Ornamento

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Teito ornamentado

Un ornamento é un elemento ou composición que serve para embelecer persoas ou cousas. O variado conxunto de enfeites empregados polos artistas para embelecer obxectos ou obras arquitectónicas pode distribuirse en dúas clases: simples (ou elementais) e compostos. Os primeiros consisten nun só motivo, xa illado, xa repetido e combinado con outro en serie. Os segundos, son unha combinación dos elementais.