Thanasis Antetokounmpo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Thanasis Antetokounmpo
Basketball match Greece vs France on 02 September 2017 20 (cropped).jpg
Milwaukee Bucks – No. 43
Ala
Información persoal
Nacemento 18 de xullo de 1992 (29 anos)
Flag of Greece.svg Atenas
Nacionalidade Grecia Grecia
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Rolda: 2 / Elección: 51

Por New York Knicks

Carreira 2012−presente
Historial de equipos
Filathlitikos (2012–2013)
Delaware 87ers (2013–2014)
Westchester Knicks (2014–2016)
New York Knicks (2016)
Andorra (2016–2017)
Panathinaikos (2017–2019)
Milwaukee Bucks (2019–presente)

Athanasios "Thanasis" Antetokounmpo, nado o 18 de xullo de 1992 en Atenas, é un xogador grego de baloncesto profesional que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA). É o irmán maior de Giannis Antetokounmpo, ala dos Milwaukee Bucks, e de Kostas Antetokounmpo, ala-pivote dos Dallas Mavericks.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 26 de xuño de 2014, Antetokounmpo foi seleccionado polos New York Knicks na 51ª posición do Draft da NBA de 2014.[1] O 3 de novembro de 2014, fichou polos Westchester Knicks, afiliado dos New York Knicks na NBA G League.[2] Fixo o seu debut na NBA o 29 de xaneiro de 2016, anotando dous puntos en dous minutos contra os Phoenix Suns.[3]

O 8 de agosto de 2016, Antetokounmpo asinou co MoraBanc Andorra da Liga ACB.[4]

O 11 de xullo de 2017, asinou un contrato de dous anos co Panathinaikos BC grego.[5]

O 16 de xullo de 2019, Antetokounmpo asinou cos Milwaukee Bucks, reuníndose co seu irmán Giannis.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "2014 NBA Draft Results: Knicks select Thanasis Antetokounmpo with 51st pick". sbnation.com. 26 de xuño de 2014. Consultado o 2 de outubro de 2014. 
  2. "Westchester Knicks Finalize Inaugural Training Camp Roster". OurSportsCentral.com. 3 de novembro de 2014. Consultado o 3 de novembro de 2014. 
  3. "Anthony returns and Knicks hand Suns 13th straight road loss". NBA.com. 29 de xaneiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de xaneiro de 2016. 
  4. "Antetokoumpo, energia pura pel Morabanc Andorra". BCA.ad. 8 de agosto de 2016. Consultado o 8 de agosto de 2016. 
  5. "Panathinaikos pens Antetokounmpo on two-year deal". Euroleague.net. 11 de xullo de 2017. Consultado o 11 de xullo de 2017. 
  6. "Bucks Sign Thanasis Antetokounmpo". NBA.com. 16 de xullo de 2019. Consultado o 17 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]