Guillerme
| Guillerme | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata |
Guillerme[1][2] é un nome propio masculino galego. A súa orixe é o gótico *wiljia ‘vontade, desexo; pracer, satisfacción’ e *hilms ‘helmo, casco’.[2] Polo tanto pode traducirse como "protector voluntarioso". En galego tamén ten as variantes Guillén ou Guillelme, sendo esta última a forma maioritaria en Galicia na Idade Media.[2]
En xaneiro de 2023 existían 50 varóns en Galicia co nome Guillerme, cunha media de idade de 26,7 anos,[3] 16 co nome Guillén, cunha media de idade de 13,7 anos[4] e 6 co nome Guillelme, cunha media de idade de 44,1 anos.[5]
Historia do nome
[editar | editar a fonte]Fíxose moi popular en lingua inglesa logo da conquista normanda de 1066, e seguiu séndoo durante toda a Idade Media e na era moderna. O equivalente moderno en alemán é Wilhelm. A súa variante feminina é Guillermina.
O nome está rexistrado na documentación galega dende o século X.[2]
Santoral
[editar | editar a fonte]San Guillerme (Vercelli, 1085 - Goleto, actual Sant'Angelo dei Lombardi, 25 de xuño de 1142), tamén coñecido coma san Guillerme abade, foi un freire fundador de mosteiros e comunidades, entre eles a congregación de Montevergine (Monte Virxe). Venerado como santo pola Igrexa católica, a súa festividade celébrase o 25 de xuño.
Guillerme noutras linguas
[editar | editar a fonte]- Alemán: Wilhelm / Willi / Wim (hip.)
- Árabe: غييرمو - Gīyermū
- Aragonés: Guillem / Guillén[6]
- Armenio: Գուլիելմոս - Goulielmós
- Asturiano: Guillermo / Guillelmo[7]
- Bretón Gwillou / Gwilherm
- Castelán: Guillermo
- Catalán: Guillem
- Checo: Vilém
- Chinés: 威廉- Wēi Lián, 吉列爾莫 jí liè ěr mò
- Escocés: Uilleam
- Eslovaco: Viliam
- Esloveno: Viljem
- Esperanto: Vilhelmo
- Éuscaro: Gillermo / Gillelmo / Gillelm / Gilen / Gilem
- Francés: Guillaume
- Frisón: Jelle
- Friulano: Guilhelm / Guilhem
- Galés: Gwilym
- Grego: Γουλιέλμος - Gouliélmos
- Hebreo: ויליאם - Vylyam
- Húngaro: Vilmos
- Inglés: Bill (hip.) / Willie / Will / William
- Irlandés: Uilliam, Liam
- Italiano: Guglielmo
- Latín: Gulielmus
- Manx: Illiam
- Neerlandés: Wilm / Willem
- Occitano: Guilhem
- Portugués: Guilherme
- Ruso: Вильгельм - Vil'gel'm
- Serbio: Вилим / Vilim
- Sueco: Vilhelm
- Xaponés: ウィリアム- Uiriamu
- Yiddish: װ ֶעלװ ֶעל - Velvel
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Xunta de Galicia (ed.). "Ímoslle chamar..." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2017.
- 1 2 3 4 Boullón Agrelo, A. I. (coord.) (2022). "Guillerme". Guía de nomes galegos. A Coruña: Real Academia Galega.
<https://academia.gal/nomes>. - ↑ Nome Guillerme na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Guillén na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ Nome Guillelme na Web do Instituto Galego de Estatística
- ↑ EDACAR Nº 9 - Antroponimia Aragonesa. Nombres de persona en aragonés. Comisión d'Onomastica de l'Academia de l'Aragonés. ISSN: 1988-8139. Marzo de 2014. (en castelán)
- ↑ mieres.es (ed.). "NOMES DE PERSONA N’ASTURIANO" (PDF). Consultado o 13 de febreiro de 2026.