Ñ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Latin Ñ.png
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O Ñ (eñe) é a décimo terceira letra do alfabeto galego, e representa o fonema nasal velar sonoro /ɲ/.

Historia[editar | editar a fonte]

O Ñ sitúase á dereita do L nos teclados Qwerty para español.

A letra Ñ non ten equivalente no alfabeto romano. Nos primeiros textos en galego este son representábase coas grafías n, ni ou nn, e foi esta última forma a que se acabou impoñendo na súa forma abreviada, ñ [1]. Pola contra en Portugal desde 1265 impúxose nos documentos oficiais nh, de orixe occitana.

Nos mosteiros, e despois nas imprentas, tíñase o costume de economizar letras para aforrar esforzo nas tarefas de copiado e colocación de caracteres; Así, a secuencia «nn» escribíase cun «n» moi pequeno denominado vírgula enriba dun «n» de tamaño normal: «ñ». O mesmo sucedeu en portugués e en galego medieval coa representación de vogais nasais como «an» e «ã».

A letra Ñ foi tomada do castelán nos seguintes idiomas, como parte do seu alfabeto: asturiano, aimará, bubi, chamorro, guaraní, mapudungun, mixteco, quechua, tagalo, zapoteco, éuscaro, wolof. O inglés admite o ñ nalgúns préstamos do castelán como «cañón» (a grafía máis común é «canyon»), «jalapeño», ou «El Niño»..

Outros usos[editar | editar a fonte]

No bretón emprégase para nasalizar a vogal precedente e non para representar o son /ɲ/, verbigracia a palabra Jañ pronúnciase /ʒã/.

Na escritura latina do tártaro de Crimea representa a consoante velar nasal /ŋ/ (igual son velar do galego "unha".) O mesmo sucede nalgunhas transcricións do quenya

En nauruano representa ao dígrafo "ng", aínda que actualmente a tendencia maioritaria é usar simplemente "ng".

Grafías equivalentes noutras linguas[editar | editar a fonte]

Noutras linguas o son /ɲ/ representase de formas diversas:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ramón Mariño Paz, Historia da lingua galega. Sotelo Blanco, 1998, páxina 117-118.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Entradas da enciclopedia que comezan por Ñ


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.