Suíza italiana
A Suíza italiana (en italiano: Svizzera Italiana, en alemán: Italienische Schweiz, en francés: Suisse italienne, en romanche: Svizra Italiana), é o conxunto de zonas de Suíza en que é usual o idioma italiano ou algúns dialectos alpinos da lingua lombarda.
Áreas
[editar | editar a fonte]A Suíza italiana comprende as seguintes áreas:
- O cantón do Tesino, que constitúe o único cantón suízo no cal o idioma italiano é a exclusiva lingua oficial aínda que existe o pequeno enclave alemanófono de Bosco-Gurin poboado por unhas centenas de valsers.
- O cantón dos Grisóns, no cal o italiano é unha das tres linguas oficiais xunto ao alemán e ao retorrománico. A zona italófona (Grisones Italiano) nos Grisóns corresponde aos seguintes vales:
- Val Mesolcina.
- Val Calanca.
- Val Bregaglia.
- Val Poschiavo.
- Tamén está presente en Val Moesa.
- O italiano é tamén unha das tres linguas oficiais da comuna de Bivio, sempre nos Grisóns e a única comuna suíza na vertente norte dos Alpes que ten o italiano como idioma oficial onde constitúe a lingua materna do 29% dos seus 220 habitantes.
En total a extensión da Suíza Italiana é de aproximadamente 3.500 km², tendo cara ao ano 2000 unha poboación roldando os 400.000 habitantes dos cales 80.000 eran estranxeiros.
Principais centros da Suíza Italiana
[editar | editar a fonte]Os principais centros atópanse no cantón do Tesino e son:
- Bellinzona, capital do cantón do Tesino,
- Lugano, na costa do lago de Lugano próximo á fronteira italiana, Lugano é centro máis importante da Suíza Italiana.
- Chiasso e Mendrisio no confín entre Italia e Suíza, próximos a Como
- Locarno e Ascona sobre o lago Maggiore preto do límite italiano.
- Airolo case na entrada meridional do Túnel de San Gotardo.
Infraestrutura
[editar | editar a fonte]Desde 1996 a poboación italófona de Suíza pode ter como referente unha universidade propia a Università della Svizzera italiana (Universidade da Suíza Italiana), con sede en Lugano e Mendrisio. O outro istituto de ensino superior nesta rexión é a Scuola Universitaria Professionale della Svizzera Italiana (Escola Universitaria Profesional da Suíza Italiana) con sede en Manno.
O principal aeroporto é o de Agno, aínda que o italiano de Milán (aeroporto internazionale di Milano Malpensa) é facilmente accesible.
Radio e Televisión
[editar | editar a fonte]Na Suíza Italiana existen desde hai décadas un sistema de radio e televisión en italiano, a televisión en italiano iniciou as súas transmisións en 1961. A RTSI (Radio e Televisión da Suíza Italiana) entre os 1960 e 1970 tiña moito público na Italia Setentrional porque emitía programas en cor moito antes que a RAI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Suíza romanda (Suíza francesa)
- Suíza alemá