Brasilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Brasilia-Brasília")

Coordenadas: 15°47′56″S 47°52′00″W / 15.79889°S 47.86667°W / -15.79889; -47.86667

Brasilia
Brasília (en portugués)
Bandeira do Distrito Federal (Brasil).svg Brasão do Distrito Federal (Brasil).svg
Montagem Brasília.jpg
Situación xeográfica
Brasilia en Brasil
Brasilia
Brasilia
País Flag of Brazil.svg Brasil
Rexión Centro-Oeste
Estado Distrito Federal Distrito Federal
Xeografía
Altitude 1.171 msnm
Superficie 5.801,937 km²
Poboación
Poboación 2.562.963 hab. (2010)
Densidade 441´74 hab/km²
Xentilicio Brasiliense
Información
Código postal 70000-000
Alcalde Agnelo Queiroz (PT)
Páxina web Páxina oficial
Vista do Eixo Monumental
Vista da Catedral de Brasilia.

Brasilia é a capital do Brasil. Foi planeada polos arquitectos brasileiros Oscar Niemeyer e Lucio Costa. O trazado de rúas na parte planeada (chamada Plano piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.

Foi inaugurada o 21 de abril de 1960 polo presidente brasileiro Juscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de Distrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun país organizado baixo a forma de federación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de Goiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título de prefeito, pero si o de governador (gobernador).

A cidade creceu máis que o planeado polo seus creadores. Polo seu proxecto, debía ter 500 mil habitantes como máximo. Pero, segundo o Censo de 2000, tiña 4 veces máis: máis de 2 millóns de habitantes. A poboación máis pobre (no principio, os traballadores que a construían; despois outros inmigrantes de varias rexións do Brasil) foi morar en Cidades-Satélite. Algúns exemplos destas cidades son Taguatinga, Guará, Gama e Ceilândia.

A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belem-Brasilia (para o norte) e Brasilia-Acre (para a fronteira con Perú e Bolivia). Está a 920 km da cidade do Río de Xaneiro e a 1.020 km de San Paulo.

Tamén é sede dunha importante universidade pública, a Universidade de Brasilia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Brasilia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]