Atenea
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2013.) |
Nome orixinal | (grc) Ἀθηνᾶ |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | Olimpo |
Residencia | Olimpo |
Actividade | |
Ocupación | deidade da guerra, deidade da sabedoría, deidade da arte, deidade da artesanía |
Celebración | Relixión da Grecia antiga |
Símbolo iconográfico | Casco, Éxida, Oliveira, gorgoneion e Curuxa |
Patrón de | Sabedoría, guerra, tecemento, Olaría e agricultura |
Familia | |
Fillos | Coribante, Hixía (mitoloxía) |
Pais | Zeus e Métis Coryphe |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética (1926—1947) Literary Encyclopedia 1929—1939 (en) , (vol:1, sec:Афина), Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Atenea é a filla de Zeus e de Metis, chamada posteriormente polos romanos Minerva. É unha das seis deusas principais do panteón grego clásico. Deusa da sabedoría, gardiá da xustiza e das leis. Aínda que é unha deusa virxe actúa como nai adoptiva de heroes como Perseo e Teseo, e é adorada desde moi antigo como patroa de Atenas, onde se construíu o Partenón, o Erecteión e os Propileos para adorala. Nos mitos clásicos nunca tivo consorte ou amante, e por iso a miúdo era coñecida como Atenea Partenos ("virxe").
Represéntase coa armadura hoplítica, é dicir, coa lanza, o casco e a éxida (especie de coraza de pel de cabra). Na éxida hai representada a cabeza da gorgona Medusa, que lle dera Perseo. O seu nacemento foi accidentado, pois Zeus, tras deixar preñada a Metis, e para evitar os celos da súa esposa Hera, cómea. Co paso do tempo Zeus sofre unhas incribles dores de cabeza. Acode a Hefesto, quen lle abre a cabeza coas súas ferramentas de ferreiro, de onde nacerá Atenea, xa adulta e armada.
Atributos
[editar | editar a fonte]O seu animal favorito é o moucho; a súa planta, a oliveira. Atenea descríbese tradicionalmente como a “ deusa de ollos garzos”. Pola protección que concede a Ulises a e Heracles, Atenea simboliza o auxilio achegado polo espírito á forza bruta e o valor persoal dos heroes. Por iso, é considerada no mundo grego, sobre todo en Atenas, a súa cidade (á que dera o seu nome), como a deusa da Razón.
Preside as artes e a lectura. Non obstante, mantén unha relación máis estreita coa Filosofía que coa Poesía e a Música. Tamén é a protectora das fiandeiras, tecedoras, bordadoras etc. No seu carácter de deusa da actividade intelixente, con frecuencia era escollida como protectora e patroa das cidades. Ademais de Atenas, contaba con templos como Esparta, Mégara, Argo etc.
Hai semellanzas entre Hefesto e Atenea porque tamén protexe aquelas artes e oficios. Pero así mesmo dise que o deus intentou violala, e que, mentres ela escapaba, derramou el o seu seme sobre a perna dela. Desgustada, Atenea limpou o esperma e arroxouno ó chan. E desa semente que impregnou o chan mentres a deusa escapaba, naceu Erictonio, cuxa parte do corpo era como de serpe.
Rifa polo padroado de Atenas
[editar | editar a fonte]A mitoloxía grega sitúase na disputa entre Palas Atenea e Poseidón polo poder sobre Atenas, Ambos acordaron que cada un faría un regalo ós atenienses e que estes elixirían o que preferisen. Poseidón bateu o chan co seu tridente e fixo brotar unha fonte, pero a súa auga era salgada e polo tanto non moi útil, mentres que Atenea ofreceu a primeira oliveira, co que Atenea quedou como patroa, pois a árbore dá madeira, olivas e aceite. Crese que esta historia alude a un enfrontamento entre os habitantes da época micénica e os inmigrantes posteriores.
Mitos relacionados con Atenea
[editar | editar a fonte]Unha muller chamada Aracne alardeou en certa ocasión de ser mellor tecedeira que Atenea, a deusa da tecedura. Atenea apareceuse disfrazada como unha anciá e díxolle que se arrepentise da súa hubris, pero no canto de facelo Aracne desafiou a Atenea a un concurso. A anciá quitouse o disfrace e empezou o concurso. Atenea teceu unha representación do conflito con Poseidón preto de Atenas, mentres que Aracne teceu unha das moitas fazañas de Zeus. Atenea enfureceuse pola habilidade de Aracne e a súa elección de tema, e cun toque engaiolouna cunha tremenda culpabilidade. Aracne intentou matarse e Atenea converteuna na primeira araña.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, γλαύξ". www.perseus.tufts.edu. Consultado o 2023-11-29.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Atenea |