Thomas Cook Airlines Limited foi unha aeroliña británica baseada en Manchester, Inglaterra. Opera voos de vacacións a destinos de todo o mundo dende as súas bases principais nos aeroportos de Manchester e Londres-Gatwick. Tamén opera servizos dende outras oito bases en todo o Reino Unido.
Formouse ao cambiar a marca de JMC Air en 2003. Tras a fusión de MyTravel Group con Thomas Cook en 2008, Thomas Cook Airlines UK Ltd fusionouse con MyTravel Airways.
Thomas Cook Airlines foi parte da división de aeroliñas do Thomas Cook Group, formada por varias aeroliñas irmás, todas elas mantendo unha xestión conxunta das súas frotas: Thomas Cook Airlines Belgium, Thomas Cook Airlines Scandinavia e a alemá Condor. A aeroliña tiña unha licenza de operación de tipo A da Autoridade de Aviación Civil británica que lle permitía transportar pasaxeiros, carga e correo en avións con 20 ou máis asentos.[1]
Thomas Cook Group plc e todas as súas entidades británicas, incluído Thomas Cook Airlines, entrou en liquidación obrigatoria o 23 de setembro de 2019.[2]