Paraíba
| Himno | Hino da Paraíba (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Rio Paraíba (pt) | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Capital | João Pessoa | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 4.025.558 (2017) | ||||
| Lingua usada | Língua potiguara (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 56.584,6 km² | ||||
| Altitude | 496 m | ||||
| Punto máis alto | Pico do Jabre (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1889 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | Governo da Paraíba (pt) | ||||
| • Governador da Paraíba (pt) | João Azevêdo (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa da Paraíba , (Escano: 36) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | BR-PB | ||||
| Sitio web | paraiba.pb.gov.br | ||||
A Paraíba é un estado brasileiro situado a leste da Rexión Nordeste. Limita ao norte co Rio Grande do Norte, ao leste co océano Atlántico, ao sur con Pernambuco, e ao oeste con Ceará. Ten unha superficie de 56.439,8 km².
A capital é a cidade de João Pessoa. Outras cidades importantes son Campina Grande, Santa Rita, Patos e Souza.
Xeografía
[editar | editar a fonte]Uns 66% do territorio do estado encóntranse entre os 300 e os 900 metros de altitude. O punto máis alto do estado é o Pico do Jabre, que ten unha altitude de 1.197 msnm.
Relevo
[editar | editar a fonte]
Gran parte do territorio do estado está formado por rochas resistentes e moi antigas, do Precámbrico, con máis de 2,5 mil millóns de anos. Elas forman un complexo cristalino que favorece a ocorrencia de minerais metálicos, non metálicos e xemas. Os sitios arqueolóxicos e paleontolóxicos tamén resultan da grande idade xeolóxica destes terreos.
Ríos
[editar | editar a fonte]
Os ríos do estado corren en dúas direccións:
- os ríos litoráneos nacen no Planalto da Borborema e seguen para o leste ata o océano Atlántico. Os principais son o Paraíba (co 360 km de extensión, é o maior do estado), o Curimataú e o Mamanguape. Son ríos perennes, que non desaparecen durante os meses secos.
- os ríos sertanexos seguen para o estado do Rio Grande do Norte. O principal é o Río Piranhas. Son en xeral ríos temporáneos, que desaparecen na estación seca.
Clima
[editar | editar a fonte]Tropical húmido no litoral, con chuvias máis abundantes. Despois do Planalto da Borborema (que funciona como unha barreira aos ventos húmidos) o clima tornase semi-árido, con secas que poden durar case un ano.
Vexetación
[editar | editar a fonte]O estado presenta apenas uns pequenos remanecentes da foresta tropical orixinal, que existía cando os portugueses arribaron. Outro ecosistema moi modificado é o mangleiral costeiro, que nalgunhas zonas foi aterrado para a ocupación humana.
A vexetación nativa do Planalto da Borborema e do sertão é a caatinga, formada por árbores e arbustos resistentes ás secas prolongadas, que perden as follas para conservar a humidade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Paraíba |
