Microgramo
Microgramo ㎍ ![]() | |
---|---|
Instancia de | unidade de masa e unidade derivada do Sistema Internacional de Unidades ![]() |
Magnitude física | masa ![]() |
Símbolo da unidade | μg, мкг, مكغ, мкг e μg ![]() |
Conversión a SI | 0 kg ![]() |
Conversión a unidade estándar | 0 kg, 0 lb, 0 ℥, 0 st, 0 t, 0 g, 0 ct, 0,001 mg, 0 UK t, 0 tn. sh., 0 cwt, 0 cwt, 0 t lb, 0 oz t, 0 dwt e 0 gr ![]() |
[ Wikidata ] |
O microgramo é unha unidade de masa do Sistema Internacional de Unidades que equivale á milmillonésima parte dun quilogramo (10-9 kg) ou á millonésima parte dun gramo (10-6 g); o seu símbolo é µg.
Algunhas organizacións, como Joint Commission, propoñen a utilización da abreviatura mcg polo risco de confusión da letra grega µ cunha m do que resultaría unha dose mil veces maior.[1] Esta unidade de medida tamén era chamada gamma (símbolo: γ), nome e símbolo actualmente obsoletos, como sinónimos de microgramo.
O microgramo emprégase nas análises químicas cuantitativos para expresar a pequenísima cantidade de compoñentes que ten unha mostra. O aparello encargado de medir os microgramos é unha balanza analítica deseñada para iso, e igualmente dependendo do tipo de mostra, utilízase un equipo espectrofotómetro.
O microgramo nunca debe denominarse como micra. No argot da drogodependencia unha micra equivale a un decigramo (décima parte de 1 g), que é cen mil veces maior que o microgramo.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "New Joint Commission "do not use" list: abbreviations, acronyms, and symbols". AAPM&R. Arquivado dende o orixinal o 07 de outubro de 2006. Consultado o 3 de xaneiro de 2009.
- ↑ Vivir das xiringas (El País, 9 de novembro de 1997)