Saltar ao contido

Observatorio astronómico de Cotobade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Vista xeral do edificio.

O Observatorio Astronómico de Cotobade (OAC) é un observatorio situado no lugar do Campo da Poza (Carballedo, Cerdedo-Cotobade). Foi inaugurado en agosto de 2011, e está dirixido por David Filgueira.

Características

[editar | editar a fonte]

O proxecto naceu da colaboración entre a asociación cultural Canón de Pau e a asociación astronómica Sirio de Pontevedra, que xa levaban tempo organizando actividades nese lugar. Logo da vaga de incendios de 2006, a Comunidade de Montes de Carballedo decidiu cederlle os terreos á asociación Canón de Pau por 25 anos. A Consellería de Industria concedeu unha subvención de 150.000 € do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica 2006-2010, para a construción do edificio, deseñado polos arquitectos César e Magdalena Portela.

O observatorio está situado ao pé do monte Coirego, na aba oeste. Ten unha cúpula de 4 m e un telescopio Meade LX200 ACF de 40 cm de diámetro. Nel realízanse actividades didácticas de divulgación da astronomía, como obradoiros de manexos de telescopios, reloxos de sol e outros instrumentos astronómicos.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • [1] www.asociacionsirio.es na web da Asociación Sirio.