Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos
Colección Numismática Nacional dos EEUU National Numismatic Collection | |
---|---|
País | Estados Unidos de América |
Na rede | |
http://americanhistory.si.edu/collections/numismatics/ | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
A Colección Numismática Nacional é un gabinete de moedas e medallas de titularidade pública dos Estados Unidos, que forma parte da parte do Museo Nacional de Historia Americana, do Instituto Smithsoniano.[1][2]
Fondos e exposición
[editar | editar a fonte]Trátase dunha das coleccións numismáticas máis grandes do mundo e abrangue non só moedas e medallas senón tamén billetes, probas numismáticas, documentos e outros elementos relacionados. Ten un fondo de arredor de 1.600.000 obxectos, entre eles 450.000 moedas, medallas e condecoracións, e 1.100.000 exemplares de billetes.[1][2]
Uns 26.000 obxectos dos que compoñen a colección foron doados á Colección Numismática Nacional o 16 de xaneiro de 1978 polo banco Chase Manhattan, logo da clausura do museo numismático desta institución bancaria (Chase Manhattan Money Museum) en 1977.[3][4]
Ata 2004, a exposición na que se integraba a colección era a única sobrevivente da disposición orixinaria do Museo Nacional de Historia Americana de 1964. A finais de 2004, aquela exposición foi clausurada e a colección regresou ás cámaras acoirazadas do Instituto Smithsoniano. Hoxe só se amosan ao público unhas poucas decenas das súas pezas máis representativas.[5]
Pezas máis salientables
[editar | editar a fonte]Entre as pezas que forman parte da colección cómpre destacar as seguintes:
- Unha moeda española de ouro de 20 excelentes dos Reis Católicos.
- Medio dobrón (half doubloon) neoiorquino de 1787, cuñado por Ephraim Brasher.
- O dólar Continental de 1776.
- As tres variantes coñecidas do dólar de 1804.
- Moeda de ouro estadounidense de 20 dólares Liberty Head de 1849.
- As dúas probas numismáticas de moedas ouro de 50 dólares de 1877.
- A serie completa das nove probas numismáticas de moedas de 5 centavos cuñada entre 1909 e 1910, coñecida como Washington nickels.
- Un exemplar dos rarísimos 5 centavos de 1913 (Liberty Head nickel).
- Dous exemplares da moeda de ouro de 20 dólares Saint-Gaudens de 1933.
- Proba numismática dunha moeda dun céntimo de dólar de 1974 cuñada en aluminio.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Deseño do reverso dunha moeda de 20 dólares.
-
Anverso do dólar de 1804.
-
Anverso dos 20 dólares de 1849.
-
Anverso da proba de 50 dólares de 1877.
-
O Brasher doubloon exposto no museo.
-
Billete estadounidense dun dólar de 1880.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The National Numismatic Collection". National Museum of American History.
- ↑ 2,0 2,1 "National Numismatic Collection". The Smithsonian Institution.
- ↑ "Chase Manhattan Bank Money Museum". American Numismatic Society.
- ↑ "Chase Manhattan Money Museum History". En E-Sylum. Vol. 7. Nº 31. Agosto de 2004.
- ↑ "Galleries and Exhibitions". The National Numismatic Collection.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colección Numismática Nacional dos Estados Unidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Clain-Stefanelli, Elvira. (1986). “Donors and Donations: The Smithsonian’s National Numismatic Collection”. En Needleman, S. B. Perspectives in Numismatics: Studies Presented to the Chicago Coin Club. Chicago. Ares. Páxinas. 251-268. ISBN 9780890054383
- Clain-Stefanelli, Vladimir. (1968). History of the National Numismatic Collections. Washington. Smithsonian Institution.