Saltar ao contido

Diarrea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diarrea
Aviso médico.
Aviso médico.
Atención: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento consúltello ao médico.
 Instancia de
 Causado por
Características
 Especialidade médica
Códigos e identificadores
Freebase/m/0f3kl Editar o valor en Wikidata
MeSHD003967 Editar o valor en Wikidata
Thesaurus do NCIC2987 Editar o valor en Wikidata
CIAP-2D11 Editar o valor en Wikidata
DiseasesDB3742 Editar o valor en Wikidata
CIE-11116759077 Editar o valor en Wikidata
OMIM123400 Editar o valor en Wikidata
MedlinePlus003126 Editar o valor en Wikidata
eMedicine928598 Editar o valor en Wikidata
OpenAlexC3018740360, C2911096278, C2908682107, C2779802037, C2910545032 e C3020710733 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX533003
Wikidata C:Commons

A diarrea, tamén coñecida como cagarrela, cagarría ou furriqueira, é a evacuación frecuente de feces acuosas, o cal leva implícito unha baixa absorción de líquidos e nutrientes, podendo estar acompañada de dor, febre, náuseas, vómito, debilidade ou perda do apetito. De acordo coas cifras da Organización Mundial da Saúde, a diarrea é unha das principais causas de morte nos países do Terceiro Mundo.

A definición médica da diarrea é o aumento da cantidade de feces a máis de 200 g / 24 h. O paciente percíbeo como unha diminución na consistencia das feces que causa urxencia e molestia abdominal.