Antonio Aguilar Correa
Antonio Aguilar Correa | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Antonio Aguilar y Correa |
Nacemento | 30 de xuño de 1824 |
Lugar de nacemento | Madrid e Córdoba |
Falecemento | 13 de xuño de 1908 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | diplomático e político |
Cónxuxe | Zenobia Vinyals |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro e Ordem Suprema de Cristo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Antonio Aguilar Correa, Marqués de la Vega de Armijo, nado en Madrid o 30 de xuño de 1824[1] e finado na mesma cidade o 13 de xuño de 1908, foi un político español, Presidente do Goberno de España entre 1906 e 1907.
Foi Grande de España, Marqués de la Vega de Armijo dende 1847, Marqués de Atos, Conde de la Bobadilla e vizconde de Pegullal. Tamén foi cabaleiro do Vélaro de Ouro e da Orde Pontificia de Cristo.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou aos 30 anos unha dilatada carreira política que o levaría a exercer destacados cargos públicos durante máis de medio século. Foi elixido deputado por vez primeira en novembro de 1854 pola circunscrición de Córdoba, cando, durante o Bienio Progresista, se celebraran comicios para formar Cortes Constituíntes. Militou na Unión Liberal fundada por Leopoldo O'Donnell, de quen se converteu moi logo en seguidor e quen, a súa vez, nomeouno gobernador civil de Madrid (1858) e varias veces ministro nos seus segundo e terceiro gabinete: foi deste xeito ministro de Fomento entre 1861 e 1863, de Gobernación desde xaneiro de 1861 ata 1863 e, de novo, desempeñou o cargo de ministro de Fomento entre 1865 e 1866.
Falecido O'Donnell en 1867, Vega de Armijo pasou as filas políticas do xeneral Francisco Serrano Domínguez, co que participou na preparación da Revolución de 1868, que destronou a Isabel II, iniciando o Sexenio Democrático. Embaixador en Francia en 1874, desde o comezo da Restauración militou en grupos que conformaron o Partido Liberal, que lideraba Práxedes Mateo Sagasta. Este nomeouno tres veces ministro de Estado (máximo responsable da diplomacia española): entre 1881 e 1883, desde 1888 ata 1890 e entre 1892 e 1893. A máis, foi Presidente do Congreso en 1898, 1899, desde 1901 ata 1903, e, por último, en 1905.
Durante o reinado de Afonso XIII foi presidente do goberno a partir do 4 de decembro de 1906, entre dous gabinetes liderados respectivamente por Segismundo Moret e por Antonio Maura. A súa breve xefatura gobernamental - apenas un mes, ata o 25 de xaneiro do 1907 - limitouse a aprobar os orzamentos xerais para 1907. No ano seguinte Aguilar faleceu.
O Marqués de la Vega de Armijo presidiu as reais academias da Historia, e máis a de Ciencias Morales e Políticas.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Martínez, María Lara (2007). El reinado de Isabel II a través de sus protagonistas. Madrid: Liceus, Servicios de Comunicación y Gestión. p. 3. ISBN 84-9822-592-2.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antonio Aguilar Correa ![]() |
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Ficha no Congreso dos DeputadosArquivado 16 de outubro de 2019 en Wayback Machine.
Predecesor: Segismundo Moret |
Presidente do Goberno de España 1906 - 1907 |
Sucesor: Antonio Maura |
Predecesor: Alejandro Pidal y Mon |
Presidente do Congreso dos Deputados 1894-1895 |
Sucesor: Alejandro Pidal y Mon |
Predecesor: Alejandro Pidal y Mon |
Presidente do Congreso dos Deputados 1899-1900 |
Sucesor: Alejandro Pidal y Mon |
Predecesor: Raimundo Fernández Villaverde |
Presidente do Congreso dos Deputados 1901-1901 |
Sucesor: Segismundo Moret y Prendergast |