Saúde
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
Saúde é definida pola Constitución de 1996 da Organización Mundial da Saúde coma o estado de completo benestar físico, mental e social, e non soamente a ausencia de afeccións ou enfermidades [1]. Tamén pode definirse coma o nivel de eficacia funcional e/ou metabólica dun organismo tanto a nivel micro (celular) coma no macro (social).
..."A saúde mídese polo shock que unha persoa poida recibir sen comprometer o seu sistema de vida. Así, o sistema de vida convértese en criterio de saúde. "Unha persoa sa é aquela que pode vivir os seus soños non confesados plenamente"... Moshé Feldenkrais
Definición
[editar | editar a fonte]A saúde é un estado de completo benestar físico, mental e social, non só a ausencia de enfermidade ou doenza, segundo a definición presentada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) na súa constitución aprobada en 1948.[2] Na saúde, como na enfermidade, existen diversos graos de afectación e non debería ser tratada como unha variable dicotómica. Así, reformularíase a definición da seguinte maneira:
A saúde é un estado de benestar físico, mental e social, con capacidade de funcionamento, e non só a ausencia de afeccións ou enfermidades.
Tamén pode definirse como o nivel de eficacia funcional ou metabólica dun organismo tanto a nivel micro (celular) como a nivel macro (social).[3]
Non obstante, o concepto de saúde ("boa saúde") é subxectivo. Moitas persoas afixéronse a vivir cun estado de mala saúde crónica como se fose normal, influenciadas polo ambiente social ou familiar, as súas vivencias persoais que lle imposibilitan contrastar cunha situación de boa saúde e, en ocasións, a falta de apoio ou solucións por parte dos profesionais da saúde, entre outras razóns.[4][5][6][7]
Factores que inflúen na saúde
[editar | editar a fonte]Segundo a noticia de LaLonde, do ano 1974 realizado no Canadá, existen catro determinantes xerais que inflúen na saúde, ós cales chamou “bioloxía humana”, “ambiente”, “forma de vida” e a “organización do coidado da saúde” [8]. Deste xeito, a saúde é mantida pola ciencia e a práctica de medicina, pero tamén polo esforzo propio.
Exercicio, unha dieta saudable, manexar o estrés, deixar de fumar e de abusar doutras substancias nocivas, entre outras medidas, son pasos para mellorar a saúde.
Exercicio
[editar | editar a fonte]O exercicio físico é o funcionamento dalgunha actividade para desenvolver ou manter unha boa saúde física e total. Acotío é dirixido cara á afiliación da capacidade atlética ou a habilidade. O exercicio físico frecuente e regular físico é un compoñente importante na prevención dalgunhas enfermidades coma problemas cardíaco, enfermidades cardiovasculares, Diabetes mellitus tipo 2, sobrepeso ou dores das costas, entre outras.
Nutrición
[editar | editar a fonte]A nutrición é unha ciencia que estuda a relación entre a dieta, os estados da saúde e a enfermidade. Os dietéticos son os profesionais de saúde que se especializan neste campo. Son tamén os únicos profesionais de saúde altamente adestrados capaces de proporcionar consellos e intervencións dietéticas seguras.
Entre os extremos de saúde óptima e morte por fame ou desnutrición, hai unha variedade de enfermidades que poden ser causadas ou aliviadas por cambios na dieta. As carencias, excesos e desequilibrios na dieta poden producir impactos negativos sobre a saúde, que pode conducir a enfermidades coma o escorbuto, obesidade ou osteoporose, así coma problemas condutuais e psicolóxicos. Ademais, a inxestión excesiva de elementos que non teñen ningún papel evidente na saúde (exemplo chumbo, mercurio, dioxinas entre outros) poden incorrer en efectos tóxicos e potencialmente mortais, dependendo da dose.
A ciencia de nutrición intenta entender como e por que aspectos específicos dietéticos inflúen na saúde.
Saúde mental
[editar | editar a fonte]A saúde mental é un concepto que se refire ó benestar emocional e psicolóxico do individuo. Merriam-Webster define saúde mental como: “estado do benestar emocional e psicolóxico no cal un individuo poida utilizar as súas capacidades cognitivas e emocionais, funcionar en sociedade, e resolver as demandas ordinarias da vida diaria.”
Segundo a OMS, non hai unha definición oficial de saúde mental. As diferenzas culturais, avaliacións subxectivas, e a competición de teorías profesionais, fan difícil definir "a saúde mental". En xeral, a maior parte de expertos conveñen que esta e as enfermidades mentais non son contrarios. Noutras palabras, a ausencia dunha desorde mental recoñecida non é necesariamente un indicador de boa saúde mental.
Hábitos prexudiciais para a saúde
[editar | editar a fonte]Son todas aquelas actividades que presentan consecuencias nocivas e perigosas para a nosa saúde. As máis relevantes son:
- El sedentarismo. Consiste na inexistencia de actividade física, acción que agrava as enfermidades, principalmente as físicas. Xorde nas sociedades modernas debido ao gran número de horas dedicado ao traballo e á televisión. Pode provocar obesidade, colesterol en exceso, estrés, falta de comunicación etc.
- As posturas corporais incorrectas. É outro factor condicionante do noso benestar. Por exemplo, sentar sen manter o lombo recto pode provocar enfermidades coma a escoliose asimétrica.
- As drogas. Son un dos elementos que prexudican de forma máis rápida e grave nosa saúde e que, ademais, xeran dependencia, desde o tabaco ou o alcohol ata as chamadas drogas de deseño. Provocan graves alteracións no organismo.
- O tabaco. Tamén é unha droga, aínda que se considera legal. O tabaco diminúe a capacidade pulmonar e provoca grandes enfermidades respiratorias. Ademais, aumenta doce veces o risco de sufrir cancro de pulmón, duplica o risco de sufrir un infarto, dificulta a curación das infeccións respiratorias, provoca ansiedade pola dependencia da nicotina e diminúe a resistencia física.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ WHO. Constitución da Organización mundial da saúde , Xénova, 1946. Accesado o 6 de xuño de 2007.
- ↑ Constitución da Organización Mundial da Saúde, aprobada na Conferencia Internacional de Saúde de 1946, e que entrou en vigor o 7 de abril de 1948
- ↑ "Definición de Salud". Consultado o 24 de xullo de 2016.
- ↑ Institute of Medicine (US) Committee on Health and Behavior: Research, Practice, and Policy. Washington (DC): National Academies Press (US). The National Academies Collection: Reports funded by National Institutes of Health. (2001). Health and Behavior: The Interplay of Biological, Behavioral, and Societal Influences. 5. Individuals and Families: Models and Interventions. PMID 20669491.
- ↑ Taylor, D; Bury, M. (xaneiro de 2007). "Chronic illness, expert patients and care transition". Sociol Health Illn (Revisión) 29 (1): 27–45. PMID 17286704. doi:10.1111/j.1467-9566.2007.00516.x.
- ↑ Wells, JL; Dumbrell, AC (2006). "Nutrition and aging: assessment and treatment of compromised nutritional status in frail elderly patients". Clin Interv Aging 1 (1): 67–79. PMC 2682454. PMID 18047259.
- ↑ Morden, A; Jinks, C; Ong, BN (febreiro de 2012). "Rethinking 'risk' and self-management for chronic illness". Soc Theory Health 10 (1): 78–99. PMC 3500834. PMID 23226974.
- ↑ Lalonde, Marc. "A New Perspective on the Health of Canadians." Unha Nova perspectiva da saúde dos canadenses Arquivado 29 de xuño de 2007 en Wayback Machine. Ottawa: Minister of Supply and Services; 1974.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Saúde |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de Salud |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Portal de la Organización Mundial da Saúde
- www.e-salud.gob.mx, Portal de Saúde, información, consellos
- wwww.buenasalud.com
- Ministerio de Saúde Chile
- Portal de Saúde Mental Arquivado 27 de xullo de 2007 en Wayback Machine.
- Bioética, Xustiza e Saúde
- www.informarseessalud.org, Portal Multimedia sobre a Saúde