Bandeira de Suíza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bandeira de Suíza
Bandeira de Suíza
Características
Uso
Proporción1:1
Adopción1889
Cores     Vermello     Branco

A bandeira de Suíza consiste nun campo vermello cadrado cunha cruz grega branca, equilateral no centro da bandeira. Ten unha proporción 1:1, a única no mundo dun estado soberano xunto coa bandeira da Cidade do Vaticano.

Historia[editar | editar a fonte]

A bandeira da Confederación Helvética inspirouse seguramente na insignia do Cantón de Schwyz, o que recibiu unha cruz de prata en conmemoración da súa loita xunto ás tropas do Sacro Imperio Romano Xermánico. Os antigos confederados empregaban xa a cruz suíza como distintivo nos campos de batalla. O dato máis antigo remóntase á batalla de Laupen en 1339. Ao principio, os brazos da cruz eran estreitos e longos, chegando ata o bordo do pano, como nos países escandinavos.

Durante a República Helvética, época durante a cal o país estivo invadido polas forzas napoleónicas entre 1798 a 1803, a bandeira consistía en tres franxas horizontais de igual tamaño, verde a superior, vermella a intermedia, e amarela a inferior. No medio estaba escrita en letras amarelas a lenda "REPUBLIQUE HELVETIQUE".

O cambio de bandeira á actual debeuse á mudanza de réxime. Trala derrota das forzas de Napoleón, o Congreso de Viena recoñeceu a neutralidade universal de Suíza, ademais de definir as fronteiras do seu territorio. Isto permitiu que Suíza se organizase de novo, cambiase a súa configuración, os seus símbolos e que pasase de estado unitario a Confederación.

Bandeiras históricas[editar | editar a fonte]

Bandeiras dos Cantóns[editar | editar a fonte]

As bandeiras dos distintos cantóns de Suíza son:

Cruz Vermella[editar | editar a fonte]

A bandeira da Cruz Vermella inspirouse igualmente na de Suíza, só que invertendo as cores, en honor da patria de Henri Dunant, o fundador da mesma.

.

Bandeira da Cruz Vermella
Bandeira da Cruz Vermella

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]