Espírito Santo, Brasil
| Espírito Santo (pt) | |||||
| Himno | Himno do Espírito Santo | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Espírito Santo | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Capital | Vitória | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 3.885.049 (2014) | ||||
| Lingua usada | Língua puri (pt) Guaraní mbyá Língua koropó (pt) Lingua baixo alemá Lingua tupiniquim | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 46.077,5 km² | ||||
| Altitude | 756 m | ||||
| Punto máis alto | Pico da Bandeira (pt) | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Datos históricos | |||||
| Precedido por | |||||
| Creación | 1889 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | secretariado do governo do Espírito Santo (pt) | ||||
| • Gobernador | Max Freitas Mauro (1987–1991) Albuíno Cunha de Azeredo (pt) Vitor Buaiz (1995–1999) José Ignácio Ferreira (1999–2003) Paulo Hartung (pt) Renato Casagrande (pt) Paulo Hartung (pt) Renato Casagrande (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Assembleia Legislativa do Espírito Santo (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | BR-ES | ||||
| Sitio web | es.gov.br | ||||
Espírito Santo é un estado brasileiro ao leste da Rexión Sueste. Limita ao leste co océano Atlántico, ao norte cos estados de Baía e Minas Xerais, ao oeste con Minas Xerais, e ao sur co estado do Río de Xaneiro. A súa capital é Vitória.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa superficie de 45.597 km² é semellante en tamaño á de Estonia. Presenta unha variedade de hábitats, incluíndose a planicie costeira, lagos, unha variedade de formacións de montañas, bosques de montaña, mangleiral e moitos outros.
Topografía
[editar | editar a fonte]O estado pode ser dividido en dúas áreas: a planicie costeira e as montañas interiores, que forman a serra. A parte máis alta da serra chámase Serra do Caparaó (cuxo punto máis alto -Pico da Bandeira- atinxe a 2.890 m de altitude).
Clima
[editar | editar a fonte]O clima do Espírito Santo é seco en xeral, e quente ao norte do río Doce. O clima de montaña é máis frío chegando ao clima tropical de altitude nas rexións máis altas, como o oeste e o suroeste. O clima predominante nas planicies costeiras é o tropical, tendendo a tropical seco no norte. En xeral o verán é chuvoso e o inverno é seco.
Ríos e lagos
[editar | editar a fonte]O principal río do estado é o río Doce, que nace no veciño estado de Minas Xerais. Outro importante río é o Santa María, que desemboca próximo á illa onde se sitúa a capital, Vitória.
O estado ten unhas 26 lagoas, próximas ás marxes do río Doce. A máis importante delas é a Lagoa Juparanã.
Economía
[editar | editar a fonte]Os cultivos máis importantes no estado son o arroz, o café (un dos máis importantes produtos de exportación agrícolas do Brasil), o cacao, a cana de azucre, o feixón, as froitas, (principalmente a banana e a papaia), e o millo.
Da cría de animais para fins comerciais, a máis importante é de gando, que é criado tanto para produción de carne como de leite. Destaca tamén a avicultura, que vende en todo Brasil e tamén exporta. As industrias de enlatados, produtos forestais, téxtiles, o aceiro e a minería de ferro son tamén grandes importantes. O estado acolle a maior fábrica de aproveitamento das minas de ferro do mundo (Val do Rio Doce), e unha das maiores industrias de produción de papel e celulosa do mundo, a Aracruz.
Os portos de Vitória e Tubarão son importantes para a exportación do mineral de ferro e do aceiro, e ademais na costa da rexión de São Mateus atopouse recentemente petróleo, o que impulsou a economía estatal, estando en vigor acordos comerciais para a súa explotación.
O turismo vén crecendo en importancia na economía de estado pero a maioría dos viaxeiros son de estados veciños, e non doutros países, así que os beneficios do turismo aínda son pequenos, en comparación con outros estados. Destinos turísticos coñecidos inclúen a zona costeira con cidades como Guarapari, Jacaraípe e Manguinhos. Pero cada vez máis os destinos de montaña gañan popularidade, como Domingos Martins e Castelo.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Espírito Santo |
