Castelán hondureño
Aparencia
Castelán hondureño | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español hondureño | |
Falado en: | Honduras | |
Total de falantes: | 9 millóns (2018)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán hondureño | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Honduras | |
Regulado por: | Academia Hondureña da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O castelán hondureño é a variedade do castelán falado en Honduras, en América Central, e nas rexións fronteirizas con Guatemala, O Salvador e Nicaragua. O castelán hondureño encádrase dentro do conxunto coñecido xenericamente como castelán centroamericano.
Pronomes singulares en segunda persoa
[editar | editar a fonte]En Honduras existen dous pronomes singulares en segunda persoa: "usted" e "vos".
- "Usted" é o pronome en segunda persoa do singular que se emprega en situacións formais e informais en Honduras. Algúns usan o "usted" para dirixirse a tódalas persoas e tales falantes diríxense aos nenos pequenos tamén con "usted." Tamén se adoita empregar entre estraños, autoridades, adultos maiores e outras formalidades. O "usted" é unha forma importante de respecto para os hondureños sen ter en conta a clase socio-económica. O seu uso reflicte o valor cultural que se lle outorga a "usted" como pronome de máis importancia da oralidade hondureña. En situacións onde hai persoas de diferente status social, a persoa menor refírese á mayor de "usted" mentres que o maior vosea, tutea, ou reciproca o "ustedeo" coa persoa menor.
- "Vos" é o pronome de segunda persoa do singular que se emprega entre familiares e amizades. O voseo é máis empregado para persoas da mesma posición académica ou laboral. Algúns adultos empregan "vos" para dirixirse aos nenos ou mozos e para formar unha distinción de xeración, mais outros adultos diríxense a todos sen ter en conta a idade ou status con "usted". As novas xeracións de hondureños adoitan ser máis flexibles no emprego do voseo. En familias de orixe hondureña no estranxeiro e dentro de Honduras, adóitase ver o voseo en relación as persoas maiores, particularmente aos pais. É o máis usado e preferido por todo o país, e o uso do pronome "vos" é parte da norma culta.[2] En publicidade, comunicación académica e comercial prefírese o uso de "tú".
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Instituto Cervantes, El Español: Una Lengua Viva (2018), «1. El Español en Cifras», pp. 6-7
- ↑ Voseo, Diccionario panhispánico de dudas, Real Academia Española, Primeira edición (outubro de 2005)