforzo por atopar a auténtica música nativa americana para Wowkle, mais finalmente entregouna a Jake Wallace. (Varios libros sobre Puccini repiten a pretensión de Mosco Carner de que a canción está baseada en "Old Dog Tray" de Stephen Foster; mais non é así)[14]
Unha frase cantada no clímax por Johnson, "Quello che tacete", preto do final do primeiro acto, ten un forte parecido cunha frase similar da canción de Phantom, "The Music of the Night", no musical de Andrew Lloyd Webber (1986) The Phantom of the Opera (A pantasma da ópera). Algúns oíntes teñen citado isto como unha evidencia de que Webber copiou a Puccini. Logo do éxito da Pantasma, os herdeiros de Puccini demandaron a Webber por plaxio, mais o caso foi resolto fóra dos tribunais sen que trascendesen os detalles.[15][16]
A ópera foi levada ao cine como The Girl of the Golden West, nunha versión muda dirixida por Cecil B. DeMille en 1915; en 1923 dirixida por Edwin Carewe; en 1930 dirixida por John Francis Dillon (perdida); e en 1938 por Robert Z. Leonard, aínda que esta última non era unha película da ópera de Puccini, senón da obra orixinal de David Belasco, con cancións de Sigmund Romberg, cantadas por Jeanette MacDonald e Nelson Eddy.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Fisher, Burton D. (2005). Opera Classics Library Series: Puccini's the Girl of the Golden West. Opera Journeys Publishing. p. 22. ISBN 978-0-9771455-9-1.
- ↑ Fairtile, Linda (1998). Giacomo Puccini: A Guide to Research. Volume 1906 of Garland Reference Library of the Humanities, Volume 48 of Garland composer resource manuals. Routledge. p. 168. ISBN 978-0-8153-2033-3.
- ↑ Smith, p. 544
- ↑ Randall & Davis, p. 42
- ↑ Hamilton, p. ?
- ↑ "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 29 de maio de 2013.
- ↑ La fanciulla del West na Metropolitan Opera en 2010/11
- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 198. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ 9,0 9,1 Amesen, Iris J. (2009). The Romantic World of Puccini. McFarland. p. 27. ISBN 978-0-7864-4482-3.
- ↑ Anthony Tommasini (27 de xuño de 2004). New York Times, ed. "The First Spaghetti Western" (en inglés).
- ↑ La fanciulla del West libretto, Franco Colombo, New York, 1847 no Internet Archive
- ↑ Gravacións de La fanciulla en operadis-opera-discography.org.uk
- ↑ "Puccini: La fanciulla del West / Matacic, Nilsson, et al. | ArkivMusic". Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2011. Consultado o 29 de maio de 2013.
- ↑ Atlas, Allan W., "Belasco and Puccini: 'Old Dog Tray' and the Zuni Indians", The Musical Quarterly, Vol. 75, No. 3, Autumn, 1991, pp. 362–398.
- ↑ Ouzounian, Richard, "Aspects of Andrew; Composer Lloyd Webber's name provokes an instant, often negative, response. Showcase of his music at Hummingbird highlights his unparalleled success", Toronto Star, 2 de xaneiro de 2006 da Base de datos de investigación EBSCOHost
- ↑ Daniele Barioni: "Quello che tacete" - La fanciulla del West, en YouTube; o extracto en cuestión.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: La fanciulla del West |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Hamilton, David, ed. (1987). The Metropolitan Opera Encyclopedia. New York: Simon & Schuster. ISBN 0-671-61732-X.
- Randall, Annie Janeiro; Davis, Rosalind Gray (2005). Puccini & the Girl : history and reception of The girl of the golden West. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0226703894. OCLC 55036969.
- Smith, Peter Fox (2004). A Passion for Opera. Trafalgar Square Books. ISBN 1-57076-280-5.
- Holden, Amanda (2001). The New Penguin Opera Guide. Nova York: Penguin Putnam. ISBN 0-14-029312-4.
- Warrack, John; West, Ewan (1992). The Oxford Dictionary of Opera. Nova York: OUP. ISBN 0-19-869164-5.
- Holden, Amanda (ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
- Warrack, John and West, Ewan, The Oxford Dictionary of Opera Nova York: OUP: 1992 ISBN 0-19-869164-5
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Libretto Libreto de La fanciulla del WestArquivado 21 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en italiano) (en ruso)
- fanciulla100.org, sitio web educativo adicado ao centenario da ópera
- The Girl of the Golden West by David Belasco no Proxecto Gutemberg
- "Puccini and New York" Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine., conferencia do profesor Roger Parker sobre a ópera no Gresham College o 11 de xuño de 2007 (con arquivos de video e son dispoñibles para a súa descarga)
- Representación de La fanciulla del West en Kungliga Operan dirixida por Pier Giorgio Morandi (en Youtube)