Saltar ao contido

Þ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Thorn maiúsculo e minúsculo

O thorn ou þorn ( Þ, þ ) é unha letra suplementaria do alfabeto latino, substituída en varias linguas polo dígrafo th.

O þ procede do alfabeto rúnico no que representaba os fonemas [θ] ou [ð]. O carácter mantívose no inglés e nas linguas escandinavas.

No inglés o seu uso comezou esmorecer cara ao século XIV. Nalgúns manuscritos desa época, coma The Book of Margery Kempe non se distingue o Þ do Y. O uso do Y con esta pronuncia mantense hoxe en expresións pseudo-arcaicas, como "ye olde", por "the old".[1]

O islandés é a única lingua viva que continúa a empregar o carácter þ, chamado þoddn, [θ̠ɔtn̥] ou þordn, [θ̠ɔrtn̥]. É a trixésima letra do alfabeto islandés e nunca aparece no final dunha palabra. Representa o fonema [θ].[2] Cando non sexa posible reproducir o carácter tipograficamente pode ser substituído por th.[3]

O talossan, lingua artificial creada por R. Ben Madison en 1980 para Talossa, micronación fundada por el mesmo, emprega þ para representar o fonema [θ], que pode ser substituído polo dígrafo tg.[4]

  1. Oxford (ed.). "Advanced Learner’s Dictionary". Arquivado dende o orixinal o 03 de febreiro de 2014. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  2. "Icelandic". Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  3. "Icelandic BGN PCGN 1968 Agreement" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de xullo de 2013. Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 
  4. El Glheþ Talossan (ed.). "Consonants". Consultado o 31 de xaneiro de 2014. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]