Campionato de Velocidade da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campionato de Velocidade da Coruña
Fundación1980
RexiónA Coruña
CopaGalicia Campionato de Galicia de Montaña
Máis laureadoGalicia Camba (3)
OrganizadorEscudería La Coruña

O Campionato de Velocidade da Coruña foi un campionato automobilístico celebrado entre 1980 e 1984 na Grela, no concello da Coruña. Cada edición do campionato estaba formado por varias carreiras de montaña, denominadas cada unha delas como Subida á Grela, e que eran puntuables para o Campionato de Galicia de Montaña.

Historia[editar | editar a fonte]

A primeira edición comezou en xullo de 1980, organizada pola Escudería La Coruña, e constou de tres subidas, contando as tres para o Campionato de Galicia de Montaña.[1] O pontevedrés Alberto González "Camba" foi o vencedor, despois de lograr tres vitorias nas tres subidas.[2] O dominio de Camba continuou ao ano seguinte, no que gañou de novo as tres carreiras e o campionato.[3]

En 1982 Manuel Neira conseguiu gañar o campionato grazas á súa regularidade. Obtivo un segundo posto, un cuarto e logrou a vitoria na segunda carreira, aproveitando un erro de Camba que lle fixo perder moitas posicións, tendo que conformarse este co subcampionato final, a pesar de gañar as outras dúas carreiras.[4] En 1983 o formato do campionato variou, pasando a disputarse as tres subidas na mesma fin de semana. O vencedor volveu ser Camba, logo de gañar dúas das tres carreiras.[5]

En 1984 disputouse a última edición do campionato, onde Neira conseguiu a vitoria nas tres probas e o seu segundo triunfo absoluto, despois de que Camba sufrise problemas mecánicos e tivese que retirarse.[6]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Ano Nome Vencedor Vehículo
1980 I Campionato de Velocidade da Coruña Galicia Camba Selex 2000
1981 II Campionato de Velocidade da Coruña Galicia Camba Selex 2000
1982 III Campionato de Velocidade da Coruña Galicia Manuel Neira Martini 1800
1983 IV Campionato de Velocidade da Coruña Galicia Camba Selex 2000
1984 V Campionato de Velocidade da Coruña Galicia Manuel Neira Martini

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Estévez, E. (10 de xullo de 1980). "I Campeonato de Velocidad de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). p. 45. 
  2. Estévez, E. (23 de setembro de 1980). "González Camba conquistó el I Campeonato de Velocidad". La Voz de Galicia (en castelán). p. 36. 
  3. "González Camba ganó el campeonato de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 22 de setembro de 1981. p. 38. 
  4. "Neira ganó el III Campeonato de Velocidad de Automovilismo". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de agosto de 1982. p. 28. 
  5. "Camba, ganador absoluto del campeonato de La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de agosto de 1983. p. 27. 
  6. "Manuel Neira, vencedor absoluto del Campeonato de La Coruña de velocidad". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de agosto de 1984. p. 24.