João Pessoa
| Himno | Hino do município de João Pessoa (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | João Pessoa Cavalcanti de Albuquerque | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Paraíba | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 833.932 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 211,475 km² | ||||
| Altitude | 40 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1585 | ||||
| Organización política | |||||
| • Prefeito (pt) | Cícero Lucena (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Câmara Municipal de João Pessoa (pt) | ||||
| Membro de | Rede de cidades creativas (2017–) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 58000-001 58099-999 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 083 | ||||
| Código de concello do Brasil | 2507507 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | Ovar (1996–) | ||||
| Sitio web | joaopessoa.pb.gov.br | ||||
João Pessoa é a capital do estado brasileiro da Paraíba. Sitúase xunto ó océano Atlántico, no punto extremo leste de América do Sur, a ponta do Seixas, a 34º 45' 54" de lonxitude oeste.

Hoxe a cidade vive do turismo nas súas praias e construcións coloniais, xunto co comercio de artesanías, o comercio en xeral (é a principal cidade comercial da Paraíba e unha das principais da Rexión Nordeste do Brasil), a industria (principalmente alimentos, bebidas e metalurxía), a construción civil e as actividades administrativas dunha capital de estado.
É sede dunha importante universidade brasileira, a Universidade Federal da Paraíba (UFPB) e dalgunhas institucións de ensino superior privadas, que atraen estudantes do estado e de estados veciños.
Historia
[editar | editar a fonte]Unha das cidades máis antigas do Brasil, foi fundada en 5 de agosto de 1585 co nome de Nossa Senhora das Neves, e despois, nunha homenaxe ó rei Filipe II de España pasou a chamarse Filipéia de Nossa Senhora das Neves. Cando estivo baixo o dominio holandés cambiou o seu nome por Frederikstadt, pero cando retornou ó dominio de Portugal despois de que este recuperou a súa soberanía, volveu a chamarse Nossa Senhora das Neves ata 1817, cando foi rebautizada como Parahyba, nunha homenaxe á entón capitanía da Parahyba, da cal tornouse capital. Este nome permaneceu despois de que o Brasil se independizara (en 1822) e que se convertera nunha república, en 1889.
O nome actual, João Pessoa, foi adoptado nunha homenaxe ao entón presidente da provincia da Parahyba, o político João Pessoa, despois do seu asasinato en 1930.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Commons ten máis contidos multimedia sobre: João Pessoa |
