Acre, Brasil
| Acre (pt) | |||||
| Himno | Himno do Acre | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | río Aquiri | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Capital | Río Branco | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 758.786 (2012) | ||||
| Lingua usada | Língua poianaua (pt) lingua culina Língua katukina (pt) Língua caxinauá (pt) Lingua amahuaca Ucayali–Yurúa Ashéninka (en) Língua Yaminauá (pt) Língua katukina-pano (pt) Língua caxarari (pt) Tuxináwa (en) Nukuiní (pt) Língua iauanauá (pt) Dialeto amondaua (pt) Machinere (en) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 152.581 km² | ||||
| Altitude | 234 m | ||||
| Punto máis alto | Serra do Divisor | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 15 de xuño de 1962 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Goberno do Acre | ||||
| • Gobernador | Gladson Cameli (2019–) | ||||
| Órgano lexislativo | Asemblea Lexislativa do Acre , (Escano: 24) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 69900-000 to 69999-000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | BR-AC | ||||
| Sitio web | ac.gov.br | ||||
O Acre é un estado brasileiro situado no suroeste da Rexión Norte. Ten como límites: Amazonas (N); Rondônia (E); Bolivia (SE); e o Perú (S e O). Ocupa unha área de 153.149 Km². A capital é Río Branco e as cidades máis populosas son: Río Branco, Cruzeiro do Sul, Tarauacá, Sena Madureira e Brasiléia.
Un planalto con altitude media de 200 m domina gran parte do Acre. Os seus ríos máis importantes son Juruá, Tarauacá, Muru, Embirá e Xapuri.
O ambientalista e líder sindicalista Chico Mendes, asasinado en 1988, e a ambientalista e política brasileira Marina Silva son orixinarios deste estado.
Historia
[editar | editar a fonte]
Ata o inicio do século XX o Acre pertencía a Bolivia, pero dende o comezo do século XIX, gran parte da súa poboación estaba formada por brasileiros que exploraban o caucho e que, na práctica, acabaron creando un territorio independente. En 1899, os bolivianos tentaron asegurar o control da área, pero os brasileiros revolvéronse.
O 17 de novembro de 1903 foi asinado o Tratado de Petrópolis, en que o Brasil recibiu a posesión definitiva da rexión a cambio de terras do Mato Groso, do pagamento de 2 millóns de libras esterlinas e do compromiso de construír o ferrocarril Madeira-Mamoré. Así, o Acre foi integrado ao Brasil como territorio.
O 15 de xuño de 1962, foi elevado á categoría de Estado.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía do estado baséase na extracción de caucho e castaña, na gandería e na agricultura. Co relación ó extrativismo, o grande impulso na vida económica e na colonización deste estado foi dado coa exploración do caucho a fins do século XIX e comezo do XX.
Hai poucas industrias no estado, que está moi lonxe dos principais mercados consumidores.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Acre |
