Macapá
| Himno | Hino do município de Macapá (pt) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Unidades da federación | Amapá | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 442.933 (2022) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 6.408,545 km² | ||||
| Bañado por | Amazonas e Océano Atlántico | ||||
| Altitude | 12 m-17 m-19 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 4 de febreiro de 1758 | ||||
| Organización política | |||||
| • Alcalde | Dr. Furlan (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | Câmara Municipal de Macapá (pt) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 68906-000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 96 | ||||
| Código de concello do Brasil | 1600303 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | prefeiturademacapa.ap.gov.br | ||||
Macapá é a capital e o maior concello do Estado brasileiro do Amapá. É a única capital de estado brasileira que non ten ligazón por estrada con outras capitais de estado. Está a 345 km de Belém do Pará, percorridos en 40 minutos de avión ou de 20 a 24 horas de barco, nas liñas regulares que funcionan na rexión. Sitúase á marxe do brazo máis curto do río Amazonas no seu acceso ao mar.
A orixe da toponimia é indíxena, do ramo lingüístico tupí, sendo unha corruptela do termo macapaba, que significa "lugar das bacabas, unha palmeira nativa da rexión. O primeiro nome da rexión, porén, en 1544, foi Adelantado de Nueva Andaluzia, dado polos españois. Pero a cidade orixinouse soamente despois da construción do Fortaleza de São José no século XVIII, para defender o acceso ao río Amazonas cando aquela rexión xa pertencía a Portugal. Algunhas construcións daquel século aínda permanecen na cidade.
O sur da cidade é atravesado pola Liña do Ecuador. As principais actividades económicas da cidade son o comercio e os servizos. A industria creceu un pouco coa creación da Área de Livre Comércio de Macapá. O turismo ten gran potencial pola proximidade da Amazonia e ten unha boa infraestrutura, pero a distancia das grandes cidades brasileiras dificulta un crecemento moi acentuado desa actividade.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Macapá |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Prefeitura da Cidade de Macapá
- Cidade de Macapá informacións
- Diário do Amapá xornal da cidade.
