Saltar ao contido

Fernando García Arenal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaFernando García Arenal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento29 de xuño de 1850
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte1925 Editar o valor en Wikidata (72/73 anos)
Chamartín de la Rosa, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Técnica Superior de Enxeñaría de Camiños, Canales e Portos de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro de camiños Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
NaiConcepción Arenal Editar o valor en Wikidata

BNE: XX840762


Fernando García Arenal,[1] de nome completo Fernando Ángel Augusto García Arenal,[2] nado en Madrid o 29 de xuño de 1850[3] e finado en Chamartín de la Rosa en 1925, foi un enxeñeiro de camiños, canais e portos español de orixe galega. Destacou tanto pola súa carreira profesional como polas súas contribucións educativas e sociais, ocupándose dos problemas sociais das clases máis desfavorecidas.[3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
García Arenal como vicepresidente no Boletín de la Sociedad Española de Historia Natural, 1914.

Foi o máis lonxevo dos fillos de Concepción Arenal Ponte e Fernando García Carrasco, xa que o seu irmán morreu novo na Habana e a irmá non chegou a idade adulta.[4]

Aos trece anos, en 1863 marchou á Coruña coa súa nai, que fora nomeada visitadora de prisións de mulleres, e alí rematou os estudos secundarios. Volveu a Madrid en 1868, cando o goberno provisional de Serrano nomeou a Concepción Arenal Ponte Inspectora de Casas de Corrección de Mujeres, e alí estudou e finalizou, en 1875, após o Sexenio Democrático, a carreira de enxeñeiro de camiños. En 1872, mentres cursaba a carreira, ingresou na acabada de fundar Sociedade Española de Historia Natural.[5]

Desenvolveu a súa carreira en Xixón como enxeñeiro-director da Junta de Obras de Puerto,[6] onde realizou importantes traballos no ámbito da enxeñaría portuaria e estudos costeiros.[3] Alí tamén puxo en marcha proxectos sociais, como o Ateneo Casino Obrero.

En 1889 viviu na cidade de Pontevedra, onde a súa nai Concepción Arenal organizou un faladoiro ao que asistían, entre outros, os enxeñeiros Alejandro Cerdá e José Domínguez, e o catedrático Ernesto Caballero. En abril de 1890 trasladouse a Vigo coa súa nai, e puxo en marcha proxectos no porto de Vigo, como a ponte de ferro para o tráfico comercial . Dotou ao porto dun conxunto de obras complementarias en terra das que carecía (guindastres, almacéns, vías de circulación), concluíu o ramal do ferrocarril a Ourense e construíu a primeira estación de pasaxeiros dotada cos servizos fundamentais; edificou tamén as ramplas do Areal, a dársena do Berbés e os diques de abrigo, así como o peirao que a unía a esta co porto de pasaxeiros da Laxe. Proxectou o futuro porto de Bouzas e deixou licitadas as obras (en máis de 3 millóns de pesetas) do que sería o futuro porto transversal.[5][7]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Ernestina Winter Blanco, irmá de Ernesto Winter,[8] e tiveron varios fillos, incluíndo a Concepción García-Arenal Winter, nai do enxeñeiro Federico Cantero Villamil quen proxectou o tren Ourense-Zamora, e inventor do helicóptero Libélula Viblandi.[9]

  1. O seu primeiro apelido é escrito sen acento gráfico no Álbum da Ciencia do Consello da Cultura Galega, na biografía escrita por Francisco Díaz-Fierros Viqueira. Os descendentes de Fernando Garcia Arenal conservaron os seus dous apelidos unidos como García-Arenal.
  2. "Fernando Angel Augusto García Arenal". geni_family_tree (en inglés). 1851-06-07. Consultado o 2024-01-05. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Fernando García Arenal". dbe.rah.es ; Real Academia de la Historia. Consultado o 2024-01-05. 
  4. "Cronología de Concepción Arenal: pág. 1 - Concepción Arenal". Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 2024-01-05. 
  5. 5,0 5,1 "Fernando Garcia Arenal no Álbum da ciencia". consellodacultura.org. Consultado o 2024-01-05. 
  6. "Fernando García Arenal". dbe.rah.es; Real Academia de la Historia (en castelán). Consultado o 2024-01-05. 
  7. Revista de Obras Públicas (1909), números 1752 e 1753.
  8. Genealoxía de Concepción García-Arenal Winter - Geni.com
  9. "Concepción García-Arenal Winter". geni_family_tree (en inglés). 1880. Consultado o 2024-01-05. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]