Saltar ao contido

Brasilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaBrasilia
Brasília (pt) Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

HimnoHino a Brasília Editar o valor en Wikidata

Lema«Venturis ventis» Editar o valor en Wikidata
EpónimoBrasil Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°47′38″S 47°52′58″O / -15.7939, -47.8828
EstadoBrasil
Distrito federalDistrito Federal Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación2.817.068 (2022) Editar o valor en Wikidata (485,53 hab./km²)
Xeografía
Superficie5.802 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porRío Paranoá e Lago Paranoá Editar o valor en Wikidata
Altitude1.171 m Editar o valor en Wikidata
Creación21 de abril de 1960 Editar o valor en Wikidata
Santo padrónXoán Bosco e Nosa Señora da Concepción Aparecida Editar o valor en Wikidata
Organización política
Membro de
Identificador descritivo
Código postal70000–70999 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico061 Editar o valor en Wikidata
Código de concello do Brasil5300108 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → América Latina-Caribe
Data1987 (11ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador445

Páxina webbrasilia.df.gov.br Editar o valor en Wikidata
BNE: XX453499
Vista do centro urbano
Vista do Eixo Monumental
Vista da Catedral de Brasilia.

Brasilia[1] (en portugués: Brasília) é a capital federal do Brasil e sede do goberno do Distrito Federal. Foi planeada polos arquitectos brasileiros Oscar Niemeyer e Lucio Costa. O trazado de rúas na parte planeada (chamada Plano piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.

Foi inaugurada o 21 de abril de 1960 polo presidente brasileiro Juscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de Distrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun país organizado baixo a forma de federación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de Goiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título de prefeito, pero si o de governador (gobernador).

A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belém-Brasilia (cara ao norte) e Brasilia-Acre (cara á fronteira co Perú e Bolivia). Está a 920 km da cidade do Río de Xaneiro e a 1.015 km de São Paulo.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A cidade creceu máis do planeado polos seus creadores. Polo seu proxecto, debía ter 500 mil habitantes como máximo. Malia isto, en 2013 a cidade xa contaba con case tres millóns de habitantes. A poboación máis pobre (no principio, os traballadores que a construían; despois outros inmigrantes de varias rexións do Brasil) foi morar en Cidades-Satélite. Algúns exemplos destas cidades son Taguatinga, Guará, Gama e Ceilândia.

O Índice de Desenvolvemento Humano na cidade é de 0'936, alcanzando o nivel dun país desenvolvido, e a taxa de analfabetismo do 4'35% aproximadamente.

Os principais museos da cidade están situados no Eixo monumental, entre eles o Museo Nacional da República.

Educación

[editar | editar a fonte]

Universidades

[editar | editar a fonte]
  • Universidade de Brasilia (Universidade de Brasília — UnB)
  • Universidade Católica de Brasilia (Universidade Católica de Brasília — UCB)
  • Instituto Científico de Ensinanza Superior e Enquisa (Instituto Científico de Ensino Superior e Pesquisa - UNICESP)
  • Centro Universitario de Brasilia (Centro Universitário de Brasília — UniCEUB)
  • Centro Universitario do Distrito Federal (Centro Universitário do Distrito Federal — UniDF)
  • Centro Universitario Euroamericano (Centro Universitário Euroamericano — UNIEURO)
  • Instituto de Educación Superior de Brasilia (Instituto de Educação Superior de Brasília — IESB)
  • Unión Pioneira de Integración Social (União Pioneira da Integração Social — UPIS)
  • Universidade Paulista (Universidade Paulista — UniP)
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brasiliano. Consultado o 8 de febreiro de 2017.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]