Saltar ao contido

Blanca Portillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBlanca Portillo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xuño de 1963 Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Madrid Editar o valor en Wikidata
EducaciónReal Escola Superior de Arte Dramática Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro, actriz de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1984 Editar o valor en Wikidata -
Premios

IMDB: nm0692391 Allocine: 139981 Allmovie: p470179
Twitter: bpmdv Instagram: portimarti BNE: XX1603491 Editar o valor en Wikidata

Blanca Portillo Martínez de Velasco, nada en Madrid o 15 de xuño de 1963, é unha actriz, produtora e directora española.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid, cidade na que empezou a apuntarse a pequenas producións de teatro afeccionado. Para realizar o seu desexo de converterse en actriz, matriculouse na RESAD, onde se graduou en Arte Dramática. Co título na man consegue papeis en funcións como Bodas de sangre (1984), El mal de la juventud (1985), Lope de Aguirre, traidor (1988), Marat-Sade (1992) ou Las troyanas (1993). Destacou o seu dobre papel de Cuento de invierno (1992), na que encarnou unha raíña que morría de pena tras verse acusada inxustamente de adulterio e a filla desta, que vivira durante anos créndose unha campesiña e que lograba restablecer a harmonía na terra.

En 1994 protagonizou con Joaquín Kremel a obra de David Mamet, Oleanna, na que interpretaba unha estudante que reclamaba unha maior nota ao seu profesor. Debutou no cinema en Entre rojas, ao que se sumou El color de las nubes, no que encarnou unha nai divorciada que desatendía o seu fillo e que lle valeu a candidatura ao Goya á mellor actriz revelación.

En 1997 iniciou a súa carreira como directora teatral Hay amores que hablan. Pouco despois foi fichada para a serie de televisión 7 vidas, onde interpretou a Carlota. En 2004 decidiu abandonar a serie para emprender un proxecto teatral na Arxentina titulado La hija del aire, baseada nun texto de Calderón de la Barca. Ao regresar a España levou a escena a obra en Madrid e pouco despois interpretou un home no filme Alatriste, baseada na novela de Arturo Pérez-Reverte.

A finais de 2010 asumiu o cargo de directora do Festival de Mérida.

En 2012 rodou entre Galicia e Cataluña Concepción Arenal, a visitadora de cárceres, dirixida por Laura Mañá, na que interpretou a protagonista, pola que foi candidata ao premio Mestre Mateo.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
AnoFilmeDirector
2011La chispa de la vidaÁlex de la Iglesia
2009Los abrazos rotosPedro Almodóvar
2007Siete mesas de billar francésGracia Querejeta
2006AlatristeAgustín Díaz Yanes
2006VolverPedro Almodóvar
2006Goya's GhostsMiloš Forman
2005Elsa y FredMarcos Carnevale
2001Sólo míaJavier Balaguer
1997El color de las nubesMario Camus
1996El perro del hortelanoPilar Miró

Televisión

[editar | editar a fonte]

Galardóns e nomeamentos

[editar | editar a fonte]
AnoCategoríaFilmeResultado
2012Mellor actrizConcepción Arenal, a visitadora de cárceresNomeada

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]