Saltar ao contido

Faro de Punta Nariga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Faro de Punta Nariga

Tipofaro Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Mantido porAutoridade Portuaria da Coruña Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1998 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura39 m Editar o valor en Wikidata
Altura focal55 m Editar o valor en Wikidata
Alcance do farol22 mn Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°19′15″N 8°54′36″O / 43.32074, -8.910121
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia da Coruña
ConcelloMalpica de Bergantiños Editar o valor en Wikidata
Bañado porocéano Atlántico Norte Editar o valor en Wikidata
Contacto
RedesPatrimonio Galego: 24007
Wikidata ]

O faro de Punta Nariga é un faro situado en Malpica de Bergantiños, construído en 1998. Ten un alcance de 22 millas náuticas e é de luz branca sobre unha torre cilíndrica de cantaría e de 39 metros de altura. O cilindro da torre está construído con granito do Porriño.

Está situado entre a punta do Roncudo (ao suroeste) e as illas Sisargas e o cabo de Santo Adrián (ao nordeste). Foi construído en base ao deseño do arquitecto César Portela. A súa forma triangular divide os seus vértices facendo que cada un deles cobre particular significado. O nordés penetra na rocha coma se formase parte dela, mentres que o sueste aseméllase ao baluarte dunha fortaleza. O orientado ao oeste, preséntase como a proa dun barco que suca as augas, coroada por unha escultura de bronce. Trátase dunha particular estatua do artista Manolo Coia, tallada en 1994, cuxa figura debátese entre o humano e a forma dunha gaivota como unha ave a piques de voar.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]