Práxedes Mateo Sagasta
Práxedes Mateo Sagasta | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Práxedes Mariano Mateo Sagasta y Escolar |
Nacemento | 21 de xullo de 1825 |
Lugar de nacemento | Torrecilla en Cameros |
Falecemento | 5 de xaneiro de 1903 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Soterrado | Panteón de homes ilustres |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Politécnica de Madrid |
Ocupación | político, enxeñeiro e enxeñeiro civil |
Pai | Clemente Mateo-Sagasta y Díaz Antoniana |
Nai | Valentina Esperanza Escolar Saenz del Prado |
Cónxuxe | Ángela Vidal Herrero |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Ordem dos Santos Maurício e Lázaro, Lexión de Honra, Grã-Cruz da Ordem da Torre e Espada, Ordem de Nossa Senhora da Conceição de Vila Viçosa, Ordem Equestre do Santo Sepulcro de Jerusalém e Gran Cruz da Orden de Carlos lll |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Práxedes Mateo Sagasta Escolar, nado en Torrecilla en Cameros (A Rioxa) o 21 de xullo de 1825 e finado en Madrid o 5 de xaneiro de 1903, foi un político español e destacado orador polo seu talento retórico e valores fortes. Foi presidente do Consello de ministros (1871-1872) e presidente do Goberno Español (1874-1874), (1881-1883), (1892-1895), (1897-1899) e (1902-1902).
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Durante a mocidade sostivo ideas revolucionarias para a súa época pero evolucionou cara ó liberalismo democrático. Estudou a carreira de enxeñeiro de camiños pero nunca exerceu como tal pois adicouse ó xornalismo e á política.
Militou no Partido Progresista mentres estudaba na Escola de Enxeñería de Madrid, onde foi o único da escola que refusou asinar unha carta de apoio á raíña Sabela II en 1848. Rematados os estudos, xogou un activo papel na vida política española participando na política da restauración dentro do Partido Liberal Fusionista, fundado por el mesmo en abril de 1880.[1]
Sagasta foi membro das Cortes entre 1854 e 1857 e entre 1858 e 1863. En 1866 exiliouse a Francia tras un golpe de estado infrutuoso. Volveu a España en 1868, incorporándose ó goberno provisorio que asumiu o poder tralo destronamento de Sabela II.
Entre 1871 e 1902 foi varias veces presidente do goberno dentro da alternancia de poder pactada con Cánovas del Castillo. Desenvolveu nos seus varios mandatos medidas avanzadas entre as que destaca a reimplantación definitiva do sufraxio universal (exclusivamente masculino) en 1880.
O asasinato de Cánovas en 1897 volveuno ó poder. Na guerra cos Estados Unidos polas colonias de ultramar decidiu intervir militarmente a pesar de que era consciente da completa supremacía norteamericana. O tratado de París de 1898 significou a perda dos últimos restos do imperio colonial español. A opinión pública fíxoo responsable da desfeita coñecida popularmente como "Desastre do 98".
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Vidal Manzanares, Gustavo (2009). Pablo Iglesias. Col. Historia incógnita. Madrid: Nowtilus. p. 103. ISBN 978-84-9763-729-9.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
