Saltar ao contido

Æ

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Æ en Helvetica e Bodoni

Æ (en minúscula æ) é un carácter formado polas letras a e e, orixinalmente unha ligadura que representaba o ditongo latino ae. Nalgunhas linguas é considerado unha letra, incluídos o dinamarqués, o noruegués, o islandés e o feroés. Tamén se empregou en sueco antigo antes de cambiar a ä. O alfabeto fonético internacional úsao para representar o son "a" da palabra inglesa "cat".

Como letra do alfabeto latino do inglés antigo chamouse æsc, "freixo,"[1] pola runa que transliterou; o nome tradicional en inglés aínda é ash ou æsh.

O nome Ælfgyva, no tapiz de Bayeux
  • En latín a combinación AE denota o ditongo |ae̯|.[2] A práctica habitual era escribir as letras por separado, mais a ligadura empregouse en textos medievais e modernos, en parte pola redución de æ á vogal simple |ɛ|durante o Imperio Romano. Nalgúns escritos medievais a ligadura simplificouse a ę, un e con ogonek, chamado e caudata.
  • En francés emprégase para escribir préstamos latinos e gregos como curriculum vitæ, et cætera, ex æquo ou o nome Lætitia.
  • En inglés antigo representaba un son entre a e e.
  • En nórdico antigo representa a vogal longa |ɛː|.
  • En variantes da lingua feroesa pronúnciase segundo os casos |ɛa|, |eː| ou |a|.
  • En islandés representa o ditongo |ai|, que pode ser longo ou curto.
  • En dinamarqués e noruegués é unha letra separada do alfabeto situada entre o z e o ø e o å. En noruegués pode pronunciarse |æː|, |æ|, |eː| ou |e| e en dinamarqués |ɛ| ou |æ|.
  • En oseto empregouse entre 1923 e 1938 cando se escribiu con alfabeto latino. Dende entón úsase a letra idéntica Ӕ e ӕ do alfabeto cirílico. Pronúnciase |ə|.
  • Emprégase tamén na ortografía oficial do kawésqar e do yámana.
  1. Harrison, James A.; Baskervill, W. M., eds. (1885). "æsc". A Handy Anglo-Saxon Dictionary: Based on Groschopp's Grein. A. S. Barnes. p. 11. 
  2. James Morwood (1999). Latin Grammar, Oxford University Press. ISBN 978-0-19-860199-9, p. 3

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]