Hawaiian Airlines
| Hawaiian Airlines | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||
Hawaiian Airlines (hawaiano: Hui Mokulele ʻo Hawaiʻi) é a aeroliña de bandeira e a máis grande do estado de Hawai. É a décima aeroliña comercial máis grande dos Estados Unidos e ten a súa sede en Honolulu.[1] O seu principal centro de conexións atópase no aeroporto Daniel K. Inouye na illa de Oahu e ten un centro de conexións secundario no aeroporto de Kahului , na illa de Maui.[2] Hawaiian Airlines opera voos a Asia, Hawai, Nova Zelandia, Australia e o Estados Unidos continental. A aeroliña é propiedade de Hawaiian Holdings Inc. Hawaiian é a aeroliña estadounse máis antiga que nunca tivo un accidente con vítimas mortais ou coa perda dun avión, e ademais adoita a estar entre as aeroliñas máis puntuais do país.[3]
Frota
[editar | editar a fonte]En maio de 2018 a frota de Hawaiian Airlines estaba formada polos seguintes avións:[4][5]
| Avión | En servizo | Pedidos | Pasaxeiros | Notas | |||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| F | S | Y | Total | ||||
| Airbus A321neo | 3 | 13 | 16 | 44 | 129 | 189 | Entregas dende 2017 ata 2020. |
| Airbus A330-200 | 24 | — | 18 | 68 | 192 | 278 | |
| 40 | 236 | 294 | |||||
| Boeing 717-200 | 20 | — | 8 | — | 120 | 128 | |
| Boeing 767-300ER | 8 | — | 18 | — | 234 | 252 | Tres avións serán vendidos a United Airlines.[6] |
| 241 | 259 | ||||||
| 246 | 264 | ||||||
| Boeing 787-9 | — | 10 | As entregas comezarán en 2021. Opcións por 10 avións máis.[7] | ||||
| Total | 55 | 23 | |||||
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hawaiian Airlines (ed.). "Contact us". Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ Hawaiian Airlines (ed.). "Hawaiian Airlines Creating Maui Hub to Ease Connections Statewide". Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2020. Consultado o 1 de xuño de 2018.
- ↑ Pacific Business News (ed.). "Hawaiian Airlines continues on-time streak". Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Hawaiian Airlines (ed.). "Our Fleet". Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Planespotters (ed.). "Hawaiian Airlines Fleet Details and History". Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Airlinerwatch (ed.). "United to add used 767-300ERs to its fleet in 2018". Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2018. Consultado o 2 de xuño de 2018.
- ↑ Boeing (ed.). "Hawaiian Airlines agrees to buy 10 787-9 Dreamliners to increase capacity and expand service". Consultado o 2 de xuño de 2018.