Sam Merrill
Cleveland Cavaliers – No. 5 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 15 de maio de 1996 (27 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 89 kg (197 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Bountiful (Bountiful, Utah) |
Universidade | Utah State (2016–2020) |
NBA Draft | 2020 / Rolda: 2 / Elección: 60 Por New Orleans Pelicans |
Carreira | desde 2018 |
Historial de equipos | |
Milwaukee Bucks (2018–2019) → Memphis Hustle (2019–2021) Memphis Grizzlies (2021–2022) → Memphis Hustle (2021) Cleveland Charge (2022–2023) Cleveland Cavaliers (2023–presente) | |
Premios e galardóns | |
|
Samuel Hoskins Merrill, nado o 15 de maio de 1996 en Salt Lake City, Utah, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 18 de novembro de 2020, Merrill foi escollido na derradeira posición do Draft da NBA de 2020 polos New Orleans Pelicans. Seis días máis tarde, foi traspasado ós Milwaukee Bucks como parte dun traspaso entre catro equipos.[1] Na súa primeira tempada na NBA, Merrill conseguiu o campionato despois de que os Bucks derrotasen ós Phoenix Suns por 4-2 nas Finais da NBA de 2021.
O 7 de agosto de 2021, Merrill foi traspasado xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós Memphis Grizzlies, a cambio de Grayson Allen.[2]
O 13 de agosto de 2022, Merrill asinou cos [[Sacramento Kings],[3] pero foi cortado pouco antes de comezar a tempada.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Milwaukee Bucks Acquire Jrue Holiday From The New Orleans Pelicans As Part Of Four-Team Deal". NBA.com. 24 de novembro de 2020.
- ↑ "Grizzlies acquire Sam Merrill and two future second round picks from Bucks". NBA.com. 7 de agosto de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021.
- ↑ "Kings sign free agent shooting guard Sam Merrill". SBNation.com. 2022-08-13.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 19 de outubro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)