África López Souto
Saltar ata a navegación
Saltar á procura
África López Souto | |
---|---|
Nacemento | 1966 |
A Coruña | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | filósofa e profesora |
[ editar datos en Wikidata ] | |
África López Souto, nada na Coruña en 1966, é unha filósofa e profesora galega.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Doutorouse en Filosofía en 1999 coa tese O individuo na filosofía de Michel Foucault. Foi profesora de Filosofía nos institutos de Pontevedra, Marín, Padrón, Carballo[1] e A Coruña. Actualmente é profesora no IES Urbano Lugrís da Coruña. Fixo a revisión temático-filosófica da tradución ao galego de O segundo sexo, de Simone de Beauvoir Colabora na revista Ágora. É membro da sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega.
Obras[editar | editar a fonte]
- Concepción Arenal (2004). Baía Edicións.[2]
- Simone de Beauvoir (2008) Baía Edicións.[3]
- Mulleres que (nos) dan que pensar (2019). Editorial Galaxia.[4]
- "As caras ocultas da educación das mulleres" (2020). En Grial, 228, tomo LVIII. pp. 150-153.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ La Voz de Galicia, Carballo, 23-1-2015, p. l8.
- ↑ Concepción Arenal na páxina web da editorial.
- ↑ Simone de Beauvoir na páxina web da editorial.
- ↑ Mulleres que (nos) dan que pensar na páxina web da editorial.