Billetes do franco suízo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anversos da novena serie de billetes suízos, vixente a partir de 2016

Os billetes do franco suízo son os emitidos polo Banco Nacional Suízo para a súa circulación tanto na Confederación Suíza como en Liechtenstein. A última serie emitida —a novena serie— está composta polos valores faciais de 10, 20, 50, 100, 200 e 1.000 francos suízos.

O código de representación do franco suízo, tanto para as moedas como para os billetes, é o ISO 4217 CHF, que representa un compromiso lingüístico: CH pola denominación do país en latín (Confoederatio Helvetica) e a abreviatura Fr por franco, válida para a denominación da moeda nas catro linguas oficiais en Suíza. En tanto que este compromiso se aplica ás moedas metálicas, no caso dos billetes suízos a denominación da unidade monetaria exprésase nas catro linguas nacionais: francésfrank—, alemánFranken—, italianofranco— e romanche —franc—.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

Primeiros billetes suízos[editar | editar a fonte]

As primeiras mostras de papel moeda en Suíza foron as emitidas en 1825 pola Caixa de Depósito da Cidade de Berna, con valor de 500 francos. Con esta emisión, a cidade pretendía financiar as súas arcas explotando a señoriaxe.[1]

Billete de 100 francos da Caixa de Depósito da Cidade de Berna (1849).[2]

O exemplo foi seguido polo Banco Cantonal de Berna en 1834, o Banco de Zürich (1837), o Banco de Sankt Gallen (1838), o Banco de Basilea (1845) e o Banco Cantonal de Vaud (1846). Algúns banqueiros privados tamén seguiron este camiño, cara á década de 1840.[1]

Durante o século XIX, os cantóns de Suíza tiñan dereito a imprimir o seu propio papel moeda. Antes do cambio de século, máis de 60 bancos emitiran os seus propios billetes. O uso destes billetes non estaba moi estendido porque só os aceptaban os bancos que os emitiran e porque a mala calidade de impresión facilitaba o labor dos falsificadores e tamén provocaba que se deteriorasen doadamente.[1]

Varios cantóns comezaran a fixar, a finais da década de 1840, a taxa de cobertura das emisións de papel con metais preciosos, e algúns tamén fixaran límites á emisión de billetes.[1]

O franco suízo[editar | editar a fonte]

Billete de 100 francos do Banco da Suíza Italiana (1877).[3]

En 1850 introduciuse o franco suízo e produciuse unha simplificación do sistema de denominación dos billetes, que antes se expresaban en diferentes unidades monetarias en cada cantón (escudo, tálero, franco, florín, etc). Non obstante, os bancos seguiron a ter a liberdade para elixiren tanto os valores faciais como o aspecto dos billetes, e tamén a porcentaxe de cobertura de metais preciosos.[1]

Logo da guerra franco-prusiana, os bancos realizaron varios intentos de fomentar a difusión dos billetes e, xa que logo, as súas ganancias. En 1876, chegouse a un acordo entre unha vintena de bancos para recoñeceren reciprocamente os seus respectivos billetes. Ao mesmo tempo, a guerra franco-prusiana provocara o acaparamento das emisións de ouro e, por conseguinte, unha maior difusión dos billetes.[1]

Os billetes cantonais[editar | editar a fonte]

Billete de 100 francos emitido polo Banco de Zürich en 1883, xa sobre un modelo federal.[4]

En 1881, consonte o artigo 39 da Constitución, que fora modificado uns anos antes, o Consello Federal de Suíza conseguiu establecer as normas para a emisión e a circulación de billetes de banco. Coa lei do 8 de marzo de 1881, fixáronse os valores faciais do papel moeda, que ficaron limitados a catro (50, 100, 500 e 1.000 francos suízos), e tamén se uniformou o aspecto dos billetes, así como a redacción dos textos que debían levar impresos. En virtude deste novo control federal, logrouse reducir os riscos para a cidadanía e os billetes comezaron a circular con maior axilidade.[1]

A Confederación subministraba a todos os bancos papel moeda dun único tipo, impreso en Londres pola compañía Bradbury Wilkinson & Co, e supervisaba a súa emisión. Os bancos individuais limitábanse a colocar o seu nome, o valor en letras no idioma utilizado no cantón, a numeración do billete e algún outro detalle menor.[1][5]

Chegou a haber arredor de 40 bancos autorizados para emitir este tipo de billetes. A maioría destas entidades realizaron as súas emisións entre 1883 e 1886. Poucos bancos emitiron billetes despois dese último ano, e só un prologou as súas emisións ata 1901.[1]

O Banco Nacional Suízo[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Banco Nacional Suízo.

En 1891 modificouse novamente o artigo 39 da Constitución Federal e, como consecuencia, o dereito de emisión de papel moeda ficou reservado para un banco nacional. En 1905 fundouse o Banco Nacional Suízo, que comezou a exercer as súas funcións como institución emisora en 1907, cando entrou en vigor o monopolio.[1][6]

A partir dese momento todas as emisións de papel moeda realizadas en Suíza tiveron como emisor o Banco Nacional Suízo, coa única excepción de senllas emisións extraordinaria levadas a cabo en 1914 polo Banco de Préstamos da Confederación Suíza —20 francos— e pola Caixa Federal —5, 10 e 20 francos— .[7][8][9]

Series emitidas polo Banco Nacional Suízo[editar | editar a fonte]

Cadro resumo cos datos básicos[editar | editar a fonte]

Serie Inicio Retirada Sen valor Valores faciais Artistas Notas
1907 01/07/1912 01/07/1945 1000, 500, 100, 50 Josef Storck, Albert Walch Billetes transitorios, similares aos utilizados anteriormente polos bancos.
1911 01/10/1958 01/10/1978 1000, 500,100, 50, 20, 5 Eugène Burnand, Ferdinand Hodler
1918 01/07/1925 01/07/1945 100, 20 S. Balzer, F. M. Diogg, Billetes de guerra. Non se emitiu toda a serie.
Non emitida (1938) 1000, 100, 50 Victor Surbeck, Hans Erni Serie de reserva, non posta en circulación.
1956 01/05/1980 01/05/2000 1000, 500, 100, 50, 20, 10 Pierre Gauchat, Hermann Eidenbenz
1976 01/05/2000 Sen límite 1000, 500, 100, 50, 20, 10 Ernst e Ursula Hiestand Xa sen curso legal, pódese trocar no BNS.
Non emitida (1984) 1000, 500, 100, 50, 20, 10 Elisabeth e Roger Pfund Serie de reserva, non posta en circulación.
1995 30/04/2021 Sen límite[10] 1000, 200, 100, 50, 20, 10 Jörg Zintzmeyer
2016 En circulación En circulación 1000, 200, 100, 50, 20, 10 Manuela Pfrunder

Primeira serie[editar | editar a fonte]

Para a primeira serie de billetes posta en circulación en 1907, o Banco Nacional Suízo utilizou os mesmos deseños e os mesmos valores faciais que viñeran utilizando anteriormente os bancos cantonais unha representación alegórica de Helvetia á esquerda dos anversos e unhas cores distintivas para cada valor, obra de Ferdinand Hodler e Eugène Burnand, dado que o tempo transcorrido entre a fundación do banco e a emisión dos billetes non permitiu desenvolver uns novos deseños. A impresión levouse a cabo en Bradbury Wilkinson & Co., Londres, do mesmo xeito que os antigos billetes cantonais.[1] O texto impreso modificouse soamente para os adaptar á nova situación, co Banco Nacional como emisor, e tamén se engadiu na parte superior dereita un selo vermello co escudo de Suíza.[5]

1ª serie [5]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
50
francos
[11]
103 x 166 mm Verde Helvetia Adornos 20/07/1907
100
francos
[12]
116 x 183 mm Azul Helvetia Adornos 20/07/1907
500
francos
[13]
126 x 199 mm Verde Helvetia Adornos 20/07/1907
1.000
francos
[14]
132 x 215 mm Violeta Helvetia Adornos 20/07/1907

Segunda serie[editar | editar a fonte]

A segunda serie de billetes do Banco Nacional Suízo emitiuse entre 1911 e 1914. Estes billetes tiveron unha vida útil extraordinaria, xa que permaneceron en circulación ata a súa retirada entre 1956 e 1957.[15]

O billete de cinco francos estaba destinado a substituír as moedas de prata do mesmo valor, que tendían a atesourarse e, xa que logo, a retirarse do circuíto de pagamentos en caso de conflito bélico ou de crise grave. Este billete foi o que máis tempo estivo en circulación dos que forman parte desta serie.[15]

2ª serie [15]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
5
francos
[16]
70 x 125 mm Verde - Marrón Guillerme Tell Adornos 03/08/1914
10
francos
[17]
82 x 135 mm Verde Muller de Neuchâtel Adornos Non emitido
20
francos
[18]
95 x 163 mm Azul
Violeta
Vreneli Adornos 31/07/1914
40
francos
[19]
82 x 144 mm Violeta
Marrón
Arnold von Winkelried Adornos Non emitido
50
francos
[20]
106 x 155 mm Verde Muller Leñador 22/12/1911
100
francos
[21]
115 x 181 mm Azul Muller Segador 17/09/1911
500
francos
[22]
125 x 200 mm Vermello
Marrón
Muller Bordadoras 24/12/1912
1.000
francos
[23]
131 x 216 mm Violeta Muller Fundición 16/09/1911

Terceira serie[editar | editar a fonte]

A terceira serie de billetes suízos imprimiuse en 1918. Algúns dos billetes emitíronse posteriormente entre como billetes de guerra, entre 1918 e 1930, en tanto que outros non chegaron a entrar en circulación e mantivéronse como billetes de reserva, ao dispor por se as circunstancias aconsellaban a súa posta en circulación.[24]

3ª serie [24]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
20
francos
[25]
88 x 141 mm Marrón
Azul
Muller de Friburgo Adornos Non emitido
20
francos
[26]
86 x 143 mm Marrón
Azul
Johann H. Pestalozzi Cruz suíza Non emitido
20
francos
[27]
86 x 143 mm Marrón
Azul
Johann H. Pestalozzi Cruz suíza 15/07/1930
100
francos
[28]
15 x 180 mm Azul Guillerme Tell Macizo Jungfrau 27/09/1918
100
francos
[29]
15 x 180 mm Azul Guillerme Tell Macizo Jungfrau Non emitido

Cuarta serie[editar | editar a fonte]

Trátase dunha serie de reserva preparada en 1938, que nunca chegou a pórse en circulación. O seu deseño encargóuselles aos pintores Victor Surbeck e Hans Erni. Os billetes de 1.000, de 100 e de 50 francos chegaron a imprimirse, en tanto que o de 500 francos ficou na fase de probas.[30]

4ª serie [30]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
50
francos
[31]
96 × 167 mm Verde Cabeza de muller Boi Non emitido
100
francos
[32]
106 × 190 mm Azul Cabeza de muller Adornos Non emitido
500
francos
[33]
116 × 210 mm Vermello Cabeza de muller Química Non emitido
1.000
francos
[34]
125 × 228 mm Violeta Cabeza de muller Turbina Non emitido

Quinta serie[editar | editar a fonte]

Esta serie emitiuse entre 1956 e 1957 e contaba por primeira vez co valor facial de 10 francos. Tamén por vez primeira nos billetes suízos, os catro valores superiores constitúen unha unidade temática e formal, xa que existe un vínculo entre o retrato do anverso e o tema do reverso de cada billete.[35]

5ª serie [35]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
10
francos
[36]
137 × 75 mm Vermello
Marrón
Gottfried Keller Geum reptans 01/10/1956
20
francos
[37]
85 × 155 mm Azul Henri Dufour Cardo 23/03/1956
50
francos
[38]
95 × 173 mm Verde Cabeza de nena Colleita de mazás 14/06/1957
100
francos
[39]
105 × 191 mm Azul Cabeza de neno Martiño de Tours 14/06/1957
500
francos
[40]
115 × 210 mm Marrón Cabeza de muller Fonte da xuventude 14/06/1957
1.000
francos
[41]
125 × 228 mm Violeta Cabeza de muller Danza macabra 14/06/1957

Sexta serie[editar | editar a fonte]

Algunhas das medidas de seguridade incorporadas nos billetes da sexta serie.

Como consecuencia da aparición dunha gran cantidade de billetes falsificados, a finais da década de 1970 o Banco Nacional de Suíza viu a conveniencia de preparar unha sexta serie de billetes. Decidiuse utilizar como motivo principal retratos de personaxes históricos e reversos estreitamente vinculados a eles[42] tendo en conta ademais que os retratos resultan máis difíciles de falsificar,[43] e para tal efecto convocouse un concurso de deseño, no que resultaron gañadores Roger e Elisabeth Pfund. Porén, aducindo razóns de seguridade, o consello do Banco Nacional Suízo decidiu utilizar para esta sexta serie os deseños que resultaran agraciados co segundo posto, obra de Ernst e Ursula Hiestand, que foron impresos polo impresor Orell Füssli.

Por primeira vez, o Banco Nacional de Suíza foi o encargado da dirección de todo o proceso, desde a elección do deseño ata a planificación, a organización e a produción, en colaboración con deseñadores, impresores, fábricas de papel e fabricantes de prensas de impresión.[42]

Esta sexta serie entrou en circulación en 1976 e foi retirada en 2000. En principio, estes billetes deberían ter deixado de posuír valor a partir de xaneiro de 2020, mais a finais de 2019 o Consello Federal decidiu ampliar sen límite o período de troco para todos eles.[42][44]

6ª serie [42]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
10
francos
[45]
137 × 66 mm Vermello
Marrón
Leonhard Euler Turbina hidráulica 04/04/1978
20
francos
[46]
148 × 70 mm Azul Horace B. Saussure Alpinistas e Ammonoidea 04/04/1977
50
francos
[47]
159 × 74 mm Verde Konrad Gessner Bufo real 04/10/1976
100
francos
[48]
170 × 78 mm Azul Francesco Borromini Igrexa de Sant'Ivo 04/10/1978
500
francos
[49]
181 × 82 mm Marrón Albrecht von Haller Orquídea e motivo anatómico 04/04/1979
1.000
francos
[50]
192 × 86 mm Violeta Auguste Forel Formigas 05/11/1979

Sétima serie[editar | editar a fonte]

A sétima serie deseñouse e imprimiuse en 1984, paralelamente á sexta serie —que estaba en circulación—, e concibiuse como unha serie de reserva, destinada a emitirse e pórse en circulación inmediatamente só no caso de que a serie vixente sufrise demasiadas falsificacións. Mais este caso non chegou a darse e a emisión non chegou a producirse. O seu deseño foi obra de Roger e Elisabeth Pfund, gañadores do concurso para a serie anterior.[51]

Ao principio, por motivos de seguridade, non se publicou case ningunha información sobre esta serie de reserva e as súas características mantivéronse en segredo. Mais a partir do lanzamento da oitava serie en 1995 decidiuse mellorar as características de seguridade desa nova serie no canto de manter impresa e almacenada unha serie de reserva. Como consecuencia desta decisión, pouco despois fixéronse públicos os detalles da sétima serie, en tanto que os billetes reais foron destruídos.[51][52]

7ª serie [51]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
10
francos
[53]
137 × 66 mm Vermello
Marrón
Leonhard Euler Non emitido
20
francos
[54]
148 × 70 mm Azul Horace B. Saussure Non emitido
50
francos
[55]
159 × 74 mm Verde Conrad Gessner Non emitido
100
francos
[56]
170 × 78 mm Azul Francesco Borromini Non emitido
500
francos
[57]
181 × 82 mm Marrón Albrecht von Haller Non emitido
1.000
francos
[58]
192 × 86 mm Violeta Louis Agassiz Non emitido

Oitava serie[editar | editar a fonte]

Algúns elementos de seguridade: díxitos de cor variable (E) e díxitos metálicos (G) nun billete da 8ª serie.

A aparición de novas tecnoloxías, como as fotocopiadoras láser, na década de 1980 levou a reforzar a seguridade dos billetes suízos coa preparación dunha nova serie, e en 1991 o Banco Nacional de Suíza invitou quince deseñadores gráficos a que presentasen as súas propostas; a finalmente escollida foi a de Jörg Zintzmeyer,[59] baseada en diversas formas de expresión artística, como a arquitectura, a música, as artes plásticas e a literatura, así como a diversidade lingüística e cultural de Suíza. Esta serie foi, ademais, a primeira en ser deseñada integramente por computador.[60]

Esta nova serie, que se puxo en circulación entre 1995 e 1998, contou por primeira vez cun billete de 200 francos, en substitución do de 500 francos. Outra novidade foi a inclusión por primeira vez dun personaxe feminino real nun billete suízo: o da artista Sophie Taeuber-Arp , no billete de 50 francos.

Os billetes desta oitava serie foron retirados da circulación a partir do 30 de abril de 2021, polo que xa non teñen curso legal. No entanto, pódense trocar aínda no Banco Nacional Suízo polo su valor nominal, sen límite de tempo,[60] directamente ou a través das axencias dos bancos cantonais.[10]

8ª serie [60]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
10
francos
[61]
126 × 74 mm Amarelo Le Corbusier Plano dunha cidade 08/04/1997
20
francos
[62]
137 × 74 mm Rosa Arthur Honegger Música: Pacific 231 01/10/1996
50
francos
[63]
148 × 74 mm Verde Sophie Taeuber-Arp Cabeza Dada, 1919 03/10/1995
100
francos
[64]
159 × 74 mm Azul Alberto Giacometti Escultura: L'homme qui marche 01/10/1998
200
francos
[65]
170 × 74 mm Marrón Charles Ferdinand Ramuz Lago e montañas 01/10/1997
1.000
francos
[66]
181 × 74 mm Violeta Jacob Burckhardt Palacio Strozzi, Florencia 01/04/1998

Novena serie[editar | editar a fonte]

Algúns elementos de seguridade no billete de 20 francos da 9ª serie, entre eles a microimpresión da distancia da Terra a varios corpos celestes, en segundos luz.

En 2005, o Banco Nacional Suízo anunciou que comezaría a desenvolver a súa novena serie de billetes, coa intención de incrementar as medidas de seguridade.[67] Tamén se tiña intención de reducir o tamaño dos billetes. Para tal efecto convocouse un concurso de deseño, do que resultou vencedor Manuel Krebs,[68] cun proxecto temático sobre a SIDA,[69] mais estes deseños, que incluían representacións de células sanguíneas e embrións, atoparon unha oposición que fixo que o BNS decidise non seguir adiante con eles.[70] Así as cousas, o proxecto adxudicóuselle á deseñadora gráfica Manuela Pfrunder, que acadara o segundo premio no concurso.[68]

Os deseños de Prfunder non inclúen personalidades nos billetes, senón que amosan como elemento principal cada un un aspecto característico de Suíza. Este aspecto está representado ademais por unha acción, por un lugar de Suíza e por outros outros elementos gráficos. O tema xeral desta nova serie de billetes deuse en coñecer como "Suíza e as súas múltiples facetas".[67]

Aínda que inicialmente se prevía emitir esta nova serie cara a 2010, unha serie de problemas técnicos xurdidos durante a produción industrial dos billetes provocou que o BNS anunciase unha demora que, polo menos, atrasaría a posta en circulación ata 2015.[71][72][73]

A transición da oitava á novena serie de billetes comezou en 2016 e continuou por etapas ata finais de 2019. O primeiro da nova serie, presentado polo BNS o 6 de abril de 2016, foi o billete de 50 francos, que entrou en circulación o día 16 dese mesmo mes. O billete de 20 francos púxose en circulación o 17 de maio de 2017; o de 10 francos o 18 de outubro de 2017, o de 200 francos o 22 de agosto de 2018, e o de 1.000 francos o 13 de marzo de 2019. O derradeiro valor facial en entrar en circulación foi o de 100 francos, que se presentou o 3 de setembro de 2019, para entrar en circulación o 12 de setembro.[74][75]

9ª serie [67][74]
Imaxe Valor Dimensións Cores Anverso Reverso Emisión
Anverso Reverso
10
francos
[76]
123 × 70 mm Amarelo O tempo: mans cunha batuta Túnel. Máquina de reloxo. 18/10/2017
20
francos
[77]
130 × 70 mm Vermello A luz: mans cun prisma Festival de Locarno. Bolboretas. 17/05/2017
50
francos
[78]
137 × 70 mm Verde O vento: mans cun mexacán Os Alpes. Parapente 12/04/2016
100
francos
[79]
144 × 70 mm Azul A auga: mans con auga. Canle de rega 12/09/2019
200
francos
[80]
151 × 70 mm Marrón A materia: "regra da man dereita". CERN 22/08/2018
1.000
francos
[81]
158 × 70 mm Violeta Comunicación: aperta de mans. Consello Nacional suízo 13/03/2019

Retirada das series antigas[editar | editar a fonte]

Suíza segue unha tendencia pouco habitual entre os países desenvolvidos, xa que adoita marcar con frecuencia unha data de caducidade para os seus billetes. Neste sentido, o Banco Nacional Suízo anuncia que varias series antigas de billetes deixan de ter curso legal algún tempo despois de pór en circulación as novas series.[82] Polo xeral, os billetes destas series retiradas pódense trocar por billetes válidos no Banco Nacional ata vinte anos despois da data da retirada, logo do cal os billetes perden todo o seu valor. Cando as series retiradas perden o valor, o Banco Nacional transfire unha cantidade de diñeiro equivalente á suma dos billetes xa sen valor a un fondo estatal de seguros contra catástrofes de último recurso, chamado Fondo Suízo de Axuda en Casos de Danos non Asegurables Causados por Forzas Naturais.[83]

En xuño de 2019, o Parlamento suízo aprobou un proxecto de lei polo que se eliminaba o límite temporal de vinte anos. A partir do 1 de xaneiro de 2020, todos os billetes a partir da sexta serie emitidos en 1976, así como calquera serie futura, seguirán a ser válidos para o seu troco por billetes actuais indefinidamente.[82][83][84]

En abril de 2021, o Banco Nacional Suízo anunciou a retirada da súa oitava serie de billetes, emitidos entre 1995 e 1998. En maio de 2021, os antigos billetes perderon a súa condición de moeda de curso legal e xa no son válidos para efectuar pagamentos, malia manter indefinidamente a posibilidade de trocalos por outros novos.[85]

Seguridade e falsificación[editar | editar a fonte]

Os billetes da oitava serie incorporaron 18 medidas de seguridade.[86]

Consonte a edición de 2008 do Guinness World Records, a oitava serie de billetes do franco suízo foi a máis segura do mundo ata aquel momento, xa que contaba con ata 18 elementos de seguridade, entre eles un díxito basculante que só se pode ver desde un ángulo pouco habitual, así como, entre outros, un microtexto e un díxito que só é visible baixo a luz ultravioleta.[87]

Segundo os seus respectivos bancos centrais, a taxa de billetes falsos en 2011 era de aproximadamente 1 entre 100.000 para o franco suízo, de 1 entre 20.000 para o euro, de 1 entre 10.000 para o dólar estadounidense e de 1 entre 3.333 para a libra esterlina.[88]

Cantidade de billetes en circulación[editar | editar a fonte]

O importe total de billetes en circulación pasou de 76.000 millóns de francos suízos en 2018 a máis de 87.173 en 2022. A cantidade de billetes en circulación este último ano era de 537 573 255, e o de 100 francos é o máis numeroso, con 148 318 015 exemplares.[89][90]

Os billetes de 1.000 francos suízos representan case o 55,4 % do importe total en circulación, fronte ao 20 % dos billetes de 200 francos e o 17 % dos de 100 francos.[89]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Dubuis, O. F. (2004). "Billets de banque". En Dictionnaire Historique de la Suisse. 4 de novembro.
  2. "Bern: 100 Frankenthaler". Numista.com
  3. "Tesino: 100 Francs". Numista.com
  4. "Zürich: 100 Francs". Numista.com
  5. 5,0 5,1 5,2 "Première série de billets de banque (1907)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  6. Dubuis, O. F. (2004). "Banque nationale suisse (BNS)". En Dictionnaire Historique de la Suisse. 4 de novembro.
  7. "Switzerland - Staatskasse & Darlehenskasse". Banknote.ws
  8. "Caisse fédérale (1914)". Numizon.com
  9. "Caisse fédérale (1914)". Numista.com
  10. 10,0 10,1 "Le délai pour l'échange des vieux billets de banque définitivement levé". Bilan.ch. 13 de novembro de 2019.
  11. "50 Francs 1st series". Numista.com
  12. "100 Francs 1st series". Numista.com
  13. "500 Francs 1st series". Numista.com
  14. "1000 Francs 1st series". Numista.com
  15. 15,0 15,1 15,2 "Deuxième série de billets de banque (1911)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  16. "5 Francs 2nd series". Numista.com
  17. "10 Francs 2nd series". Numista.com
  18. "20 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2) (Type 3)". Numista.com
  19. "40 Francs 2nd series". Numista.com
  20. "50 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2)". Numista.com
  21. "100 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2) (Type 3)". Numista.com
  22. "500 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2) (Type 3)". Numista.com
  23. "1000 Francs 2nd series (Type 1) (Type 2) (Type 3)". Numista.com
  24. 24,0 24,1 "Troisième série de billets de banque (1918)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  25. "20 Francs 3rd series (1923)". Numista.com
  26. "20 Francs 3rd series (1926)". Numista.com
  27. "20 Francs 3rd series (1929-1952)". Numista.com
  28. "100 Francs 3rd series (1918)". Numista.com
  29. "100 Francs 3rd series (1918-1920)". Numista.com
  30. 30,0 30,1 "Quatrième série de billets de banque (1938)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  31. "50 Francs 4th series". Numista.com
  32. "100 Francs 4th series". Numista.com
  33. "500 Francs 4th series". Numista.com
  34. "1000 Francs 4th series". Numista.com
  35. 35,0 35,1 "Cinquième série de billets de banque (1956)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  36. "10 Francs 5th series". Numista.com
  37. "20 Francs 5th series". Numista.com
  38. "50 Francs 5th series". Numista.com
  39. "100 Francs 5th series". Numista.com
  40. "500 Francs 5th series (Type 1) (Type 2)". Numista.com
  41. "1000 Francs 5th series". Numista.com
  42. 42,0 42,1 42,2 42,3 "Sixth banknote series (1976)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  43. Brändle, C. (2014). 100 years of Swiss graphic design. Museum für Gestaltung Zürich. ISBN 978-3-03778-399-3
  44. "Le délai pour l'échange des vieux billets de banque définitivement levé". Bilan.ch. 13 de novembro de 2019.
  45. "10 Francs 6th series". Numista.com
  46. "20 Francs 6th series". Numista.com
  47. "50 Francs 6th series". Numista.com
  48. "100 Francs 6th series". Numista.com
  49. "500 Francs 6th series". Numista.com
  50. "1000 Francs 6th series". Numista.com
  51. 51,0 51,1 51,2 "Septième série de billets de banque (1984)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  52. Cotê, J-M. (2006). "Habiller l'argent : Roger Pfund". En Cam.org. 7 de decembro.
  53. "10 Francs 7th series". Numista.com
  54. "20 Francs 7th series". Numista.com
  55. "50 Francs 7th series". Numista.com
  56. "100 Francs 7th series". Numista.com
  57. "500 Francs 7th series". Numista.com
  58. "1000 Francs 7th series". Numista.com
  59. Roberts, L. (2005). Drip-dry shirts : the evolution of the graphic designer. ISBN 978-2-940373-08-6
  60. 60,0 60,1 60,2 "Huitième série de billets de banque (1995)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  61. "10 Francs 8th series". Numista.com
  62. "20 Francs 8th series". Numista.com
  63. "50 Francs 8th series". Numista.com
  64. "100 Francs 8th series". Numista.com
  65. "200 Francs 8th series". Numista.com
  66. "1000 Francs 8th series". Numista.com
  67. 67,0 67,1 67,2 "De nouveaux billets de banque pour la Suisse". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  68. 68,0 68,1 "Competition results". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  69. "Les nouveaux billets présenteront des skieurs". Rts.ch.? 26 de febreiro de 2007 [modifiacdo o 28 de xuño de 2010].
  70. Burkhard, D. (2015). "7 Interesting Facts about the New Swiss Banknotes". En Newly Swissed (Newlyswissed.com). 26 de setembro.
  71. "Pas de nouvelle série de billets avant 2015". En 20min.ch. 13 de decembro de 2012.
  72. "La BNS annonce un nouveau billet pour 2015 au plus tôt". En Le Temps. 12 de decembro de 2012.
  73. "Curtis, M. (2013). "Swiss money really is dirty: UK scientists". The Local (Switzerland). 27 de marzo.
  74. 74,0 74,1 "Neuvième série de billets de banque (2016)". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  75. "Le nouveau billet de 1000 francs a été dévoilé". En Tdg.ch. 5 de marzo de 2019.
  76. "10 Francs 9th series". Numista.com
  77. "20 Francs, Switzerland". en.numista.com (en inglés). Consultado o 2024-01-01. 
  78. "50 Francs 9th series". Numista.com
  79. "100 Francs 9th series". Numista.com
  80. "200 Francs 9th series". Numista.com
  81. "1000 Francs 9th series". Numista.com
  82. 82,0 82,1 Blackstone, B. (2017). "Switzerland's Old-Money Problem: One Billion in Expiring Francs". En The Wall Street Journal. 20 de outubro.
  83. 83,0 83,1 "Questions: What does 'the SNB is recalling banknotes from circulation' actually mean?". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  84. "CC 941.10 Loi fédérale sur l’unité monétaire et les moyens de paiement (LUMMP)". Fedlex.admin.ch
  85. "Swiss National Bank recalls old series of banknotes". En Reuters.com. 28 de abril de 2021.
  86. "Huitième série: Vue générale des éléments de sécurité". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  87. Guinness World Records (2008). Hit Entertainment. Páxina 126. ISBN 978-1-904994-18-3
  88. Beuret, M. (2011). "Les mystères de la fausse monnaie". En Allez savoir !. Nº 50. Xuño.
  89. 89,0 89,1 "Circulation des billets de banque". Banque nationale suisse (SNB.ch).
  90. Marcadé, A. (2018). "En Suisse, le montant total des billets en circulation a doublé en dix ans". En Le Figaro, 27 de agosto de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • De Rivaz, M. (1997). Le billet de banque suisse, 1907-1997. e mont-sur-Lausanne. ISBN 2-88100-080-0.
  • Capon, H-P. (1995). HMZ-Katalog Schweiz - Liechtenstein 15. Jahrhundert bis Gegenwarts. HMZ, Zürich. ISBN 9783952081402
  • Meier, A. (1996). Monnaies - Billets de Banque. Suisse - Liechtenstein 1798-1995. Hünibach.
  • Wartenweiler, H-U. (2006). Catalogue des monnaies (Suisse) 1795 - 2005. Münzenkatalog.ch, Zürich.
  • Richter, J.; Kunzmann, R. (2003). Die Banknoten der Schweiz. ISBN 978-3-924861-82-7

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]