Francisco Romero Robledo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Romero Robledo»)
Francisco Romero Robledo
Nacemento8 de marzo de 1838
Lugar de nacementoAntequera
Falecemento3 de marzo de 1906
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
Na rede
Galiciana: 14283
editar datos en Wikidata ]
Francisco Romero Robledo, 1904. Óleo sobre lenzo de Ignacio Pinazo Camarlench. Conservado no Congreso dos Deputados.

Francisco Romero Robledo, nado en Antequera o 8 de marzo de 1838 e finado en Madrid o 3 de marzo de 1906, foi un avogado e político español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Dereito en 1862, nese mesmo ano obtivo a súa primeira acta de deputado pola Unión Liberal representando a Málaga mantendo este escano ata 1866. Participou activamente na Revolución de 1868 que destronou a Isabel II formando parte da Xunta revolucionaria de Madrid. Pasou a militar no Partido Constitucional de Sagasta co que concorreu, obtendo escano pola circunscrición de Málaga, nas eleccións de 1869 a 1872 e chegou a ser nomeado subsecretario de Gobernación en 1871 e ministro de Fomento entre o 20 de febreiro e o 26 de maio de 1872.

Coa proclamación, en 1873, da I República, volveu ser elixido deputado nesta ocasión por León e situouse entre os detractores do réxime republicano, acercándose politicamente a Cánovas e á súa idea de lograr a restauración borbónica. Lograda esta, continuou sendo elixido deputado ata as eleccións de 1898, e foi ministro de Gobernación en tres ocasións: entre o 31 de decembro de 1874 e o 7 de marzo de 1879 nos gobernos que presidiron sucesivamente Cánovas e Soler; entre o 9 de decembro de 1879 e o 8 de febreiro de 1881 e entre o 18 de xaneiro de 1884 e o 13 de xullo de 1885 en gabinetes tamén presididos por Antonio Cánovas.

A cesión do poder aos liberais que se acordou entre Sagasta e Cánovas no Pacto do Pardo logo da morte de Afonso XII, provocou a súa ruptura con Cánovas e o achegamento ao xeneral José López Domínguez con quen formou en 1886 o Partido Liberal-Reformista, pero retornou ás filas do Partido Conservador en 1890, iniciando unha nova etapa na que ocupou as carteiras ministeriais de Ultramar, entre o 23 de novembro de 1891 e o 11 de decembro de 1892, e de Graza e Xustiza, entre o 23 de marzo e o 14 de decembro de 1895, en ambos casos baixo a presidencia de Cánovas.

Á morte de Cánovas en 1897 foi incapaz de facerse co liderado do partido polo que creou a súa propia facción, coñecida como "romerista", chegando a presidir o Congreso entre 1903 e 1905, período no que tivo que facer fronte ata a tres votos de censura.

Predecesor:
Alejandro Groizard Gómez de la Serna
Ministro de Fomento
1872
Sucesor:
Víctor Balaguer Cirera
Predecesor:
Manuel Ruiz Zorrilla
Francisco Silvela
Segismundo Moret
Ministro de Gobernación
1874 - 1879
1879 - 1881
1884 - 1885
Sucesor:
Francisco de Borja Queipo de Llano
Venancio González Fernández
Raimundo Fernández Villaverde
Predecesor:
Antonio María Fabié
Ministro de Ultramar
1891 - 1892
Sucesor:
Antonio Maura
Predecesor:
Antonio Maura
Ministro de Graza e Xustiza
1895
Sucesor:
Manuel Aguirre de Tejada

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]