La España Moderna foi unha revista cultural editada na cidade española de Madrid que comezou a súa andaina o 1 de xaneiro de 1889 e rematou en decembro de 1914.[1]
A revista foi publicada de 1889 a 1914 pola editorial do mesmo nome, sendo propietario e fundador de ámbalas dúas José Lázaro Galdiano.[2] A súa posta en marcha foi avalada por Emilia Pardo Bazán,[3] quen axudou a Lázaro Galdiano a lanzar e promover a revista e buscar colaboradores nos inicios desta.[4]
Tivo varios subtítulos como "Revista Íbero-americana", a partir do número 7, ou tamén "Revista de España" dende o 1 de xaneiro de 1894.[1]
Foi cualificada por varios autores como unha especie de versión española da revista francesa Revue deas deux mondes.[5][6][7] Actuou como unha plataforma publicitaria da propia editorial, pois contiña a miúdo comentarios de libros e novidades publicadas por esta.[8]
Asún Escartín, Raquel (1981-1982). "La editorial "La España Moderna". Archivum: Revista de la Facultad de Filología(en castelán)XXXI (31-32): 133–200. ISSN0570-7218.
Ayala, María de los Ángeles; Ramos Altamira, Javier (2012). Rafael Altamira, José Lázaro Galdiano y la España Moderna, 1889-1905(en castelán). Alacant: Universidad de Alicante. ISBN9788497172042.
Camoira Vega, César (2000). "Presenza galega nalgunhas publicacións de Madrid e Catalunya". Lucensia(en castelán)XXXI (61): 15–32. ISSN1130-6831.
Davies, Rhian (2012). ""La cuestión femenina" and "La España Moderna" (1889-1914)". Bulletin of Spanish Studies: Hispanic Studies and Research on Spain, Portugal and Latin America(en inglés)1 (89): 61–85. ISSN1475-3820. doi:10.1080/14753820.2012.646811.
Thion Soriano-Mollá, Dolores (2010). "Un agente intercultural avant la lettre: José Lázaro Galdiano". En Giné, Marta; Hibb, Solange. Traducción y cultura: la literatura traducida en la prensa hispánica (1868-98)(en castelán). Berna: Peter Lang. pp.107–124. ISBN9783034303668.