Saltar ao contido

D africano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O D africano (Ɖ, ɖ) é unha letra latina que representa o fonema retroflexo oclusivo sonoro [ɖ]. A letra minúscula (d con gancho), empregouse tamén para representar este son no Alfabeto Fonético Internacional.

A letra forma parte do alfabeto africano de referencia, e a variante maiúscula chámase D africano en Unicode, xa que se emprega principalmente en linguas africanas como ewe,[1] fon, aja, e bassa. O D africano non debe ser confundido co eth (Ð, ð) do islandés, o feroés e o inglés antigo, nin co D con trazo (Đ, đ) do vietnamita, o serbocroata e as linguas saamis, a pesar de que as maiúsculas destas letras parecen iguais.

D africano nos computadores
Mostra Unicode Nome referencia de HTML
Latino Estendido-B[2]
Ɖ U+0189 LATIN CAPITAL LETTER AFRICAN D
Ɖ
Ɖ
Extensións de IPA[3]
ɖ U+0256 LATIN SMALL LETTER D WITH TAIL (retroflex hook) ɖ
ɖ
  1. Omniglot: Ewe (Eʋegbe) (1998–). Consultado o 21-1-2012.
  2. The Unicode Standard: Latin Extended-B (1991–2010). Consultado o 21-1-2012.
  3. The Unicode Standard: IPA Extensions (1991–2010). Consultado o 21-1-2012.