Amapá

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amapá
Bandeira do Amapá
Escudo do Amapá
Bandeira Escudo
Amapa in Brazil.svg
Himno: Canção do Amapá
Estado Flag of Brazil.svg Brasil
Capital Macapá
 • Poboación 415.554 (2012)
Lingua oficial Portugués
Forma de goberno Estado
Gobernador
Camilo Capiberibe (PSB)
Fundación 5 de outubro de 1988
Superficie Posto 18º
 • Total 142.814 km²
 • % auga n/d
Fronteiras n/d km
Costas 598 km
Poboación Posto 26º
 • Total 698.602 (2012) hab.
 • Densidade 4,89 hab./km²
Xentilicio Amapaense
Fuso horario BRT (UTC-3)
Dominio de Internet .br
Código ISO BR-AP
Estados do Brasil

O Amapá é un estado brasileiro situado na Rexión Norte. Ten como límites ó este o Océano Atlántico, ó sueste, sur e suroeste o estado do Pará, ó oeste o Suriname e a noroeste a Güiana Francesa. Non é un estado moi montañoso: en xeral as altitudes son inferiores ós 300 m.

Ata 1988 era un territorio do Brasil, co poucos representantes no Congreso Nacional, e que non elixía o seu gobernador. En 5 de outubro daquele ano, coa entrada en vigor da actual constitución brasileira, tornouse estado.

Economía[editar | editar a fonte]

A súa economía é incipiente, co pouca participación no PIB nacional. Ten como principais produtos a castaña do brasil, a madeira e o minerio de manganeso. O estado compra a maior parte dos xéneros que consome do veciño estado do Pará.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]