Saltar ao contido

Alagoas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAlagoas

HimnoHino de Alagoas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Epónimolagoa artificial Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 9°39′S 36°41′O / -9.65, -36.68
EstadoBrasil Editar o valor en Wikidata
CapitalMaceió Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Anadia (pt) Traducir
Arapiraca (pt) Traducir
Atalaia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata../... 102+
Poboación
Poboación3.322.820 (2018) Editar o valor en Wikidata (119,67 hab./km²)
Lingua usadaLíngua yatê (pt) Traducir
Língua pankararú (pt) Traducir
Tingui-Botó (en) Traducir
Língua xocó (pt) Traducir
Wakoná (en) Traducir
Wasu (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie27.767 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude246 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1889 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Órgano executivosecretariado do governo de Alagoas (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Governador (pt) Traducir Editar o valor en WikidataRenan Filho (pt) Traducir (2015–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Legislativa de Alagoas (pt) Traducir , (Escano: 27) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BR-AL Editar o valor en Wikidata

Sitio webalagoas.al.gov.br Editar o valor en Wikidata

Alagoas é un estado brasileiro situado na Rexión Nordeste. Ten como límites: Pernambuco (N e NO); Sergipe (S); Baía (SO); e o océano Atlántico (E). Ocupa unha área de 27.767 km² (equivalente en tamaño a Albania) e tiña uns 2 827 856 habitantes segundo o Censo 2000 (poboación equivalente á de Galiza). A súa capital é Maceió. O estado é dividido en 102 municipios. As cidades máis populosas son: Maceió, Arapiraca e Palmeira dos Índios.

A costa do actual Estado de Alagoas, coñecida desde as primeiras expedicións portuguesas, desde pronto foi visitada tamén por embarcacións doutras nacionalidades para o contrabando de pau-brasil (Caesalpinia echinata). Cando da institución do sistema de Capitanías Hereditarias (terras doadas a particulares pola coroa portuguesa) o 1534, a rexión de Alagoas integraba a Capitanía de Pernambuco. A súa ocupación remonta á fundación da freguesía de Penedo (1545), ás marxes do río São Francisco por Duarte Coelho. Este incentivou a fundación de facendas e muíños para cana na rexión.

Ao comezo do século XVII, ademais da agricultura de cana de azucre, a rexión era importante produtora rexional de fariña de mandioca, tabaco e peixe seco, e tamén de centro gandería para a produción de carne e coiro, consumidos na Capitanía de Pernambuco. Durante a invasión holandesa (1630-1654), o seu litoral foi escenario de violentos combates, mentres que nos outeiros de seu interior multiplicáronse os quilombos (poboados de escravos que fuxían das plantacións de cana), cos africanos que fuxían de facendas en Pernambuco e Baía. O Quilombo dos Palmares foi o máis famoso destes, e chegou a contar con vinte mil habitantes no seu apoxeo.

Alagoas foi parte da Capitanía de Pernambuco ata o 1817, ano en que foi desmembrada. Coa independencia do Brasil en 1822, fíxose provincia do Imperio. Coa proclamación da república en 1889, fíxose estado.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O relevo é modesto, en xeral abaixo dos 300 metros. Planicie costeira a este, planalto a norte e depresión no centro. O punto máis elevado está na Serra Santa Cruz (844 metros).

Os ríos principais son o São Francisco, o Mundaú e Paraíba do Meio.

Vexetación: a foresta tropical orixinal na costa case desapareceu, e hoxe soamente existen pequenos bosques. Hai tamén mangleiral costeiro e plantacións de coco ó longo de todo o litoral. A vexetación da caatinga domina o interior semiárido.

Predomina o clima tropical húmido no litoral, con sol no verán e temporais no inverno. No oeste do estado o clima é semiárido.

Economía

[editar | editar a fonte]
Praia de Ponta Verde, en Maceió.
Agricultura

Entre os principais produtos agrícolas cultivados no Estado atópanse o ananás, o coco, a cana de azucre, o feixón, o tabaco, a mandioca, o arroz e o millo.

Gandería

Destácanse as creacións de cabalos, bovinos, búfalos, cabras, ovellas e porcos.

Extracción mineral

Existen no Estado reservas minerais de sal, gas natural, ademais do petróleo.

Industria

A actividade industrial ten como sub-sectores predominantes o químico, a produción de azucre e alcohol, cemento e o procesamento de alimentos.

Nos últimos anos, o turismo creceu nas praias do litoral coa chegada de brasileiros e tamén de estranxeiros. Houbo mellorías no aeroporto de Maceió e ampliación da rede de hoteleira. No litoral norte, especialmente nas cidades de Maragogi e Japaratinga, foron construídos recentemente grandes resorts. Salienta tamén a cidade histórica de Marechal Deodoro, polas súas construcións.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]