Estado do Paraná

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paraná
Bandeira do Paraná
Escudo do Paraná
Bandeira Escudo
Parana in Brazil.svg
Lema: Que o povo aspire e idolatre-o
Himno: Hino do Paraná
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital Curitiba
 • Poboación 1 764 540 (2011)
Lingua oficial Portugués
Forma de goberno Estado
Gobernador
Beto Richa (PSDB)
Fundación 1889
Superficie Posto 3º
 • Total 199.314 km²
 • % auga n/d
Fronteiras n/d km
Costas 98 km
Poboación Posto 6º
 • Total 10 439 601 (2010) hab.
 • Densidade 52,38 hab./km²
Xentilicio Paranaense, tingui
Fuso horario BRT (UTC-3)
 • Horario de verán BRST (UTC-2)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-PR
Estados do Brasil

O Paraná é un estado brasileiro que se sitúa na Rexión Sur do país. Limita ao nordeste co estado de São Paulo, ao leste co Océano Atlántico, ao sur co estado de Santa Catarina, ao suroeste con Arxentina, ao oeste con Paraguai e ao noroeste con Mato Groso do Sur. A súa capital é Curitiba. As súas cidades máis poboadas son Curitiba, Londrina, Maringá, Ponta Grossa, Foz do Iguaçu, Cascavel e Guarapuava.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Vista da presa hidroeléctrica de Itaipú, na fronteira do Brasil co Paraguai.

O estado de Paraná ocupa unha superficie de 199.880 km², estendéndose dende as costas do litoral ata o interior do país, localizándose a 51º00'00" de lonxitude Oeste e a 24º00'00" de latitude Sur e no fuso horario de -3 horas en relación a Greenwich. Tres cuartos do territorio atópanse por baixo do Trópico de Capricornio. É bañado polo Océano Atlántico.

Relevo[editar | editar a fonte]

Uns 52% da superficie do estado atópase por encima dos 600 metros sobre o nivel do mar; un 89% do total da superficie están por encima dos 300 metros; e soamente uns 3% están por baixo dos 200 metros de altitude. O relevo é plano e levemente ondulado, con fortes elevacións na Serra do Mar. Ese relevo está formado por unha forte depresión no litoral, planaltos no interior e depresión no centro do estado.

Economía[editar | editar a fonte]

A economía do Estado baséase nunha moderna agricultura (cana de azucre, millo, soia, trigo, café, mandioca), na industria (alimentos, papel e celulosa, automóbil) e na extracción vexetal (madeira e erva-mate). Na fronteira do estado co Paraguai está a presa hidroeléctrica de Itaipu, unha das máis grandes do mundo en capacidade de xerar electricidade. A enerxía producida en Itaipú alimenta as industrias e cidades do estado e tamén de estados veciños, principalmente o estado de São Paulo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]