Brasilia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Brasília")

Coordenadas: 15°47′56″S 47°52′00″O / -15.79889, -47.86667

Brasilia
Brasília
Bandeira do Distrito Federal (Brasil).svg
Brasão do Distrito Federal (Brasil).svg
Montagem Brasília.jpg
Localización
Brasilia en Brasil
Brasilia
Brasilia
País Flag of Brazil.svg Brasil
Rexión Centro-Oeste
Estado Distrito Federal Distrito Federal
Xeografía
Altitude 1.171 msnm
Superficie 5.801,937 km²
Demografía
Poboación 2 570 160 hab. (2010)
Densidade 442,98 hab/km²
Xentilicio Brasiliano[1]
Outros datos
Código postal 70000-000
Alcalde Rodrigo Rollemberg(PSB)
Páxina oficial
Vista do centro urbano
Vista do Eixo Monumental
Vista da Catedral de Brasilia.

Brasilia[1] é a capital do Brasil. Foi planeada polos arquitectos brasileiros Oscar Niemeyer e Lucio Costa. O trazado de rúas na parte planeada (chamada Plano piloto) obedece a un plano ríxido trazado polos dous arquitectos.

Foi inaugurada o 21 de abril de 1960 polo presidente brasileiro Juscelino Kubitschek de Oliveira. Está situada na Rexión Centro-Oeste, case no centro xeográfico do Brasil. É un exemplo de Distrito Federal, ou sexa, unha cidade escollida para ser capital dun país organizado baixo a forma de federación como é o Brasil. Así, non se subordina ao veciño estado de Goiás, non está dividido en municipios, e tampouco é capital de ningunha outra unidade da federación (estado) brasileira. O seu administrador non recibe o título de prefeito, pero si o de governador (gobernador).

A cidade creceu máis que o planeado polo seus creadores. Polo seu proxecto, debía ter 500 mil habitantes como máximo. Pero, segundo o Censo de 2010, tiña 5 veces máis: máis de 2,5 millóns de habitantes. A poboación máis pobre (no principio, os traballadores que a construían; despois outros inmigrantes de varias rexións do Brasil) foi morar en Cidades-Satélite. Algúns exemplos destas cidades son Taguatinga, Guará, Gama e Ceilândia.

A principal función de Brasilia é administrativa, pero axudou a poboar o interior brasileiro. Dela parten estradas como a Belém-Brasilia (para o norte) e Brasilia-Acre (para a fronteira con Perú e Bolivia). Está a 920 km da cidade de Río de Janeiro e a 1.015 km de São Paulo.

Tamén é sede dunha importante universidade pública, a Universidade de Brasilia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para brasiliano. Consultado o 8 de febreiro de 2017.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]