Fiji Airways
| Fiji Airways | |
|---|---|
|
Instancia de
| |
|
Forma xurídica
| |
| Persoas e organizacións | |
|
Fundador/a
| |
|
Director/a executivo/a
| |
|
Entidades subsidiarias
| |
| Actividade | |
|
Elemento operado
| |
| Datas e cronoloxía | |
|
Fundación
| |
| Localización | |
|
Sede
| |
|
Lugar de formación
| |
|
País
| |
| Fontes e ligazóns | |
|
Páxina WEB
| |
| Wikidata C:Commons |
Air Pacific Limited, comercializada como Fiji Airways (e anteriormente como Air Pacific), é a aeroliña nacional de Fiji.[1] Está baseada en Nadi ], e opera servizos internacionais e domésticos a 17 cidades de 10 países ao redor do océano Pacífico. Fiji Airways transporta anualmente a case dous terzos dos visitantes do país.[1]
O primeiro voo comercial realizado como Fiji Airways foi no ano 1951, aínda que a orixe da aeroliña remóntase a Katafaga Estates Ltd., formada en 1947. Despois de ser mercada por Qantas en 1958, Katafaga Estates foi reestruturada como aeroliña rexional e rebautizada como Air Pacific. En maio de 2012 o CEO David Pflieger anunciou na parte final da súa exitosa recuperación, a aeroliña recuperaría o seu antigo nome e reforzaría o seu papel como aeroliña nacional de Fiji.[2] O goberno do país posúe o 52% da compañía e Qantas o 46%, estando o resto en mans dos gobernos de distintas illas nación do Pacífico.[1]
A aeroliña vai substituír cinco dos seus Boeing 737 máis vellos polos novos 737 MAX 8 que serán entregados durante a partir do 2018. Dous dos novos aparellos agárdase que cheguen ese ano, e os seguintes durante 2019. Os avións realizarán servizos rexionais cara Australia, Nova Zelandia, Hawai, Kiribati, Samoa, as Illas Salomón, Tonga e Vanuatu.[3]
Frota
[editar | editar a fonte]

En novembro de 2017 frota de Fiji Airways estaba formada polos seguintes avións:[4]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | ||
|---|---|---|---|---|---|---|
| T | V | Total | ||||
| Airbus A330-200 | 3 | 0 | 24 | 249 | 273 | [5][6] |
| Airbus A330-300 | 1 | 0 | 24 | 289 | 313 | [7] |
| Boeing 737-700 | 1 | 0 | 8 | 114 | 122 | |
| Boeing 737-800 | 4 | 0 | 8 | 156 | 164 | |
| 162 | 170 | |||||
| Boeing 737 MAX 8 | 0 | 5 | [3] | |||
| Total | 9 | 5 | ||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 The Weekend Australian (ed.). "Air Pacific gets first Airbus A330 as part of its Fiji Airways rebranding". Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ NBR (ed.). "Air Pacific reverts original Fiji Airways name". Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ 3,0 3,1 Stuff (ed.). "Fiji Airways to add five Boeing 737 MAX 8s". Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Fiji Airways Fleet Details and History". Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ Airbus (ed.). "Air Pacific selects versatile A330 for fleet renewal and growth". Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2018. Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ Australian Business Traveller (ed.). "Fiji Airways expands fleet with new Airbus, Boeing planes". Consultado o 24 de marzo de 2018.
- ↑ Australian Aviation (ed.). "Fiji Airways orders fourth A330". Consultado o 24 de marzo de 2018.