Tocantins
| Himno | Himno do Tocantins | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Río Tocantins | ||||
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Brasil | ||||
| Rexións | Rexión Norte do Brasil | ||||
| Capital | Palmas | ||||
| Contén a división administrativa | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 1.550.194 (2017) | ||||
| Lingua usada | Língua krahô (pt) Língua avá-canoeira (pt) Língua apinajé (pt) Língua carajá (pt) Xerénte (en) Língua tapirapé (pt) Língua asurini do Tocantins (pt) | ||||
| Xeografía | |||||
| Parte de | |||||
| Superficie | 278.420,7 km² | ||||
| Altitude | 525 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Creación | 1988 | ||||
| Organización política | |||||
| Órgano executivo | secretariado do goberno do Tocantins | ||||
| • Gobernador | Mauro Carlesse (2018–) | ||||
| Órgano lexislativo | Asemblea Lexislativa do Tocantins , (Escano: 24) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Fuso horario | |||||
| ISO 3166-2 | BR-TO | ||||
| Sitio web | portal.to.gov.br | ||||
Tocantins é un Estado brasileiro situado ao sueste da Rexión Norte. Ten como límites os Estados do Maranhão ao norte e nordeste, Piauí e Baía ao leste, Goiás ao sur, Mato Groso ao suroeste e Pará ao noroeste. As cidades máis poboadas son Araguaína, Gurupi, Porto Nacional e Palmas, a capital.
Historia
[editar | editar a fonte]A poboación orixinaria estaba constituída polos grupos apinagé, carajá, xerente, krahô e outros. Os primeiros brancos en aparecer pola rexión foron os misioneiros xesuítas en 1625 coa finalidade de converter ao cristianismo á poboación indíxena que pouco a pouco se foi convertendo en minoritaria fronte aos brancos, negros e mestizos.
Integrado no estado de Goiás, as primeiras ideas de autonomía para a rexión do actual estado do Tocantins xurdiron no século XIX. En 1821 Joaquim Teotônio Segurado declarou un goberno autónomo na rexión, pero o movemento foi reprimido. Soamente no século XX, máis exactamente en 1950, foi retomada a idea. Durante a década de 1970 propúxose no Congreso Nacional a creación do estado que chegou a se aprobar, pero o proxecto foi vetado polo presidente José Sarney. O estado creouse finalmente coa promulgación da constitución de 1988.
Economía
[editar | editar a fonte]A economía ten por base o comercio e a agricultura (soia, arroz, millo, feixón, cana de azucre), a gandería e cría de aves. As principais riquezas de exportación son o gando de corte e a soia. A industria é relativamente pouco importante en termos de exportación (téxtiles, alimentos, minerais non metálicos, química, construción civil, son as principais). O estado tamén ten reservas minerais de ouro e calcario, e extracción vexetal de palma de babasú.
Turismo
[editar | editar a fonte]O turismo ten potencial na rexión de paisaxes naturais do Jalapão, e nos seus ríos, como o río Araguaia e o río Tocantins, pero é moi pouco divulgado no propio Brasil, e menos aínda no exterior.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tocantins |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 01 de outubro de 2012 en Wayback Machine.
